SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de enero de 2012

Biotecnoloxía


As macroalgas marrons conteñen azucres que se poden converter en combustibles renovables e químicos. Imaxe: Bio Architecture Lab.



Deseñan unha bacteria para obter combustible das algas de xeito eficiente.

Científicos do Bio Architecture Lab (EUA) modificaron xeneticamente a bacteria Ecoli para que dixira os azucres das algas marrons e as converta en etanol. Deste xeito, as algas poderían ser unha fonte rendible de enerxía, segundo afirman os autores do proxecto.

O petróleo remátase e a demanda enerxética segue crecendo cada día. Por iso búscanse novas fontes economicamente viables. Segundo os expertos, unha das máis firmes candidatas para substituír aos recursos fósiles son as algas.

"As algas marrons poden ser unha das fontes de biomasa para a produción de combustibles renovables e químicos máis sostibles ambientalmente", afirma a SINC Yasuo Yoshikuni do Bio Architecture Lab (BAL). Yoshikuni forma parte do grupo que deseñou unha bacteria...ler máis


jueves, 5 de enero de 2012

Documental sobre Biotecnoloxía



Retomando a parte final do Tema 4 de Bioloxía de 4º de ESO, déixovos un documental, dividido en catro partes, onde se analizan os últimos avances en biotecnoloxía para conseguir alongar a vida das nosas células.


Pincha en cada un dos seguintes enlaces:




domingo, 18 de diciembre de 2011

Biotecnoloxía...por Eduard Punset



Durante millóns de anos, a selección natural e o azar aseguraron a supervivencia dos mellores xenes e dos deseños máis adaptados. Hai uns 10.000 anos, a especia humana comezou a realizar unha selección propia coas especies que aprendeu a cultivar. E ao inicio do século XXI, a ciencia sabe xa modificar o código da vida para crear novos seres adaptados, non xa ao seu ámbito, senón ás necesidades do ser humano.

A sociedade ha de prepararse para entender e debater os cambios e posibilidades que se aveciñan grazas á biotecnoloxía. Eduardo Punset discute con Luis Serrano os segredos da bioloxía sintética e as súas aplicacións na saúde e o medioambiente, nunha entrevista-documental co selo inconfundible de ...Punset. 
Recomendable.


martes, 13 de diciembre de 2011

O Proxecto Xenoma Humano



O Proxecto Xenoma Humano (PGH) foi un proxecto de investigación científica co obxectivo fundamental de determinar a secuencia de pares de bases químicas que compoñen o ADN e identificar e cartografar os aproximadamente 20.000-25.000 xenes do xenoma humano dende un punto de vista físico e funcional.
O proxecto dotado con 90.000 millóns de dólares, foi fundado en 1990 no Departamento de Enerxía e os Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos, baixo a dirección de James D. Watson, cun prazo de realización de 15 anos. Debido á ampla colaboración internacional, un borrador inicial do xenoma foi rematado no ano 2000 (anunciado conxuntamente polo ex-presidente Bill Clinton e o ex-primeiro ministro británico Tony Blair o 26 de xuño de 2000), finalmente o xenoma completo foi presentado en abril do 2003, dous anos antes do esperado.

No seguinte vídeo podedes ver un percorrido no tempo deste determinante Proxecto.


lunes, 12 de diciembre de 2011

Biotecnoloxía


Segundo o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992, a biotecnoloxía podería definirse como "toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos".

Que a biotecnoloxía cambiou e seguirá cambiando a nosa vida non é algo novo, pero sempre nos custa imaxinarnos por onde irán os novos cambios e como de preto están. Para estimular esa imaxinación, preséntoche cinco investigacións próximas a converter os seus descubrimentos en realidade e cun potencial enorme para mellorar as nosas vidas.


1º) Bacterias que comen aceite. O seu uso podería minimizar o impacto no medio das verteduras de petróleo, acelerando a súa limpeza. Aínda que se sabe destas bacterias dende os 80, non foi ata hai pouco cando se puido secuenciar o seu xenoma de forma completa, o que facilitará aos científicos a tarefa de mellorar determinadas calidades que fagan a súa limpeza máis rápida.

2º) Células antitumorais
. No centro de investigación contra o cancro de UCLA crearon unha tropa de células preparadas para mellorar o noso sistema inmunitario detectando e destruíndo melanomas malignos. Os super linfocitos introdúcense no corpo por vía intravenosa e chegan onde estea o tumor. Os estudos en humanos empezarán nun ano. 

3º) Biocombustible a partir de plantas de tabaco
. Ata agora utilizábase o aceite que se encontraba nas sementes do tabaco para producir biocombustibles, pero a cantidade que se podía extraer facía o proceso pouco viable. O avance? Conseguir o aceite das follas do tabaco, que ademais son modificadas xeneticamente para producir vinte veces máis. 

4º) Tecnoloxía para secuenciar o xenoma de forma barata e efectiva
. A medicina personalizada parece ser o futuro, e para iso é básico poder identificar o ADN de cada persoa de forma rápida e barata. Este proxecto está agora en mans de Roche e IBM, que están a desenvolver un secuenciador que permitirá ler e descifrar o ADN de forma rápida e económica.

5º) Creación de células nai sen substancias animais
. Ata agora, todas as células nai foran creadas con axuda de proteínas animais, o que descartaba o seu uso en humanos. Pero científicos suecos deron coa forma de crealas sen valerse de células animais, achegando a posibilidade de crear distintos tipos de células nai deseñadas para rematar con diversas enfermidades.

Síntese de Proteínas

No seguinte vídeo veremos unha explicación detallada do proceso metabólico da formación de proteínas nos ribosomas celulares.




domingo, 11 de diciembre de 2011

ADN: Duplicación




O proceso de replicación de ADN é o mecanismo que permite ao ADN duplicarse (é dicir, sintetizar unha copia idéntica). Deste xeito dunha molécula de ADN única, obtéñense dous ou máis "clons" da primeira. As dúas cadeas complementarias do ADN orixinal, ao separarse, serven de molde cada unha para a síntese dunha nova cadea complementaria da cadea molde, de forma que cada nova dobre hélice contén unha das cadeas do ADN orixinal.

Grazas á complementariedade entre as bases que forman a secuencia de cada unha das cadeas, o ADN ten a importante propiedade de reproducirse identicamente, o que permite que a información xenética se transmita dunha célula nai ás células fillas e é a base da herenciadel material xenético.

A molécula de ADN ábrese como unha cremalleira por ruptura das pontes de hidróxeno entre as bases complementarias liberándose dúas febras e a ADN polimerasa sintetiza a metade complementaria engadindo nucleótidos que se encontran dispersos no núcleo. Desta forma, cada nova molécula é idéntica á molécula de ADN inicial.

viernes, 9 de diciembre de 2011

O ADN: a súa Estrutura

Comenzamos o Tema 4 en Bioloxía de 4º, estudando a estrutura dunha molécula de ADN. No seguinte vídeo podemos ver (subtitulado español) dun xeito moi claro como é o ADN estructuralmente.


martes, 6 de diciembre de 2011

Estrutura do ADN

No Tema 4 de Bioloxía en 4º de ESO estudaremos a estrutura dunha molécula de ADN, así como unha rama da Bioloxía a: BIOTECNOLOXÍA.


Como introducción ao Tema, déixovos este vídeo onde nos explican dun xeito resumido a Estrutura dunha molécula de ADN.