SLIDER

miércoles, 16 de abril de 2014

Reinventando o Xénesis. Biociencia

A idea que perseguen investigadores e médicos é frear os trastornos relacionados co envellecemento, como o cancro ou a enfermidade cardiovascular, ou conseguir repostos eficientes para substituír tecidos danados. Esa é a finalidade de múltiples estudos de terapia celular e a última iniciativa vén da man do porco. Varios grupos de investigación están a apostar por este animal para que sexa a fábrica onde se xeren órganos humanos listos para transplante, pero a proposta máis innovadora, e prometedora, vén do investigador español Juan Carlos Izpisúa.

"Existen máis similitudes entre o porco e o home que entre a rata e o rato". Esta era unha das conclusións que Alan Archibald, xenetista da Universidade de Edinburgo (Escocia), extraía tras secuenciar o xenoma dunha especie porcina hai menos de dous anos. A anatomía, a fisioloxía e a xenética entre nós e o porco é moi parecida. De feito, son moitas as substancias do organismo porcino que se utilizan con fins médicos, como a insulina, unha hormona esencial para os diabéticos.

Dende o seu laboratorio do Salk Institute en La Jolla, California, desenvolveu un procedemento que dará que falar nos próximos meses. Grazas á súa técnica, xa logrou xerar órganos en diferentes animais, tal e como expuxo recentemente nunha conferencia celebrada en Albacete (a súa provincia natal) dentro do Ciclo de Seminarios de Investigación en Biomedicina 2014.

Estas iniciativas recordan aos intentos que dende 1960 se realizaron para desenvolver órganos humanos dentro de animais transxénicos e que se denominan xenotrasplantes

No hay comentarios:

Publicar un comentario