SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas

martes, 3 de marzo de 2015

Power Point Tema 5 Bioloxía 4º ESO - Xenética

Pica na Imaxe para descargar o archivo.


sábado, 28 de febrero de 2015

Proxecto Xenoma Humano

O Proxecto Xenoma Humano (PGH) foi un proxecto de investigación científica co obxectivo fundamental de determinar a secuencia de pares de bases químicas que compoñen o ADN e identificar e cartografar os aproximadamente 20.000-25.000 xenes do xenoma humano dende un punto de vista físico e funcional.

Debido á ampla colaboración internacional, aos avances no campo da genómica, así como os avances na tecnoloxía computacional, un borrador inicial do xenoma foi rematado no ano 2000 (anunciado conxuntamente polo expresidente Bill Clinton e o ex-primeiro ministro británico Tony Blair o 26 de xuño de 2000), finalmente o xenoma completo foi presentado en abril do 2003, dous anos antes do esperado.





jueves, 26 de febrero de 2015

O mapa do epixenoma humano


Hai tres anos, o proxecto Encode, unha enciclopedia dos elementos do ADN, botou por terra algunhas ideas preconcibidas e deixou claro que centos de miles fragmentos do noso xenoma, considerados "lixo", estaban en realidade dedicados a funcións directivas: é dicir a regular como e cando os xenes deben levar a cabo a súa función.

Este novo mapa epixenético baséase neste último estudo para descubrir como os xenes se activan e desactivan no organismo. Os resultados preséntanse en varias revistas do grupo Nature e son un resumo do descuberto nos cinco anos do proxecto, que foi financiado con 190 millóns de dólares por Instituto Nacional da Saúde estadounidense (NIH).

"Os investigadores conseguiron estudar en 111 mostras varias marcas químicas que chamamos epixenéticas (reguladoras do xenoma). O traballo reflicte que todas as células do corpo humano teñen o mesmo xenoma pero diferentes epigenomas; que cando as células nai se diferencian cara a un tecido cambia o seuepigenoma; que diferentes epigenomas se asocian a diferente localizacións do ADN dentro do núcleo das células e que variacións xenéticas, como mutacións e polimorfismos, teñen un efecto sobre os patróns epixenéticos ", explica Manel Esteller, do Instituto de Investigacións Biomédicas de Bellvitge, que forma parte de proxecto Blueprint, o equivalente europeo a este proxecto americano. Os achados que resume Esteller obtivéronse a partirdeelementos que controla a expresión xénica en 127 tipos de células e tecidos adultos e embrionarios procedentes de persoas sas e enfermas.

jueves, 5 de febrero de 2015

Terceira Lei de Mendel, Lei da distribución independente dos caracteres

Se estudamos á vez a herdanza dos caracteres A e B, e cruzamos dous dihíbridos (heterocigotos para os dous caracteres), é dicir, dous individuos que son ambos os dous AaBb, vanse formar os gametos haploides AB, Ab, aB e ab, que se fecundarán aleatoriamente orixinando fillos que estarán na proporción fenotípica 9:3:3:1.
Hai 9 que teñen fenotipo dominante para os dous caracteres, 
3 que teñen fenotipo dominante para o primeiro carácter e recesivo para o segundo, 
3 que teñen fenotipo recesivo para o primeiro carácter e dominante para o segundo, 
e só 1 que ten fenotipo recesivo para os dous caracteres.

miércoles, 4 de febrero de 2015

Segunda Lei de Mendel. Lei da segregación dos caractere

Se cruzamos, por exemplo, dous heterocigotos Aa, formaránse gametos A e a, que se unirán na fecundación formando tres individuos fillos posibles: aa, Aa e AA. 

As proporcións en que aparecen (proporcións xenotípicas) serán 1 aa : 2 Aa : 1 AA. 
Se o alelo A é o dominante, as proporcións fenotípicas serán de 3:1 a favor do fenotipo de A. 

Por tanto, a dominancia do alelo determinará a expresión do fenotipo na descendencia.


Conceptos básicos sobre Xenética

martes, 3 de febrero de 2015

Primeira Lei de Mendel. Lei da uniformidade dos caracteres

Se cruzamos dúas razas puras (homocigotas) distintas para un determinado carácter, todos os fillo/as serán fenotipicamente iguais (uniformidade da F1) e todos heterocigotos.

viernes, 30 de enero de 2015

A Xenética. Tema 5 Bioloxía 4º ESO

"Antes pensabamos que o noso futuro estaba nas estrelas. Agora sabemos que está nos nosos xenes". James Watson

James Dewey Watson, nado en Chicago (Illinois) o 6 de abril de 1928, é un biólogo e zoólogo estadounidense, famoso por ser un dos descubridores da estrutura da molécula de ADN, que lle valeu o recoñecemento da comunidade científica sendo galardoado co Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía.