SLIDER

domingo, 13 de abril de 2014

Descuberto Ardón, o meteorito gardado 83 anos nunha caixiña



A propietaria viu precipitarse a rocha dende o ceo hai 83 anos e, agora, tras coñecer o seu valor xeolóxico, doa un fragmento ao Museo de Ciencias Naturais do CSIC.

O 9 de xullo de 1931, ás nove e media da mañá, unha enorme bóla de lume sobrevoou a provincia de León xerando ao seu paso unha secuencia de estalidos audibles dende a capital e outros municipios próximos, entre eles Boñar e Cistierna. 
Rosa González Pérez, entón unha nena de 11 anos, encontrábase facendo un recado no centro do municipio de Ardón cando escoitou unha especie de trono que xurdiu dun ronsel de po. Xusto diante dela viu caer do ceo unha pequena rocha fumegante e ao recollela notou que aínda estaba quente. Por descoñecemento, non comentou nada sobre o seu achado e gardouna nunha caixiña, preservándoa en moi boas condicións durante 83 anos. Nas súas mans tiña un vestixio, chegado dende o cinto de asteroides que existe entre Marte e Xúpiter, de como era o sistema solar millóns de anos atrás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario