SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 4º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 4º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de marzo de 2013

Power Point Tema 5 Bioloxía 4º ESO

Para repasar e aclarar conceptos, déixovos a presentación en Power Point vista na clase.

PICA AQUÍ para descargala.




martes, 5 de marzo de 2013

Plantas de xardín. Problema xenético resolto


Unha planta de xardín presenta dúas variedades: unha de flores vermellas e follas alongadas e outra de flores brancas e follas pequenas. O carácter da cor das flores segue unha herdanza intermedia, e o carácter do tamaño da folla presenta dominancia a do carácter alongado. 

Se se cruzan ambas as dúas variedades, que proporcións xenotípicas e fenotípicas aparecerán na F2? Que proporción das flores vermellas e follas alongadas da F2 serán homocigóticas?

PICA AQUÍ para descargar a solución.

jueves, 28 de febrero de 2013

Problema de xenética. 3ª Lei de Mendel


No tomate, a cor vermella do froito é dominante sobre a cor amarela e a forma biloculada domina sobre a multiloculada. 
Que proporción de plantas con tomates vermellos multiloculados se obterá na F2 partindo dun cruzamento entre dúas liñas puras, un vermello ebiloculada e outra amarela e multiloculada?

( R - vermello, r - amarelo; B - biloculado, b - multiloculado)
PICA AQUÍ para descargar a solución (Power Point)

sábado, 23 de febrero de 2013

A rata doméstica. Exercicio de xenética


A rata doméstica é normalmente de pelaxe marrón e bigote fino. No laboratorio obtivéronse dúas razas puras, unha de cor branca e bigote fino e outra marrón e bigote espeso. Ao cruzar as dúas liñas da F1, obtense un fenotipo normal. Calcula as proporcións xenotípicas e fenotípicas da F2.

PICA AQUÍ
para descargar a resposta.

sábado, 16 de febrero de 2013

Ratos negros e brancos. Exercicio



Un rato A de pelo branco crúzase cun de pelo negro e toda a descendencia obtida é de pelo branco. Outro rato B tamén de pelo branco crúzase tamén cun de pelo negro e obtense unha descendencia formada por 5 ratos de pelo branco e 5 de pelo negro. 

Cal dos ratos A ou B será homocigótico e cal heterocigótico? Razoa a resposta.

PICA AQUÍ para descargar a solución.


viernes, 15 de febrero de 2013

Cruce de moscas negras. Proporcións



Ao cruzar dúas moscas negras obtense unha descendencia formada por 216 moscas negras e 72 brancas. 
Representando por NN a cor negra e por nn a cor branca, razóese o cruzamento e cal será o xenotipo das moscas que se cruzan e da descendencia obtida.

PICA AQUÍ para descargar a solución.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Xenética. Problema resolto

En certos porcos, o carácter "cola ensortixada ou rizada" se debe a un xene dominante (R); o xene recesivo (r) determina que a cola non sexa rizada. 
Outro par de xenes diferente rexe a posición de as orellas: o xene dominante (C) dá como resultado orellas caídas e o xene recesivo (c) orellas levantadas. 

Se se desexa descubrir o xenotipo dun porco que ten a cola rizada e as orellas caídas. Cal sería o cruzamento de proba axeitado e cales serían os resultados deste?.

Pica AQUÍ para descargar a solución.

martes, 5 de febrero de 2013

Moscas grises. Xenética

Cruzando dúas moscas grises entre si obtense unha descendencia de 153 moscas grises e 49 moscas negras. Cal será o xenotipo dos proxenitores? E as moscas grises da descendencia?.

Solución PICA AQUÍ para descargala.

lunes, 4 de febrero de 2013

Problema de xenética. Con solución

A pelaxe negra nos cobayos é un trazo dominante e o branco é o trazo recesivoalternativo. 
Cando un cobayo puro negro se aparea cun blanco,¿ que fracción da F2 negra se espera que sexa heterocigota?

Descarga aquí a solución detallada.


lunes, 28 de enero de 2013

Enlace de descarga

Déixovos o enlace de descarga do guión da memoria de prácticas de laboratorio, correspondentes ao Tema 5: A Célula.

Para descargar o arquivo PICA AQUÍ.

domingo, 27 de enero de 2013

O Xenoma Humano

Durante o Tema 5 de Bioloxía en 4º ESO estudaremos a Xenética. Como introducción déixovos esta reportaxe de televisión, no que se explica a importancia e coñecemento actual do noso xenoma.