SLIDER

sábado, 26 de abril de 2014

Cae a novena gota do experimento máis longo da Historia

Por fin aconteceu. Unha gota de brea, a novena despois dunha espera de máis de 13 anos, derrubouse no experimento máis longo da Historia, mención incluída no libro Guinnes dos récords, que se desenvolve dende hai 87 anos na Universidade de Queensland (Brisbane, Australia). Ao parecer, é a primeira vez que a lenta caída destas bágoas negras foi gravada en directo polas cámaras, aínda que ata agora os investigadores só proporcionaron imaxes do inminente choque en estafe-lapse e non da ruptura.

O experimento comezou na universidade australiana en 1927 cando o profesor de Física Thomas Parnell intentou demostrar aos seus alumnos que os materiais comúns e vulgares poden posuír propiedades sorprendentes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario