SLIDER

martes, 29 de mayo de 2012

Os Volcáns

Outra das Manifestacións da Enerxía Interna do noso planeta que estudamos foron os Volcáns. No seguinte vídeo podedes ver unha explicación dos conceptos mais importantes referentes ao estudo dos volcáns.


Química Orgánica: 3D

La Química Orgánica es una rama de la Química que no solo se ocupa de dar nombre a los compuestos del carbono, sino que su estudio va mucho mas allá.


Un ejemplo de ello es poder conocer la estructura de moléculas orgánicas y su comportamiento en el medio ambiente. Un ejemplo es la simulación en 3D de la molécula del Alcohol Etílico o Etanol.




Otro ejemplo: La ASPIRINA ( Ácido Acetilsalicílico)C9H8O4


Composición: Carbono (esferas grandes) Oxígeno (esferas rojas) e Hidrógeno (esferas pequeñas)



domingo, 27 de mayo de 2012

O Sol: Novas Imaxes

A sonda SDO leva a cabo unha misión sen precedentes. Intenta desentrañar os misterios do Sol. De momento, as súas noticias son impactantes. Esta sonda conseguiu captar unhas incribles imaxes nas que se aprecian os bucles creados polo plasma solar en diferentes magnitudes de onda.


Más vídeos en Antena3

1816, o ano sen inverno...



O Programa Tres14, realiza nunha reportaxe (PICA AQUÍ) un repaso dos avances máis salientables da Xeoloxía nos últimos anos no coñecemento da Enerxía Interna do noso Planeta. 
Unha das probas da existencia desa enerxía, foi por exemplo a erupción do volcán Tambora en Indonesia en 1816...



¿Que es una función matemática?

A la hora de iniciar el estudio de las FUNCIONES MATEMÁTICAS, se hace necesario comprender el concepto práctico de una Función.


Mediante un vídeo (muy curioso, por cierto), podéis haceros una idea del concepto de función. Espero que os ayude.


Tema 7 Matemáticas 4º ESO: Funciones



En matemáticas, se dice que una magnitud o cantidad es función de otra si el valor de la primera depende exclusivamente del valor de la segunda. Por ejemplo:

  • Cada mamífero conocido se clasifica en un género, como Homo, Sus o Loxodonta. Existe por tanto una función «clasificación en géneros» que asigna a cada mamífero de la colección M = {mamíferos conocidos} su género. El codominio de «clasificación en géneros» es la colección G = {géneros de Mammalia}. 
Las funciones matemáticas tienen multitud de aplicaciones en la vida diaria, como por ejemplo:  en un videojuego, apretar un boton del joystick, equivale a una acción en el videojuego; en clase, hacer un examen, equivale a una nota; subir o bajar el volumen del Tv, apretando el botón del mando, etc...


Recurso TIC: As deformacións das Rochas



Déixovos un enlace (PICA AQUÍ), no que atoparedes unha páxina web, onde mediante debuxos e animacións explican conceptos fundamentais relacionados coa formación de Pregamentos, Diáclases e Fallas, no proceso da deformación dunha Rocha.


Deformacións das Rochas: Pregamentos e Fallas

Os Pregamentos orixínanse por esforzos de compresión sobre as rochas que non chegan a rompelas; en cambio, cando si o fan, fórmanse as chamadas fallas

Polo xeral sitúanse nos bordos das placas tectónicas e obedecen a dous tipos de forzas: laterais, orixinados pola propia interacción das placas (converxencia) e verticais, como resultado do levantamento debido ao fenómeno de subducción ao longo dunha zona de subducción máis ou menos ampla e alongada, na que se levantan as cordilleiras ou relevos de pregamento.


"En el vientre materno"

Déixovos dúas partes dun documental de National Geographic "En el Vientre Materno"; unha exploración interna do ventre e o desenvolvemento do feto con imaxes avanzadas en 4D, nunca antes vistas. Veremos durante máis dunha hora o seguimento paso a paso da evolución dun embarazo, durante 9 meses de xestación. 



















viernes, 25 de mayo de 2012

A formación do Himalaia

A colisión de dúas placas tectónicas pode ter como efecto a elevación dos bordos dunha delas, que monta sobre a outra. 

Neste fragmento de "A máquina do tempo, I: O ámbito" (BBC Video, 2004), reconstrúese a formación da Cordilleira do Himalaia.

Formación das Cordilleiras

A formación das grandes Cordilleiras do Planeta comezou fai aproximadamente 60 Ma. O proceso de Oroxénese é producido polo movemento constante pero moi lento dos continentes, ao desprazarse as Placas Tectónicas que os sosteñenen sobre o "mar" de magma do Manto.


O proceso en sí, pódese explicar a partires da Tectónica de Placas.


Para que vos decatedes das forzas tectónicas que teñen lugar para que se forme unha Cordilleira, podedes mirar este vídeo...


domingo, 20 de mayo de 2012

Rectas Paralelas y Perpendiculares

En el siguiente vídeo nos explican como calcular la ecuación de la recta Paralela y Perpendicular a otra dada y que pasen por un punto.


A lúa cubrirá o 94% do sol nunha eclipse anular que poderá verse o domingo



A lúa pasará por diante do sol o domingo, 20 de maio, e causará unha eclipse solar anular que poderá verse dende o sueste de Asia polo Océano Pacífico ata a parte occidental de América do Norte, tal e como informou a NASA.

A eclipse anular ten lugar cando a sombra da Lúa non alcanza a cubrir totalmente o sol e o astro vese como un anel luminoso. Espérase que nesta ocasión a lúa cubra ata o 94% do Sol e debido á ampla franxa na que poderá apreciarse espérase que millóns de persoas saian a velo.

En Estados Unidos está previsto que a eclipse comece en torno ás 17.30 hora do pacífico (00.30 GMT) e nun proceso que durará unhas dúas horas a lúa irá cubrindo o sol deixando pasar só uns raios solares que debuxarán un anel no ceo.

A "traxectoria de anularidad", é dicir a franxa pola que pasará, terá uns 321 quilómetros de ancho pero atravesará...ler máis.

 

Guatemala en alerta laranxa pola erupción do "Volcán de Fuego"

O Goberno de Guatemala declarouse en "alerta laranxa" (vixilancia) pola erupción do volcán de Fuego, situado a 60 quilómetros ao sur da capital, que este sábado incrementou a súa actividade lanzando columnas de lava e cinza a 300 metros de altura.

A Coordinadora Nacional para a Redución de Desastres (Correde) informou nun comunicado de que o volcán entrou "nunha fase de erupción efusiva" cara ás 02.45 hora local (10.45 hora en España peninsular).

A actividade volcánica "está a xerar constantes explosións de aproximadamente 20 a 30 por minuto que levanta columnas de cinza a 1.200 metros de altura sobre o cráter en dirección sueste, sur e sueste do complexo volcánico que se estende por 30 quilómetros aproximadamente", agregou o organismo oficial...ler máis.





Terremoto en Italia

Unhas 3.000 persoas foron evacuadas o domingo tras o terremoto que sacudiu de madrugada a varias rexións do nordés de Italia, entre as máis industrializadas e poboadas da península.

A maior parte dos damnificados encóntrase na provincia de Módena, pertencente á rexión Emilia-Romaña, e outros 500 foron evacuados na provincia de Ferrara, mentres se seguen rexistrando réplicas, algunhas de forte intensidade.

O terremoto, rexistrado ás 4:04 e cuxa magnitude foi revisada de 5,9 a 6, foi seguido por unha forte réplica sacudiu de novo a rexión ás 15:18 provocando novas derrubas no casco histórico da localidade de San Agustín e Ferrara, as máis afectadas.

A torre do Reloxo, de Finale Emilia, desprendeuse ferindo gravemente un bombeiro. Segundo o diario Il Corriere della Sera, o tremor causou danos por 250 millóns de euros á asociación de fabricantes de queixo parmesano.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Curiosidade Científica: Os animais detectan antes un terremoto ca os humanos

Segundo os científicos, os animais son capaces de percibir todas as variacións que provocan os movementos ao interior da Terra: eléctricas, magnéticas, sonoras, visuais e olfactivas.
Moitos animais detectan os infrasóns. Estas ondas poden xerarse mediante terremotos, erupcións volcánicas, maremotos, avalanchas...

É que os animais son capaces de "predicir": os cabalos patean e rinchan ante a presenza dun terremoto, os cervos déitanse no chan e logo levántanse bruscamente, as serpes abandonan os seus niños aínda que estean en pleno inverno e as ratas non pensan dúas veces en aparecer polas casas e lugares que habitan, en pleno día!.
A pregunta é: Poden anticiparse os animais ás traxedias? Os científicos pasaron séculos buscando unha explicación lóxica a certas manifestacións animais, como por exemplo, aquelas que no ano 2005, fronte ao maremoto do Océano Índico, chamaron moito a atención. E é que no Parque Nacional de Yala, na castigada costa oeste de Sri Lanka, non se encontrou ningún animal morto... todos lograron poñerse a salvo.
As aves congregáronse en bandadas e voaron cara ao interior das chairas que cobren a maior parte dos 1.300 quilómetros cadrados do Parque, os elefantes emprenderon unha retirada cara ás montañas, e búfalos e cervos seguiron os pasos dos paquidermos.

E claro, ninguén se tería imaxinado que nese momento, a poucos quilómetros de alí e baixo as augas do Índico, se acababa de producir o maior terremoto rexistrado na Terra dende había 40 anos.



Foto do Día


Cygnus-X: o cisne en todo o seu esplendor.

O telescopio espacial Herschel, da ESA, móstranos unha espectacular imaxe de como se forma unha nova xeración de estrelas masivas: Cygnus-X.

Cygnus-X é unha rexión de formación de estrelas extremadamente activa, situada a uns 4,500 anos-luz da Terra, na constelación de Cygnus, o Cisne, tal e como explica a páxina web da ESA.

Grazas á capacidade de Herschel para captar luz na banda do infravermello afastado, os astrónomos poden estudar rexións como esta, nas que as estrelas foron quentando lentamente o po que as rodeaba, agrupándoo en densos cúmulos nos que se continuarán forxando novas estrelas.

Os tons brancos marcan aquelas zonas nas que non hai moito que se formaron novas estrelas a partir de nubes turbulentas de po e gas, como as que se poden ver na metade dereita da imaxe.

A Fecundación: Unión dun Espermatozoide e un Óvulo

A fecundación ou fertilización, tamén chamada singamia, é o proceso polo cal dous gametos se fusionan para crear un novo individuo cun xenoma derivado de ambos os dous proxenitores. Os dous fins principais da fecundación son a combinación de xenes derivados de ambos os dous proxenitores e a xeración dun novo individuo (reprodución).

Déixovos un vídeo do canal de TV "ODISEA", onde mediante unha aplicación informática recrean o proceso de fecundación dun Óvulo por un Espermatozoide
É o comezo de todo ser humano...


martes, 15 de mayo de 2012

Os terremotos actuais

Na seguinte reportaxe, faise un percorrido polos terremotos máis importantes acontececidos nos últimos anos ( Haití, Chile, México, California, Indonesia e India). Non só mostran os devastadores efectos destes terremotos, senón a súa explicación dende un punto de vista tectónico.

Moi Interesante.



Curiosidade: Só hai Terremotos na Terra?


Queres sabelo?. Pica Aquí.


Os Terremotos...según "Tres14"

Déixovos unha reportaxe do programa de TV "Tres14", onde nos mostrarán o que sabemos o hoxe en día deste tipo de manifestacións da enerxía interna da Terra.


Accede ao vídeo picando na imaxe.


Rebelión Hormonal: A Adolescencia

A adolescencia é un período no desenvolvemento biolóxico, psicolóxico, sexual e social inmediatamente posterior á nenez e que comeza coa puberdade. O seu rango de duración varía segundo as diferentes fontes e opinións médicas, científicas e psicolóxicas, pero xeralmente enmárcase o seu inicio entre os 10 a 12 anos, e a súa finalización aos 19 ou 20.

Na adolescencia temperá e para ambos os dous sexos, non hai gran desenvolvemento manifesto dos carácteres sexuais secundarios, pero suceden cambios hormonais a nivel da hipófise, como o aumento na concentración de gonadotropinas (hormona folículoestimulante) e de esteroides sexuais. Seguidamente aparecen cambios físicos, sobre todo cambios observados na glándula mamaria das nenas, os cambios xenitais dos varóns e o lanuxe pubiano en ambos os dous sexos.

Déixovos as dúas primeiras partes dun fantástico documental da BBC, sobre o corpo humano, no que explican dun xeito biolóxico todos os cambios que sofre o corpo e a mente dun adolescente. Moi interesante.







lunes, 14 de mayo de 2012

Tema 10 Xeoloxía 4º ESO

"As Manifestacións Internas da Terra" é o título do Tema 10 de Xeoloxía. Nel estudaremos entre outros conceptos os Terremotos e os Volcáns


Como introducción ao Tema déixovos un recorte de prensa, aportado pola alumna Cristina Mª Silva José de 4º B

O suceso tivo lugar o Mércores 9 de Maio en O Carballiño e Vilamarín



Novos estudos tectónicos ven maior actividade nun corredor de fallas que enlaza co norte de Portugal.


Galicia encóntrase na actualidade no albor do risco sísmico, en concreto, a zona este da comunidade que abrangue a provincia de Lugo, a de Ourense, tres municipios da Coruña e a metade de Pontevedra ata Mondariz.


domingo, 13 de mayo de 2012

Foto do Día


A foto máis nítida xamais tomada da Terra.

  • Foi captada nunha soa toma polo satélite ruso Elektro-L
  • É de 121 megapixeis, cada pixel representa algo máis dun quilómetro
  • Dobra en resolución á 'Bóla Azul', a imaxe máis popular do planeta Terra

Recurso TIC: Ajuste de Reacciones Químicas



En el siguiente enlace (Pincha Aquí), podéis realizar on-line ajuste de reacciones químicas y corregirlas al momento
Muy interesante y un recurso donde podréis ajustar muchas reacciones químicas de todo tipo. Espero que os ayude!!!.



Posición Relativa de dos Rectas

A la hora de estudiar la posición relativa de dos rectas en el plano, averiguaremos si son Secantes, Paralelas o Coincidentes
Para demostrarlo se pueden aplicar tres métodos distintos, en función de la forma de la ecuación de cada una de las rectas.


En el siguiente vídeo podéis ver un ejemplo:


A Menstruación

A menstruación é parte do ciclo menstrual, que axuda ao corpo da muller a prepararse todos os meses para un eventual embarazo. O ciclo comeza o primeiro día do período. O ciclo menstrual media dura 28 días, non obstante, un ciclo pode durar de 23 a 35 días.

Algúns das partes do corpo que interveñen no ciclo menstrual son o cerebro, a glándula pituitaria, o útero e colo uterino, os ovarios, as trompas de Falopio, e a vaxina
Uns químicos do corpo chamados hormonas soben e baixan de nivel durante o mes, e causan o ciclo menstrual. Os ovarios xeran dúas hormonas femininas importantes: o estróxeno e a proxesterona
Outras hormonas que interveñen no ciclo menstrual son a hormona foliculoestimulante (FSH) e a hormonaluteinizante (LH), xeradas pola glándula pituitaria.


Power Tema 9 Xeoloxía 4º ESO

Déixovos o Power Point correspondente ao Tema 9 de Xeoloxía de 4º ESO, "A Tectónica de Placas".


jueves, 10 de mayo de 2012

Gametoxénese

A gametoxénese é a formación de gametos por medio da meiose a partir de células xerminais. Mediante este proceso, o número de cromosomas que existe nas células xerminais redúcese de diploide (dobre) a haploide (único), é dicir, á metade do número de cromosomas que contén unha célula normal da especie de que se trate
No caso dos humanos se o proceso ten como fin producir espermatozoides denomínaselle espermatoxénese e realízase nos testículos. No caso contrario, se o resultado son ovocitos denomínase ovoxénese e lévase a cabo nos ovarios.


Viaxe arredor da Terra (NASA)

Trátase dunha viaxe fantástica, só dende o espazo podemos considerar a maxestosidade do noso planeta. A NASA fainos un percorrido pola superficie da Terra e permítenos apreciar as luces das cidades, as auroras boreais, as tormentas eléctricas.

Unha viaxe alucinante que nos permite apreciar o incrible e o vulnerable que é o lugar que ocupamos no espazo. O vídeo facilitouno a NASA con motivo do día internacional do Planeta que tivo lugar a finais do mes de abril.





Más vídeos en Antena3

Recurso TIC: Formulación Orgánica

Ácido Acetilsalicílico (Aspirina)



Para
repasar y practicar todos los compuestos orgánicos que iremos formulando en clases, os dejo un Recurso TIC que se trata de una web en la que además de las explicaciones detalladas de cada uno de los compuestos, encontrareis ejercicios resueltos paso a paso, asi como otros propuestos.

Muy interesante para repasar y practicar la Formulación Orgánica. Espero que os ayude.

