SLIDER

domingo, 6 de abril de 2014

Os Encimas. As proteinas da vida

Os enzimas transforman unha substancia, chamada substrato, noutra diferente denominada produto, e son extremadamente específicas para a reacción que catalizan. Isto quere dicir que, en xeral, un mesmo enzima cataliza un e só un tipo de reacción química (se ben poden existir varios enzimas que catalicen a mesma reacción). Consecuentemente, o tipo de enzimas atopados nunha célula determina o tipo de metabolismo que a célula efectúa.

A velocidade da reacción catalizada por un enzima aumenta debido á diminución da enerxía de activación necesaria para transformar o substrato no produto. A aceleración da reacción pode ser da orde de varios millóns de veces: por exemplo, o enzima orotidina-5'-fosfato descarboxilase diminúe o tempo da reacción que cataliza de 78 millóns de anos a 25 milisegundos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario