SLIDER

domingo, 27 de abril de 2014

A primeira botella de auga que se pode comer

O invento, creado cunha envoltura de algas comestible en vez de plástico, é barato, biodegradable e resistente.

Un grupo de deseñadores afincados en Londres creou un enxeñoso invento para substituír os pesados PET. Trátase dun membrana comestible de algas creada a partir da técnica culinaria da esferificación, a mesma que utilizaba Ferran Adrià no seu restaurante el Bulli, de forma que a auga queda encapsulada nunha especie de gran gota xelatinosa.

O invento, chamado «Ooho!» e inspirado na xema de ovo, está elaborado a partir de algas pardas e cloruro de calcio en proporcións concretas co fin de xerar unha xelatina. O envase, segundo os seus creadores, é «simple, barato (2 céntimos por unidade), resistente, hixiénico, biodegradable e mesmo comestible».





Como facela (en inglés)


No hay comentarios:

Publicar un comentario