Recurso (PINCHA AQUÍ).

domingo, 6 de mayo de 2012

Reacciones Químicas. Estequiometría

Durante el estudio del Tema 5 de Química de 3º ESO, estudiaremos las Reacciones Químicas. A lo largo del Tema estudiaremos lo que es una reaccion quimica, así comom los distintos tipos de reacción que puede haber, así comom todos los cálculos relacionados con una reacción química (Estequiometria).


Una reacción quimica "curiosa" es la REACCIÓN OSCILANTE (REACCIÓN DE BRIGGS-RAUSCHER), en la que el agua oxigenada, el Yodato Potásico y Sulfato de Manganeso (mas otros...), reaccionan de tal forma que el color de la disolución alterna de incoloro a azul-negro y ámbar, de una manera cíclica. MUY CURIOSO...

VÍDEO EXPERIMENTO.


"Súperlua" do 5 de Maio



"A Súperlua é unha situación na que a lúa está un pouco máis preto do normal á Terra na súa órbita, e este efecto é máis notable cando se produce ao mesmo tempo como unha lúa chea", di James Garvin, xefe científico da NASA.

"Polo tanto, a lúa pode parecer grande, aínda que a diferenza na súa distancia da Terra é só unha pequena porcentaxe nese momento", agrega.


Se Picas na foto podes acceder a unha galería fotográfica "La súperluna, en el mundo" da Súperlua en distintas partes do Planeta.

A Coruña abre as portas do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

O museo está situado no edificio "Prisma de Cristal", un inmoble de singular arquitectura premiado na IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, construído no paseo marítimo da cidade, fronte á Torre de Hércules.


A nova infraestrutura, un proxecto que requiriu un investimento de 23 millóns de euros, mostrará máis de 2000 pezas de incalculable valor histórico repartidas en seis plantas das máis de 15.000 que teñen os fondos do museo. Durante o que resta de mes de maio o MUNCYT reservouse para visitas de centros educativos e o museo abrirá as súas portas ao público en xeral o próximo 1 de xuño unha vez fíxense as tarifas


A viaxe ao pasado empeza da man duns robots que fan as funcións de guías no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. Podemos encontrar dende un particular reloxo do século XVIII, cuxo xemelgo está no despacho do Rei, o primeiro acelerador departiculas que se instalou en España en torno a 1957, ata un 'canto da chapuza' no que os visitantes poden desmontar electrodomésticos para estudar o seu funcionamento.


Todo iso dáse cita nun museo que guiou na súa inauguración a máis de 3.00 persoas polos diferentes aspectos da historia e a vangarda da ciencia e a tecnoloxía.




Más vídeos en Antena3

Ejercicio: Ec. de la Recta

ENUNCIADO: Deduce la ecuación de la recta, en todas sus formas, que pasa por los puntos A(1,0) y B(4,2).


Muy Completo


solución 


sábado, 5 de mayo de 2012

Islandia unha illa formada nun Límite Diverxente

A actividade volcánica que se produce nos fondos oceánicos trae como consecuencia a formación de illas. Isto adoita estar relacionado co movemento de placas da codia terrestre.

O océano Atlántico comezou a súa formación durante o xurásico, hai uns 150 millóns de anos, cando se esgazou o gran continente de Gondwana como resultado da separación de América do Sur e África, que aínda hoxe se mantén nunha progresión de varios centímetros ao ano ao longo da dorsal submarina centroatlántica, cadea montañosa que se estende de norte a sur de forma sinuosa e a metade de camiño entre os continentes.

Con aproximadamente 1.500 km de anchura, esta cadea ten unha topografía máis accidentada que calquera outra cordilleira da superficie terrestre e nela teñen lugar frecuentes erupcións volcánicas e terremotos. As súas elevacións oscilan entre os 1.000 e os 3.000 m sobre o fondo oceánico.

Nunha destas erupcións volcánicas orixinouse Islandia, grazas á separación das placas Africana e as Sudamerica e Norteamericana nun LIMITE DIVERXENTE.



No seguinte vídeo podedes ver á explicación da orixe xeolóxica de ISLANDIA.



viernes, 4 de mayo de 2012

Matemáticas "Animadas"

Este es un vídeo curioso...mediante una serie de animaciones nos explican la deducción de las Ecuaciones vectorial, Paramétricas y Continua de una Recta.


Interesante...


Ecuación Continua de la Recta

A partir de las Ec. Paramétricas de una Recta, se puede calcular la Ecuación de esa recta en forma Continua
En el siguiente vídeo se explica el procedimiento matemático del proceso así como un ejemplo de como calcular dos puntos que contenga esa recta.


Ecuaciones Paramétricas de la Recta

Una vez deducida con anterioridad la Ecuación Vectorial de la Recta, a partir de ella podemos deducir las Ecuaciones Paramétricas de la recta, sin mas que operar analíticamente en la Ec. Vectorial.


En el siguiente vídeo explican paso la deducción matemática que permite calcular las Ec. Paramétricas a partir de la Vectorial. Ademas en un ejemplo sencillo explican como calcular dos puntos de la recta a partir de sus Ec. Paramétricas.


jueves, 3 de mayo de 2012

A lámpada de 106 anos



En 1901 acendeuse por primeira vez a lámpada incandescente da estación de bombeiros de Livermore, Califormia. Dende entón, só tivo unha semana de descanso. Esta lámpada, é considerada como a máis antiga e activa existente no mundo.

Esta lámpada foi manufacturada pola Shelby Electric Company para traballar cunha potencia de 4 watts. Ao observar as fotografías, obsérvase que a forma do vidro parece ser feito a man (como seguramente o foron naquel entón) e a forma en que está conectada tamén é algo antiga.


Tal é a fama da "lámpada de Livermore", que instalaron unha webcam, onde se pode seguir en directo o seu continuo funcionamento. Déixovos o enlace da webcam.



Foto do día


Parella de leóns no Masai Mara de Kenya, fotografía de Nick Brandt

Geometria Analítica (II) - Rectas en el Plano

En la segunda parte del apartado de Geometría Analítica estudiaremos matemáticamente las ecuaciones posibles de una recta así como su posición relativa en el plano.


Comenzamos el estudio deduciendo matemáticamente la ECUACIÓN VECTORIAL de la recta. En el siguiente vídeo realizan esta deducción paso a paso.


miércoles, 2 de mayo de 2012

James Cameron descende ao fondo da Foxa das Marianas

O cineasta estadounidense James Cameron (Terminator, Titanic, Avatar, etc...) completou con éxito a súa expedición á foxa das Marianas, o punto máis profundo do océano, e converteuse na primeira persoa que descendeu en solitario a ese lugar, informou National Geographic na súa páxina web.

Cameron, de 57 anos, comezou o seu descenso nun minisubmarino fabricado polo seu equipo de enxeñeiros en colaboración con National Geographic a primeira hora local do luns (16 de Marzo do 2012) e tocou fondo un pouco antes das 22.00 horas do domingo.

National Geographic estivo a informar a través de Twitter da viaxe e do momento en que Cameron tocou fondo.

A expedición ten fins científicos...ler máis.


Foxa das Marianas (Zona de Subducción)

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa mariña descoñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de unhas 1072 atm. Na superficie terrestre é de 1 atm.

Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica.

O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade.


Déixovos este vídeo onde explican o proceso de formación desta enorme foxa, no Pacífico. Contén unha detallada explicación dos fenómenos xeolóxicos que acontecen nas zonas de subducción nos Límites Converxentes.





FORMULACIÓN ORGÁNICA

El Tema 6 de Física (Química) de 4º de ESO se tratará de la Formulación Orgánica (formulación del Carbono). Os dejo los apuntes teóricos de esta parte.




¿Cuanto hielo se funde?

En el siguiente vídeo se muestra la resolución detallada de un ejercicio de Calorimetría, en el que se mezclan en un recipiente agua e hielo; una vez alcanzado el equilibrio térmico nos preguntan la cantidad de hielo que se funde.


Ojo con el análisis previo del ejercicio en el que debemos sacar la conclusión de si se funde o no todo el hielo.


Muy interesante...


martes, 1 de mayo de 2012



Déixovos un enlace, onde poderedes acceder a unha serie de Animacións explicativas de fenómenos asociados ao movemento das Placas Litosféricas do Planeta e os seus efectos sobre o relevo Terrestre.


Enlace (PICA AQUI).


A Reprodución Humana

No Tema 7 de Bioloxía en 3º de ESO, estudaremos a Función da Reprodución Humana. Ao longo do tema estudaremos, tanto a Anatomía dos dous Aparatos Reproductores, Feminino e Masculino; así como a súa Fisioloxía (funcionamento).
Outro apartado importante dentro do Tema, é o proceso de Fecundación así como o desenvolvemento embrionario (xestación).


Como introducción ao tema déixovos este vídeo, onde se mostran os aspectos máis importantes dos dous aparatos reproductores.