SLIDER

domingo, 6 de abril de 2014

Por que se producen as mareas?



Ten que ver co que chamamos variación de periodicidade diúrna, é dicir, da orde dun día; en realidade, a miúdo, o período da marea é máis curto que un día pero aínda así, para facernos unha idea do período característico, chamámolo diúrno. 
Existe unha variabilidade cun período moito máis longo, da orde dun ano, que chamamos estacional, porque ten que ver co cambio das estacións. Nos océanos hai tamén outros ciclos de suba do nivel da auga, algúns moito máis curtos, como a ondada, cunha periodicidade de segundos, e outros moito máis longos, como as variacións glaciais-interglaciais que durante o último millón de anos tivo unha periodicidade de preto de 100.000 anos.
Entón, por que encontramos a miúdo unha marea dominante de 12,42 horas? Isto ten que ver co que chamamos marea de equilibrio. 
Imaxinémonos a Terra sen continentes e cuberta por un océano de auga da mesma profundidade. A principal forza que experimenta este océano é a atracción gravitacional da Terra, dirixida cara ao centro do noso planeta, pero tamén experimenta a atracción gravitacional da Lúa (sen a Lúa e os demais astros non habería marea). Agora ben, esta atracción non é a única forza astronómica que experimenta o planeta. Non só a Lúa xira arredor da Terra: debido á presenza da Lúa, a Terra tamén xira en torno ao centro de masa do sistema Terra-Lúa, un centro de masa que, de feito, se encontra dentro do noso planeta. 
O resultado deste xiro é que o océano que cobre a Terra experimenta non só a atracción gravitatoria da Lúa senón tamén unha forza centrífuga, de forma que a suma das dúas forzas fai que o océano adopte unha forma elipsoidal, co eixe que pasa polas puntas do elipsoide apuntando cara á Lúa: é o que se coñece como marea de equilibrio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario