O espectáculo celeste, unha predición catastrófica para algúns crédulos, é o primeiro dunha rareza: catro en ano e medio
O eclipse de Lúa que terá lugar a madrugada do 15 de abril, é dicir, o Martes Santo antes do amañecer, será visible dende Australia, océano Pacífico, América e tamén en España, pero na Península e Baleares se observará como penumbral e nas Illas Canarias como parcial. Dende Canarias poderase ver como se escurece unha parte da Lúa, dende a Península e Baleares apenas notaremos como a Lúa mingua de brillo antes do amañecer.
Os observadores que poidan ver a fase da totalidade, contemplarán unha Lúa avermellada, Lúa de sangue, durante 78 minutos. Trátase dun acontecemento que en moitas civilizacións foi obxecto de medos e tabús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario