SLIDER

lunes, 14 de abril de 2014

SRINAVASAN CHANDRASEGARAN CIENTÍFICO


A revista Science chamou ao seu traballo "o monte Everest da bioloxía sintética", pero é obvio que  Srinivasan Chandrasegaran non é un científico proclive á pompa e os decibelios. Nacido en Pondicherry, India, en 1954, estudou química no Tagore Arts College de la Universidad de Madras e emigrou a Estados Unidos en 1976 para doutorarse na Universidade de Georgetown, Washington. A súa investigación estivo ligada dende entón á moi prestixiosa Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins en Baltimore, onde dirixe o seu propio laboratorio.

Pregunta. Que lonxe estamos de escribir realmente un xenoma, ou un cromosoma, en lugar de copiar os que escribiu a natureza?

Resposta. Estamos moi lonxe de poder chegar a iso dende cero. Creo que seremos capaces de facelo unha vez que definamos o conxunto mínimo de xenes que se necesitan para a vida. O grupo de Craig Venter está a intentar definir ese conxunto co xenoma do micoplasma, un xenoma moi pequeno.

P. E que lonxe estamos de reconstruír un mamut ou un neandertal?

R. Iso queda probablemente moi lonxe no futuro! Eu non creo que chegue a ver a reconstrución dun mamut, do animal enteiro, no que me queda de vida.

Pica aquí para ler a aentrevista completa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario