Os científicos que rastrexan o ceo en busca de novos e prometedores mundos fixeron grandes progresos na súa busca, incluíndo algúns candidatos que se encontran na zona habitable da súa estrela, a distancia axeitada como para albergar auga líquida na súa superficie. Non obstante, nunca deran cun que, ademais de todo iso, fose rochoso e do mesmo tamaño da Terra.
Agora, por fin, un equipo internacional de astrónomos encontrou un planeta desas características, que pode ser habitable. Chamado Kepler-Kepler-186f, é o quinto e máis externo do seu sistema, situado a 490 anos luz.
Kepler-Kepler-186f e os seus catro compañeiros foron descubertos pola nave espacial Kepler da NASA, lanzada en marzo de 2009, polo método de tránsito, que detecta posibles planetas cando pasan por diante da súa estrela e causan unha moi pequena pero periódica atenuación do seu brillo. Os astrónomos explican na revista Science que o novo candidato é lixeiramente máis grande que a Terra -uns 1,1 raios terrestres-, aínda que polo momento descoñecen a súa masa. Cren que existen moitas posibilidades de que teña unha superficie rochosa en vez dunha envoltura de hidróxeno e helio como un mundo gasoso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario