miércoles, 9 de abril de 2014
Que é esa «luz brillante» fotografada polo Curiosity en Marte?
A imaxe desatou todo tipo de especulacións en internet, pero a NASA ten unha boa explicación.
A imaxe, dada a coñecer polo Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA en Pasadena, California (EUA), mostra un raio de luz vertical que aparece misteriosamente no horizonte da paisaxe marciana. A fotografía deu xogo para todo tipo de especulacións, incluída a posibilidade dun sinal de vida intelixente, e converteuse nun deses temas a explotar polos amantes do fantástico en todo o mundo. Pero...
O rover tomou a imaxe o 3 de abril xusto despois de chegar a un punto intermedio no seu camiño marciano chamado Kimberley. Pero resulta que non é nada excepcional. «Nas miles de imaxes que recibimos do Curiosity, vemos manchas brillantes case cada semana», recoñece Justin Maki, do JPL, líder do equipo que construíu e opera a cámara de navegación. Estas luces «poden ser causadas por golpes de raios cósmicos ou pola luz do Sol brillando nas superficies rochosas».
A imaxe na que aparece a luz foi tomada pola cámara do «ollo dereito» do rover, mentres que a do «ollo esquerdo» non foi capaz de detectalo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario