SLIDER

sábado, 31 de marzo de 2012

Corpo Humano ao Límite



Así se titula un documental de Discovery Channel, onde a partir dunha serie de episodios percorre o funcionamento do noso corpo, en situacións límites.


Déixovos un enlace (PICA AQUÍ) onde se mostra como funcionan os noso ollos no proceso de visión.




O Mesozoico: Era dos Dinosaurios



A era Mesozoica ou Secundaria é a segunda das tres en que se divide o eón Fanerozóico. 
Abarca dende comezos do Triásico (hai aproximadamente 251 millóns de anos) ata o final do Cretácico (hai aproximadamente 66,5 millóns de anos).
O Mesozoico foi un tempo de grandes cambios tectónicos, climáticos e evolutivos.

A vida animal durante o Mesozoico foi dominada, por grandes réptiles arcosaurianos que apareceron só uns poucos millóns de anos despois da extinción de finais do Permiano: dinosauros, pterosaurios e réptiles acuáticos.


Os Dinosauros dominaron o Planeta durante 160 Millóns de Anos, un xeito distinto de ver como eran e vivían estes animais, pódemola ver nunha serie docuemntal, que é un Especial basado no documental "CaminaNdo entre Dinosaurios".

Nel podemos ver un safari virtual á era dos dinosaurios. Déixovos os enlaces das partes:





Voz Natura: Plantación 1º ESO



Dentro do Proxecto Voz Natura, “A Semente do Futuro”, deste curso escolar, os alumnos/as de 1º de ESO, realizaron unha saída extraescolar á veiga de Tintores.


A saída celebrouse o 21 de Marzo, coincidindo co Día da Árbore; durante a actividade programouse a plantación dunha serie especies arbóreas en maceta, no propio medio natural de Tintores, que axudarán no futuro a aumentar a biodiversidade do lugar.


Os alumnos/as participaron activamente na actividade, na que ademais de realizar a propia plantación, perséguese educar aos alumnos/as en valores medioambientais, facendo fincapé na importancia das nosas árbores e o beneficio que reportan tanto ao medioambiente como ao ser humano.




Para ver as fotos da actividade pica na imaxe.

jueves, 29 de marzo de 2012

Enfermidades Oculares

As enfermidades oculares máis comúns do ollo humano, dan como resultado problemas de visión.


As máis comúns son: a Miopía a Hipermetropía e Astigmatismo. No seguinte vídeo podedes ver unha explicación de cada unha delas.


Producto escalar: Ángulo formado por los vectores

Una de las aplicaciones del producto escalar de dos vectores, es la posibilidad de calcular el ángulo formado por los dos vectores.

Ejercicio:


Calcula el valor de “x” para que el producto escalar de       a(3, -5) y b(x,2) sea igual a 7. ¿Qué ángulo forman ambos vectores?.

Resolución:


Producto escalar de dos vectores

En el siguiente vídeo nos explican como se calcula el producto escalar de dos vectores a partir de sus componentes. Recordemos que el producto escalar es siempre un número (positivo o negativo).


Fósil de Amonita



Fósil de Amonita, aportada polo alumno Alejandro Petím de 4º B de ESO.


As amonitas eran criaturas depredadoras parecidas ás luras que vivían no interior de cunchas con forma de espiral. Ao igual que outros cefalópodos, as amonitas tiñan fauces afiadas en forma de pico, situadas no interior dun anel de tentáculos que se estendía dende a cuncha para atrapar presas, como pequenos peixes e crustáceos.

As amonitas apareceron hai uns 240 millóns de anos, se ben eran descendentes duns cefalópodos de cuncha lineal chamados bactritis, cuxa existencia se remonta ao período devónico, hai uns 415 millóns de anos. As amonitas criaban en grandes números e formaban bancos. Hoxe en día encóntranse entre os fósiles máis abundantes. Extinguíronse á vez que os dinosauros, hai 65 millóns de anos.

domingo, 25 de marzo de 2012

Vista e Oído

Comezamos o Tema 6 estudando dous dos órganos dos sentidos: O Ollo e o Oído


No seguinte vídeo explícannos como funcionan eses dous órganos que nos informan do que nos rodea na nosa vida cotiá.


A historia da Terra en 24 horas

Curioso vídeo onde comparan os 4600 Ma do noso planeta coa duración dun día completo. Os seres humanos aparecemos ao final do día...


Boletín Geometría Analítica (I): VECTORES

Os dejo el Boletín correspondiente al estudio de los vectores, dentro de la Geometría Analítica.


viernes, 23 de marzo de 2012

jueves, 22 de marzo de 2012

Aplicación Interactiva

Descobre o tamaño aproximado do universo.

Unha animación flash interactiva creada por Cary e Michael Huang para htwins.net e seleccionada como imaxe do día pola NASA nos ensina o tamaño que ten o universo en relación co noso planeta, os animais e ata un átomo.

Unha viaxe interactiva para descubrir o tamaño das cousas e a inmensidade do espazo, con só usar o rato.

Para ir á aplicación PICA AQUÍ.


A Evolución do noso Satélite


A NASA concentrou os 4.500 millóns de anos de evolución da Lúa nun video no que se repasa como o satélite cambiou dende que era unha brillante bóla de magma ata chegar a ser o corpo que se pode ver hoxe en día no ceo tras sufrir fortes impactos. 

Más vídeos en Antena3

Achan en China un Homínido descoñecido

Nova aportada polo alumno David Correa (4º B - ESO).



Os fósiles, dunha antigüidade de entre 14 mil 500 e 11 mil 500 anos, son de homes que conviviron con seres humanos modernos (Homo sapiens) nunha época na que a agricultura estaba nos seus inicios en China.

Ata agora non foran achados no leste do continente asiático fósiles humanos de menos de 100 mil anos de antigüidade que se diferenciasen fisicamente do Homo sapiens actual.

Este feito levara aos científicos a pensar que na zona non había antecesores do Homo sapiens cando apareceron os primeiros restos dos homes modernos, unha teoría que este último descubrimento pon en dúbida.

Os científicos denominan estes homes "
pobo dos cervos vermellos" porque cazaban a este tipo de animal -hoxe extinto- e cociñábanos na cova de Maludong.

"O descubrimento do pobo dos cervos vermellos abre un novo capítulo na historia da evolución humana e é unha historia que só agora está empezando a contarse", afirmaron os descubridores.

Idades da Terra. Apuntes

Déixovos os apuntes teóricos sobre as Idades do Planeta, correspondentes ao Tema 8 de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO.


miércoles, 21 de marzo de 2012

Como se sabe a idade da Terra?


Os xeólogos e xeofísicos modernos consideran que a idade da Terra é duns 4440 - 4551 millóns de años.
Esta idade foi determinada mediante técnicas de datado radiométrico de material proveniente de meteoritos e é consistente coa idade das mostras máis antigas de material da Terra e da Lúa.

Coa chegada da revolución científica e o desenvolvemento dos métodos de datado radiométricos, realizáronse medicións da presenza de chumbo en mostras minerais ricas en uranio, que indicaron que algunhas tiñan unha idade que superaba os 1000 millóns de años.

O máis antigo destes minerais que foi analizado son uns pequenos cristais de zirconio da zona de Jack Hills en Australia Occidental.

No seguinte vídeo atoparedes a explicación radiométrica... 



Novo atlas do universo infravermello


O telescopio espacial de infravermellos Wide-field Infrared Survey Explorer (WISE) da NASA acaba de facilitar un mosaico de imaxes que permiten xerar un novo mapa do universo.

Aínda que o ceo nos rodea en tres dimensións, pódese proxectar en 2 D mediante técnicas cartográficas.

Tres das catro lonxitudes de onda que detecta WISE utilizáronse para xerar a imaxe final. O ciano (azul-verdoso) representa a luz emitida principalmente por estrelas e galaxias nunha lonxitude de onda de 3,4 microns (
Un micrómetro equivale a unha milésima de milímetro).

Pola súa parte, o verde e o vermello representan a luz que emite o po cósmico a 12 e 22 microns, respectivamente.

lunes, 19 de marzo de 2012

Operaciones con Vectores: SUMA y RESTA Analítica

Repasamos con este vídeo las operaciones de suma y resta de vectores, conociendo sus componentes, es decir, suma analítica de vectores.


domingo, 18 de marzo de 2012

Vectores: Componentes y Módulo

En el siguiente vídeo nos explican como se determinan las componentes de un vector así como su módulo.


Vectores: Elementos básicos

En el siguiente vídeo repasamos los elementos básicos de un vector: Origen, Dirección, Sentido y Módulo.


jueves, 15 de marzo de 2012

Terra "Bola de Neve"

Terra bóla de neve é o nome dunha teoría paleoclimática que sostén a ocorrencia durante o período Crioxénico dunha ou varias glaciacións de escala global, durante as cales a totalidade dos continentes e océanos da Terra quedaron cubertos por unha grosa capa de xeo e alcanzaron temperaturas medias de -50 °C
A Terra sucaría entón o espazo como unha gran bóla branca de xeo, de aí o seu evocador nome.

Crese que o desencadeante principal puido ser un descenso na concentración atmosférica dos gases de efecto invernadoiro como o CO2 e CH4
Curiosamente este descenso situaría a súa concentración en niveis similares aos actuais, non obstante debe recordarse que fai 900 ma o Sol era aproximadamente un 6% máis débil e a terra precisaba dun maior efecto invernadoiro para obter temperaturas "habitables".

Vídeo explicativo


Tema 6 Matemáticas 4º ESO - Geometría Analítica



En el Tema 6 estudiaremos todo lo referente a vectores, con sus operaciones mas importantes; así como la geometría de la recta tanto sus ecuaciones como sus particularidades.

Las dos cuestiones fundamentales de la geometría analítica son:




martes, 13 de marzo de 2012

Así soa unha Tormenta Solar


A mancha solar AR 1429, orixe fai uns días dunha potentísima llamarada solar de clase X, a de maior nivel, e que foi o centro de atención dos astrónomos durante a pasada semana pola súa gran actividade, estalou de novo o pasado sábado 10 de marzo.

Escoita, no seguinte vídeo, un dos eventos máis turbadores da natureza, unha llamarada de gran potencia recentemente expulsada polo Sol.



Tema 6 Bioloxía 3º ESO, Receptores e Efectores

Neste Tema estudaremos os órganos sensoriais do corpo humano; así como os órganos encargados da locomoción: ósos e músculos.


Como presentación do Tema, déixovos este vídeo onde dun xeito moi sinxelo preséntannos os órganos dos sentidos.




O Universo



Houbo un tempo en que crémonos uns privilexiados. Eramos o centro do Universo e todo estaba aí á nosa disposición. Pero a cosmoloxía chegou para baixar os fumes.

Aprendemos que só somos un planeta máis. Que o noso Sol é unha estrela de tantas e que a Vía Láctea é unha galaxia como outras moitas. Canto máis vemos do Universo máis pequenos facémonos. Pero non abonda con mirar ao ceo e marabillarse.

A aventura de descubrir o Universo require dunha Ciencia: a cosmoloxía.

O programa de TV "Tres catorce" preséntanos nunha reportaxe o noso Universo. Intenta responder a cuestións como: que é o Universo?, como é de grande?, cal foi e é a súa evolución?, cal é o seu destino?...etc.

O enlace do vídeo (PICA AQUÍ)

O Comezo de Todo: O Big Bang

En cosmoloxía física, a teoría do Big Bang é un modelo científico que trata de explicar a orixe do Universo e o seu desenvolvemento posterior a partir dunha singularidade espaciotemporal.

O termo "Big Bang" utilízase tanto para referirse especificamente ao momento no que se iniciou a expansión observable do Universo (cuantificada na lei de Hubble), como nun sentido máis xeral para referirse ao paradigma cosmolóxico que explica a orixe e a evolución deste.


No seguinte vídeo podedes ver unha explicación sinxela.



lunes, 12 de marzo de 2012

Inxenio Humano

Unha réplica de Lego dun transbordador espacial da NASA chega ao espazo.


Só uns meses despois de que o Atlantis fixese a súa última viaxe espacial, uns aficcionados en Alemaña construíron unha réplica con pezas de Lego e subírona colgada a un globo de helio ata a estratosfera.


O modelo a escala con pezas de Lego enganchárono a un globo de helio máis grande que unha persoa para que puidese soportar o peso de transportar, a cámara GoPro que usaron para gravalo todo e un GPS.


A maqueta de Lego voou ata os 35 quilómetros de altura dentro da estratosfera e moi preto do espazo, unha grande aventura espacial para un xoguete tan pequeno.




Podedes ver o ascenso do Transbordador "Lego" no seguinte vídeo. Impresionante.




Más vídeos en Antena3

Un asteroide rozará a órbita da Terra en Febreiro de 2013

O Observatorio Astronómico de Mallorca informou nun comunicado de que un asteroide cruzará por debaixo das órbitas dos satélites xeoestacionarios o día 15 de febreiro de 2013, e que o seu impacto contra a Terra está completamente descartado.

O descubrimento do asteroide, denominado 2012 DA14, levouse a cabo o 22 de febreiro de 2012 dende a estación robótica de La Sagra, que está situada na serra granadina e pertence ao Observatorio Astronómico de Mallorca.

2012 DA14 é un corpo do tipo Apollo e ten unha órbita moi similar á da Terra, cun período orbital de 366,24 días, un día máis que o ano terrestre. A súa pequena excentricidade fai que se desprace en torno a ela durante as próximas décadas.

Durante a metade do ano móvese e acompaña interiormente á Terra, coa que se cruza para pasar á súa parte exterior o resto do ano.

A pesar de que non hai risco de impacto, a súa órbita desviarase de forma considerable pola gravidade terrestre, o que xerará certa incerteza...ler máis.



Vídeo da noticia:




Más vídeos en Antena3

Resolución de Triángulos NO Rectángulos: Ejercicio

En el siguiente vídeo nos muestran la resolución de un triángulo conociendo dos lados y el ángulo que estos forman entre si.


"Resolver" un triángulo, significa calcular el valor de sus tres lados y ángulos.




Plano Inclinado Doble: Ejercicio

Resolución explicada de un problema de Dinámica, en el que tenemos dos cuerpos unidos por una cuerda que pasa por una polea situada en el vértice común de dos planos inclinados.


Espero que os ayude.


Estudando o Átomo (2012)

Os estudos máis avanzados sobre a estrutura da materia, é dicir, o átomo, lévanse a cabo no CERN (Suiza).


Neste xigantesco laboratorio, estánse a buscar respostas ás cuestións máis actuais da Física de Partículas, entre elas: Como se formou a materia?, ou hai algo máis pequeno ca os Quarks e Gluóns?...etc.


No seguinte vídeo móstrannos o CERN así como algunhas preguntas sen resposta...de momento.




Cómo se formou a nosa Lúa?

A hipótese xeral hoxe en día é que o sistema Terra-Lúa se formou como resultado dun grande impacto: un corpo celeste do tamaño de Marte colisionou coa nova Terra, voando material en órbita arredor desta, que se fusionou para formar a Lúa.
Crese que impactos xigantescos eran comúns no Sistema Solar primitivo.

No seguinte vídeo explican a teoría anterior.


Tema 8: A Terra un Planeta en Continuo Cambio (Bioloxía 4º ESO)

No Tema 8 de Bioloxía en 4º de ESO, estudaremos tanto a formación como a evolución do noso Planeta. Así mesmo estudaremos as Eras máis importantes polas que leva transcorrida a historia do Planeta.


Como introducción ao Tema déixovos este vídeo onde nos explican a teoría da formación do noso Planeta no universo, fai uns 4500 Millóns de Anos.


domingo, 11 de marzo de 2012

Foto do día


Febreiro 2012 - Francia
Unha radiante mañá de verán nunha plantación da Alsacia, un rato espiguero fai acrobacias entre dúas espigas de trigo. 

Esta especie, Micromys minutus, o roedor máis pequeno de Europa, conta cunha cola prénsil e constrúe un niño circular parecido ao dunha ave.

sábado, 10 de marzo de 2012

A Cova dos Cristais: NAICA (México)

É mundialmente famosa, descuberta en 2000, nela encóntranse enormes cristais de selenita de ata 10 metros de lonxitude e un metro de ancho, que a converteron nun atractivo turístico. Foi descuberta accidentalmente cando se exploraban as minas en busca de minerais como chumbo principalmente. 

A cova dos cristais é única no mundo e a súa aparición é temporal xa que durante millóns de anos se formou con axuda de auga que temporalmente ten sido drenada por un sistema especial, e este deixará de funcionar cando se remate de explotar as minas, nese momento a cova dos cristais volverá ser cuberta pola auga e continuará co seu crecemento

Cabe mencionar que se encontra a 300 metros de profundidade aproximadamente e a unha temperatura moi elevada de 50°C e moita humedad, do 90%. Para a súa exploración foi necesario un grande esforzo tanto tecnolóxico coma persoal.

Vídeo da Cova


8 de Marzo, día Internacional da Muller



O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.

A primeira convocatoria tivo lugar en 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza estendéndose a súa conmemoración, dende entón, a numerosos países.
En 1977 a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.


Dende Marie Curie (1903) ata Elinor Ostrom (2009), levan sido máis de 40 mulleres as merecedoras dun Premio Nobel. No seguinte enlace (Pica Aquí) podes consultar a lista das gañadoras así como a súa contribución á humanidade.



Recursos TIC Bioloxía 3º ESO





No seguinte enlace (Pica Aquí) atoparedes unha serie de actividades interactivas sobre o Sistema Nervioso. Ademáis de resolvelas podedes correxilas online.


Neste outro enlace (Pica Aquí) as actividades son do Sistema Endócrino.


É un boa ferramenta de Repaso.


Homúnculos Cerebrais, que Son?





O termo homúnculo (do latín homunculus, 'homiño') é o diminutivo do dobre dun humano e úsase frecuentemente para ilustrar o misterio dun proceso importante en alquimia. No sentido hermético é un actor primordial incognoscible, pode ser visto como unha entidade ou axente. O proceso para crear esta entidade é simbólico para os alquimistas.

O termo parece ter sido usado por primeira vez polo alquimista Paracelso, quen unha vez afirmou ter creado un homúnculo ao intentar encontrar a Pedra Filosofal. A criatura non tería medido máis de 30 centímetros de alto e facía o traballo normalmente asociado cos golems. Non obstante, tras pouco tempo, o homúnculo se volvía contra o seu creador e fuxía.

A receita para crealo consistía nunha bolsa de carbon, mercurio, fragmentos de pel ou pelo de calquera humano ou animal do que o homúnculo sería un híbrido. Todo isto había de enterrarse rodeado de esterco de cabalo durante corenta días, tempo no cal o embrión estaría formado no seo da Terra. 


Vídeo explicativo.




jueves, 8 de marzo de 2012

Recursos TIC Bioloxía 4º ESO



No seguinte enlace (PICA AQUÍ) atoparedes unha boa lista de actividades interactivas sobre o A Dinámica dos Ecosistemas. É unha boa ferramenta de repaso.
Espero que vos axude.


Unha tormenta solar, de forte a severa, achégase á Terra

Segundo as previsións do National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA) a Exección de Masa Coronal (MCE) podería alcanzar as altas latitudes do planeta durante a mañá deste xoves e ata as 14.00 horas (hora española).

Esta tormenta solar é consecuencia da labarada que a mancha solar 1429 lanzou na madrugada do pasado martes e que alcanzou o nivel X5.4 de intensidade, sendo X a categoría máis alta existente. En canto á tormenta, a NOAA espera unha escala forte, de G3 a G4, o que afectaría a altas latitudes e terá impacto nas zonas próximas aos polos.

Así segundo a escala NOAA...ler máis.





Th. del Seno & Coseno

En el siguiente vídeo nos muestran la resolución de un triángulo NO rectángulo, aplicando los dos teoremas principales: el del Seno y el del Coseno.


Teorema del Coseno

El teorema del coseno es una generalización del teorema de Pitágoras en los triángulos no rectángulos que se utiliza, normalmente, en trigonometría.

El teorema relaciona un lado de un triángulo con los otros dos y con el coseno del ángulo formado por estos dos lados.


En el siguiente vídeo podéis ver la resolución de un triángulo mediante este teorema.



Teorema del Seno

En trigonometría, el Teorema del seno es una relación de proporcionalidad entre las longitudes de los lados de un triángulo y los senos de los ángulos respectivamente opuestos. 

Se utiliza en trigonometría, para resolver triángulos cualesquiera; un ejemplo práctico de aplicación en el siguiente vídeo.








miércoles, 7 de marzo de 2012

Modelo atómico Actual

En este modelo las orbitas de los electrones del modelo de Bohr son sustituidas por los orbitales, regiones del espacio donde hay una gran probabilidad de encontrar a un electrón.

Para haceros una idea del movimiento de los electrones alrededor del núcleo os dejo este vídeo, donde nos lo muestran


Power Point Tema 5 Bioloxía 3º ESO

Déixovos o Power Point do Tema 5 : Sistemas Nervioso e Endócrino de Bioloxía de 3º ESO.


Power Point Tema 6 Bioloxía 4º ESO

Déixovos o Power Point do Tema 6 : A Dinámica dos Ecosistemas de Bioloxía de 4º de ESO


Está dividido en dúas partes.
Parte 1
View more PowerPoint from montx189

Parte 2
View more PowerPoint from montx189

martes, 6 de marzo de 2012

Historia de los modelos atómicos

El estudio del átomo se remonta a la antigua Grecia...desde entonces los modelos atómicos han ido evolucionando a la par de las técnicas de investigación.


En el siguiente vídeo podéis repasar los avances mas importantes, así como lo modelos mas representativos de la estructura de un ÁTOMO.


Fluctuacións das Poboacións nun Ecosistema

Chamamos fluctuación aos cambios periódicos na poboación dunha determinada especie dentro dun Ecosistema. Un factor determinante nas fluctuacións é o Clima.

Un caso curioso e a súa vez dramático, é o dos Lemmins.

Os leminos (Lemmini) son unha tribo de roedores miomorfos coñecidos vulgarmente co nome de lémmings. Habitan nas tundras, na taiga e pradarías árticas, no norte do continente americano, e nalgunhas rexións de Eurasia; aliméntanse principalmente de herba, raíces e froitos.

Unha das teorías que hai para explicar a fluctuación da súa poboación, e que cando chegan ao límite da capacidade de carga dos individuos, un gran número deles "suicídanse" arronxándose ao mar, para permitir a supervivencia dos demais exemplares. Mito ou realidade?.

Mostra audiovisual do suicidio en masa:






lunes, 5 de marzo de 2012

O irmán maior dos Neandertales viviu en Atapuerca



Os neandertales euroasiáticos puideron ter un 'irmán maior' que viviu na serra de Atapuerca: o 'Homo antecessor'. 

Un novo estudo, publicado polo equipo de investigación da serra burgalesa, formula un novo xiro á orixe desta especie de homínido, que foi descrita por vez primeira en 1997, cando se defendeu que era un antecesor común entre os humanos modernos e os extintos 'Homoneanderthalensis', e non unha liñaxe paralela, como se cree agora.

Esta é a conclusión que á que chegaron os paleontólogos, dirixidos por José María Bermúdez de Castro, director científico do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana (CENIEH), tras o estudo de dous úmeros desta especie do Plistoceno temperán, que foron encontrados no nivel TD6 do depósito da Gran Dolina deAtapueca entre os anos 2003 e 2007.

Os investigadores, segundo publican...ler máis.

Ruptura do glaciar Perito Moreno (Arxentina)


O glaciar Perito Moreno, no sur de Arxentina, completou a súa estrondosa ruptura este luns despois de que se comezasen a rexistrar filtracións dende o pasado mércores.

A ruptura do dique de xeo que separa o brazo Rico e a Canle dos Carambelos do Lago Arxentino produciuse esta madrugada, ás 4 da mañá hora local, cando case non quedaba ningún dos miles de turistas que se achegaran a considerar o espectáculo.

Este proceso cíclico convoca periodicamente a miles de persoas nos miradoiros do Parque Nacional Los Glaciares, cunha media próxima a 3.000 persoas diarias, pero...ler máis
Ao picar en "ler máis" poderedes ver un vídeo do momento da ruptura.




Un Cerebro Superdotado...Daniel Paul

Curioso documental onde podemos observar de preto as magníficas cualidades do cerebro de Daniel Paul... unha persoa que debido a súa grande intelixencia e capacidade intelectual é obxecto de estudo por moitos cientificos...


O vídeo corresponde a primeira parte do documental.


Funcionamento do noso Cerebro

O noso Cerebro é o órgano que nos diferenza do resto dos seres vivos do Planeta. A complexidade do seu funcionamento fai que o seu estudo, ainda hoxe, sexa unha área científica en constante evolución e de novos descubrimentos.


No seguinte vídeo, explícannos como funciona ese órgano tan importante para nós. Corresponde a unha parte dun documental titulado "El Cerebro, un Universo dentro de Nosotros"


As Pragas

Os acrídidos (Acrididae), coñecidos popularmente como lagostas ou saltón, son unha familia de insectos ortópteros caracterizados pola súa gran facilidade para migrar dun sitio a outro e, en determinadas circunstancias, reproducirse moi rapidamente chegando a formar desvastadoras pragas capaces de rematar coa vexetación de grandes extensións de terreo.

Xeralmente non voan moito a pesar de que dispoñen de ás. Só cando se xuntan grandes grupos de individuos da mesma especie liberan as feromonas apropiadas para activar a conduta migratoria e un crecemento maior das ás e dese xeito poder dispersarse por outros territorios, evitando a competencia intraespecífica polo alimento.


No seguinte vídeo podemos observar a chegada dunha banda destes insectos, co correspondente arrase doscultivos que encontran no seu camiño.