SLIDER

martes, 15 de abril de 2014

Implantado o primeiro marcapasos sen cables de Galicia



A Unidade de Arritmias do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) implantou, por primeira vez en Galicia,
un marcapasos fabricado sen cables, a un paciente de Carballo (A Coruña) de 84 anos de idade, que xa foi dado de alta e evoluciona favorablemente.

O marcapasos Nanostim deseñouse de maneira que se pode colocar directamente no corazón, e se evita a realización do chamado peto cirúrxico e da conseguinte cicatriz. Tamén se evitan os electrodos e cables que levan os pacientes con marcapasos convencionais.

O responsable da unidade, Enrique García Campo, explicou que esta cirurxía non invasora é un "fito importante na historia dos marcapasos" porque melloran a comodidade do paciente e reduce as complicacións ou infeccións relacionadas co peto do dispositivo e os fallos do cable.

O marcapasos sen cables ocupa menos do 10% do tradicional, pesa dous gramos e mide 42 milímetros, polo que só ocupa un volume dun centímetro cúbico no interior de corazón. A súa implantación lévase a cabo a través da vea femoral, con axuda dun catéter orientable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario