SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de octubre de 2014

A Formación de Islandia. Dorsal Centroatlántica

Recurso TIC - Xeoloxía 4º eso

Déixovos un enlace dunha páxina web, onde atoparedes unha boa colección de actividades interactivas sobre o Tema 1, no que se tratan aspectos da Deriva Continental, Tectónica de Placas e demais conceptos estudados.

Unha maneira entretida de repasar os conceptos.

Pica na imaxe para acceder á Páxina Web


martes, 30 de septiembre de 2014

A Subdución

A subdución é o proceso de afundimento dunha placa litosférica (normalmente unha placa oceánica) baixo outra (normalmente, unha placa continental) nun límite converxente.

A subdución ocorre ao longo de amplas zonas de subdución que, no presente, se concentran nas costas do océano Pacífico, no chamado cinto de fogo do Pacífico, pero tamén hai zonas de subdución en partes do mar Mediterráneo, as Antillas e a costa índica de Indonesia.

A subdución é causada por dúas forzas tectónicas: unha que provén do empuxe das dorsais mesooceánicas e outra que deriva do empuxe de bloques.



sábado, 27 de septiembre de 2014

A Tectónica de Placas. Unha ollada ao futuro

Preséntase unha ollada ao futuro sobre a tectónica de placas. Interesante para facerse unha idea sobre as consecuencias de tsunamis, terremotos e volcáns.





viernes, 26 de septiembre de 2014

As Placas Tectónicas

As placas tectónicas, enormes e colosais (continentais, fragmentos de codia terrestre) extensións de terra que se moven lentamente (2,5 cm -8 cm por ano) e imperceptiblemente preméndose lateralmente ou afastándose horizontalmente entre elas, pasando e rozándose unha por debaixo da outra cunha forza descomunal, acumulando suficiente enerxía equivalente a miles de detonacións nucleares provocando os terremotos. Os límites das placas tectónicas non coinciden cos límites dos continentes.



jueves, 25 de septiembre de 2014

A expansión dos fondos oceánicos

Nos fondos oceánicos as placas afástanse e queda entre elas un oco que se enche con material proveniente do manto, rocha fundida (magma) da astenósfera, que pode fluír por encontrarse moi quente. En canto chega á superficie sofre cambios físicos e químicos ao perder gases e entrar en contacto coa auga do fondo do mar. Ao descender a súa temperatura convértese en nova codia oceánica.


jueves, 18 de septiembre de 2014

Explican por que os continentes empezaron a moverse


As distintas placas chocan entre si, superpóñense unhas a outras, xúntanse, sepáranse e van modelando, ao longo do tempo, as formas dos continentes nun proceso de movemento contínuo que a Ciencia denominou Tectónica de Placas.

Non obstante, as cousas non sempre foron así no noso mundo. Houbo un tempo, hai varios miles de millóns de anos, no que os continentes non se movían en absoluto. E os científicos pregúntanse dende hai case un século que tipo de fenómeno puido poñer, nalgún momento do pasado, ese xigantesco "motor" en marcha. Agora, un grupo de investigadores da Universidade de Sidney cre ter resolto o misterio, e publicou as súas conclusións na revista Nature.

"A Terra é o único planeta do noso Sistema Solar no que se dá o proceso da Tectónica de Placas -explica Patrice Rey, autor principal do estudo-. Pero o rexistro xeolóxico suxire que ata hai 3.000 millóns de anos a codia terrestre non se movía en absoluto, polo que descubrir que foi o que desencadeou este fenómeno único é algo que dende hai décadas obsesiona aos xeólogos. Nós suxerimos que foi provocado polo xurdimento dos primeiros continentes e que, finalmente, se converteu nun proceso autosostible".

A Tectónica de Placas depende directamente da relación que existe entre a densidade das rochas e a temperatura. Nas dorsais oceánicas, as rochas están moi quentes e a súa densidade é menor, o que facilita o seu movemento e flotabilidade. Pero a medida que se van afastando das dorsais (empurradas polo novo magma que xorde continuamente), as rochas arrefríanse e a súa densidade aumenta, ata alcanzar o punto de facerse máis densas que o manto subxacente, o que fai que, ao final da súa viaxe, volvan ser arrastradas cara ao seu interior.

martes, 16 de septiembre de 2014

O terremoto de Xapón 2011

Unha das técnicas que teñen os científic@s para estudar o interior do noso Planeta son os terremotos e as suas consecuencias. Un dos mais devastadores e actuais foi o de Xapón en 2011.

O terremoto e tsunami de Xapón de 2011, do 11 de marzo, foi un terremoto de magnitude 9,0 que creou ondas de maremoto de ata 40,5 metros.
O terremoto aconteceu ás 14:46:23 hora local. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón. O terremoto durou aproximadamente 6 minutos segundo os sismólogos.


lunes, 15 de septiembre de 2014

As Placas Tectónicas. A Terra do futuro

Ao longo do Tema 1 de Xeoloxía de 4º de ESO, estudaremos o concepto de Placa Tectónica e a súa importancia no modelado terrestre.

Como presentación do Tema déixovos unha reportaxe na que se mostra o movemento das placas Tectónicas do Planeta e o seu efecto no futuro.