"Non é unha escena dunha película de ciencia ficción. O raio verde de luz e a lúa vermella son totalmente reais e foron fotografados nas primeiras horas do 15 de abril", explicou a NASA, que elixiu esta imaxe como fotografía astronómica do día o pasado venres.
O raio verde é en verdade un raio láser, disparado dende un telescopio de 3,5 metros no Observatorio de Point Apache, no sur de Novo México, EUA
A atmosfera dispersou parte da intensa luz do láser, o que deixou ao descuberto a traxectoria do raio, que apuntaba ao retro-reflector Apolo 15, un experimento que deixaron os astronautas na Lúa en 1971.
Un equipo experimental de astrónomos da Universidade de California, San Diego, disparou o raio para ser capaz de medir a distancia entre a Terra e a Lúa cunha precisión de milímetros e de prover unha proba da Relatividade Xeral, a teoría da gravidade de Einstein.
No hay comentarios:
Publicar un comentario