SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de octubre de 2015

Niveis de organización e Propiedades Emerxentes. Explicación

miércoles, 7 de octubre de 2015

Paso a través da Membrana

Comprender os distintos procesos que ten a Membrana Plasmática para permitir o paso de substancias a través dela, é fundamental para entender o intercambio de substancias entre a célula e o medio externo.

Déixovos un recurso TIC onde se explican mediante animacións os distintos procesos de transporte de substancias.

Pica na Imaxe para ir ao recurso.


domingo, 4 de octubre de 2015

Os Tecidos Humanos

Os tecidos son aquelas estruturas constituídas por un conxunto organizado de células, iguais (ou con poucas desigualdades entre células diferenciadas), distribuídas regularmente, cun comportamento fisiolóxico coordinado e unha orixe embrionaria común. 
Chámase histoloxía á ciencia que estuda estes tecidos orgánicos.



Power Point Tema 1 Bioloxía 3º ESO

Déixovos o Power Point do Tema 1 de Bioloxía: A Organización do corpo humano.

Para descargalo pincha na imaxe.


viernes, 2 de octubre de 2015

Fotografías de distintos Tecidos. Bioloxía 3º ESO

Na páxina 14 do libro de texto, móstrase un recurso web, onde se mostran microfotografias tanto de células como de tecidos humanos.

Pica na foto para ir ao recurso.


domingo, 27 de septiembre de 2015

Funcionamento Celular

Un dos temas de maior interese para os seres humanos sen dúbida, é saber como funcionan as células. Como unidades dos seres vivos que son, o seu coñecemento resulta esencial para entender como traballan os tecidos, os órganos e os sistemas. 
A agregación de células confírelles propiedades adicionais, que non modifican a maioría das súas propiedades orixinais, pois as súas funcións básicas seguen sendo as mesmas. 
Un organismo multicelular, non importa o complexo que sexa, continúa baseando o seu funcionamento no de cada unha das súas células, agregando funcións ás xa existentes nelas.

Os estudos sobre o comportamento celular iniciáronse grazas á acción de varias actividades paralelas, que aos poucos foron converxendo nun só camiño que tende a integrar todos os coñecementos respecto diso.

lunes, 21 de septiembre de 2015

Viaxe virtual ao interior dunha célula

'The inner life of a cell' é unha curtametraxe de aspecto científico que demostra diversos mecanismos biolóxicos que suceden dentro do corpo humano. Esta animación en gráficos 3D fíxose en demanda de Bio Visions, do Departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de Harvard.

sábado, 19 de septiembre de 2015

A Célula Eucariota

A célula defínese como a unidade mínima dun organismo capaz de actuar de xeito autónomo. Todos os organismos vivos están formados por células, e en xeral acéptase que ningún organismo é un ser vivo si non consta polo menos dunha célula. 

Algúns organismos microscópicos, como bacterias e protozoos, son células únicas, mentres que os animais e plantas están formados por moitos millóns de células organizadas en tecidos e órganos. Aínda que os virus e os extractos acelulares realizan moitas das funcións propias da célula viva, carecen de vida independente, capacidade de crecemento e reprodución propios das células e, xa que logo, non se consideran seres vivos. 

A bioloxía estuda as células en función da súa constitución molecular e a forma en que cooperan entre si para constituír organismos moi complexos, como o ser humano. Para poder comprender como funciona o corpo humano san, como se desenvolve e envellece e que falla en caso de enfermidade, é imprescindible coñecer as células que o constitúen.


viernes, 18 de septiembre de 2015

O Microscopio Óptico e Electrónico

O estudo da célula tanto no pasado coma no presente, é grazas aos Microscopios, ferramenta fundamental dos biólogos/as. Vexamos un vídeo onde nos mostran a importancia desta ferramenta.


martes, 4 de octubre de 2011

TEMA 1 BX 3º ESO

Na parte final do Tema 1, estudamos o concepto de célula nai e dous dos tipos que pode haber. Nesta serie de vídeos revisamos as características máis importantes das células nai, asi como, os distintos tipos.



PARTE 1

PARTE 2


PARTE 3


PARTE 4



lunes, 3 de octubre de 2011

TEMA 1 BX 3º ESO

Presentación Power Point do Tema 1: A Organización do Corpo Humano. Arquivo para ver e/ou descargar.

lunes, 26 de septiembre de 2011

TEMA 1 B&X 3º ESO

Neste aporte móstrase un Vídeo onde repasamos os distintos Niveis de Organización.
Dende o Átomo ata...




jueves, 15 de septiembre de 2011

TEMA 1 B&X 3º ESO

O Corpo Humano vai ser o eixe central no desenrolo do curso, na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO. Sirva como introducción este vídeo onde percorremos o interior do noso corpo, observando o funcionamento de cada sistema e aparello.