SLIDER

viernes, 11 de abril de 2014

O proceso de 'limpeza do ADN' ofrece unha diana contra o cancro


Imaxine unha fábrica que se dedica a montar columnas superpoñendo bloques. A ritmo normal, dá tempo a revisar cada peza e descartar ou reparar as defectuosas. Se a velocidade do traballo se acelera, o control de calidade é aínda máis importante. Pero se se impide esa revisión, cada vez haberá máis elementos defectuosos e, ao final, a torre caerá. Este exemplo serve para definir o novo achado na loita contra o cancro

Científicos do Instituto Karolinska(Suecia) acharon a encima MTH1, que se encarga de limpar os elos do ADN para que encaixen perfectamente, como os bloques da torre, no proceso de reprodución das células. Polo tanto, encontrar inhibidores desa encima para impedir que os elos (as letras químicas do xenoma a, c, g, t) encaixen era vital. E ese camiño empezou a percorrerse, como onte publicou Nature en dous artigos.

A MTH1 está presente en todas as células. Pero as cancerosas están descoordinadas, explica o xefe do Grupo de Inestabilidade Xenómica do Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (CNIO), Óscar Fernández-Capetillo. Reprodúcense a toda velocidade, e, polo tanto, sofren máis coa mala calidade dos elos do ADN.


No hay comentarios:

Publicar un comentario