martes, 8 de abril de 2014
Descobren dous xenes modificadores do risco de cancro de mama e ovario
Investigadores do Centro Nacional de Investigacións Oncológicas(CNIO) lideran un traballo que contribuirá, no futuro, a dar a cada muller unha información moito máis precisa sobre o seu risco persoal.
A publicación, asinada por 200 autores de 55 grupos de todo o mundo en PLOS Genetics, presenta o descubrimento de dous novos xenes que modulan o risco a desenvolver cancro de mama e de ovario das mulleres portadoras de mutacións en BRCA1 e BRCA2.
Segundo explica Ana Osorio, primeira asinante e investigadora do grupo de Xenética Humana do CNIO, "o obxectivo é crear un test con todas as variantes xenéticas que sabemos que inflúen no risco de desenvolver un cancro, e a que idade, de forma que poidamos facer un perfil personalizado para cada paciente".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario