SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 10 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 10 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de mayo de 2012

Os Volcáns

Outra das Manifestacións da Enerxía Interna do noso planeta que estudamos foron os Volcáns. No seguinte vídeo podedes ver unha explicación dos conceptos mais importantes referentes ao estudo dos volcáns.


domingo, 27 de mayo de 2012

1816, o ano sen inverno...



O Programa Tres14, realiza nunha reportaxe (PICA AQUÍ) un repaso dos avances máis salientables da Xeoloxía nos últimos anos no coñecemento da Enerxía Interna do noso Planeta. 
Unha das probas da existencia desa enerxía, foi por exemplo a erupción do volcán Tambora en Indonesia en 1816...



Recurso TIC: As deformacións das Rochas



Déixovos un enlace (PICA AQUÍ), no que atoparedes unha páxina web, onde mediante debuxos e animacións explican conceptos fundamentais relacionados coa formación de Pregamentos, Diáclases e Fallas, no proceso da deformación dunha Rocha.


Deformacións das Rochas: Pregamentos e Fallas

Os Pregamentos orixínanse por esforzos de compresión sobre as rochas que non chegan a rompelas; en cambio, cando si o fan, fórmanse as chamadas fallas

Polo xeral sitúanse nos bordos das placas tectónicas e obedecen a dous tipos de forzas: laterais, orixinados pola propia interacción das placas (converxencia) e verticais, como resultado do levantamento debido ao fenómeno de subducción ao longo dunha zona de subducción máis ou menos ampla e alongada, na que se levantan as cordilleiras ou relevos de pregamento.


viernes, 25 de mayo de 2012

A formación do Himalaia

A colisión de dúas placas tectónicas pode ter como efecto a elevación dos bordos dunha delas, que monta sobre a outra. 

Neste fragmento de "A máquina do tempo, I: O ámbito" (BBC Video, 2004), reconstrúese a formación da Cordilleira do Himalaia.

Formación das Cordilleiras

A formación das grandes Cordilleiras do Planeta comezou fai aproximadamente 60 Ma. O proceso de Oroxénese é producido polo movemento constante pero moi lento dos continentes, ao desprazarse as Placas Tectónicas que os sosteñenen sobre o "mar" de magma do Manto.


O proceso en sí, pódese explicar a partires da Tectónica de Placas.


Para que vos decatedes das forzas tectónicas que teñen lugar para que se forme unha Cordilleira, podedes mirar este vídeo...


domingo, 20 de mayo de 2012

Guatemala en alerta laranxa pola erupción do "Volcán de Fuego"

O Goberno de Guatemala declarouse en "alerta laranxa" (vixilancia) pola erupción do volcán de Fuego, situado a 60 quilómetros ao sur da capital, que este sábado incrementou a súa actividade lanzando columnas de lava e cinza a 300 metros de altura.

A Coordinadora Nacional para a Redución de Desastres (Correde) informou nun comunicado de que o volcán entrou "nunha fase de erupción efusiva" cara ás 02.45 hora local (10.45 hora en España peninsular).

A actividade volcánica "está a xerar constantes explosións de aproximadamente 20 a 30 por minuto que levanta columnas de cinza a 1.200 metros de altura sobre o cráter en dirección sueste, sur e sueste do complexo volcánico que se estende por 30 quilómetros aproximadamente", agregou o organismo oficial...ler máis.





Terremoto en Italia

Unhas 3.000 persoas foron evacuadas o domingo tras o terremoto que sacudiu de madrugada a varias rexións do nordés de Italia, entre as máis industrializadas e poboadas da península.

A maior parte dos damnificados encóntrase na provincia de Módena, pertencente á rexión Emilia-Romaña, e outros 500 foron evacuados na provincia de Ferrara, mentres se seguen rexistrando réplicas, algunhas de forte intensidade.

O terremoto, rexistrado ás 4:04 e cuxa magnitude foi revisada de 5,9 a 6, foi seguido por unha forte réplica sacudiu de novo a rexión ás 15:18 provocando novas derrubas no casco histórico da localidade de San Agustín e Ferrara, as máis afectadas.

A torre do Reloxo, de Finale Emilia, desprendeuse ferindo gravemente un bombeiro. Segundo o diario Il Corriere della Sera, o tremor causou danos por 250 millóns de euros á asociación de fabricantes de queixo parmesano.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Curiosidade Científica: Os animais detectan antes un terremoto ca os humanos

Segundo os científicos, os animais son capaces de percibir todas as variacións que provocan os movementos ao interior da Terra: eléctricas, magnéticas, sonoras, visuais e olfactivas.
Moitos animais detectan os infrasóns. Estas ondas poden xerarse mediante terremotos, erupcións volcánicas, maremotos, avalanchas...

É que os animais son capaces de "predicir": os cabalos patean e rinchan ante a presenza dun terremoto, os cervos déitanse no chan e logo levántanse bruscamente, as serpes abandonan os seus niños aínda que estean en pleno inverno e as ratas non pensan dúas veces en aparecer polas casas e lugares que habitan, en pleno día!.
A pregunta é: Poden anticiparse os animais ás traxedias? Os científicos pasaron séculos buscando unha explicación lóxica a certas manifestacións animais, como por exemplo, aquelas que no ano 2005, fronte ao maremoto do Océano Índico, chamaron moito a atención. E é que no Parque Nacional de Yala, na castigada costa oeste de Sri Lanka, non se encontrou ningún animal morto... todos lograron poñerse a salvo.
As aves congregáronse en bandadas e voaron cara ao interior das chairas que cobren a maior parte dos 1.300 quilómetros cadrados do Parque, os elefantes emprenderon unha retirada cara ás montañas, e búfalos e cervos seguiron os pasos dos paquidermos.

E claro, ninguén se tería imaxinado que nese momento, a poucos quilómetros de alí e baixo as augas do Índico, se acababa de producir o maior terremoto rexistrado na Terra dende había 40 anos.



martes, 15 de mayo de 2012

Os terremotos actuais

Na seguinte reportaxe, faise un percorrido polos terremotos máis importantes acontececidos nos últimos anos ( Haití, Chile, México, California, Indonesia e India). Non só mostran os devastadores efectos destes terremotos, senón a súa explicación dende un punto de vista tectónico.

Moi Interesante.



Curiosidade: Só hai Terremotos na Terra?


Queres sabelo?. Pica Aquí.


Os Terremotos...según "Tres14"

Déixovos unha reportaxe do programa de TV "Tres14", onde nos mostrarán o que sabemos o hoxe en día deste tipo de manifestacións da enerxía interna da Terra.


Accede ao vídeo picando na imaxe.


lunes, 14 de mayo de 2012

Tema 10 Xeoloxía 4º ESO

"As Manifestacións Internas da Terra" é o título do Tema 10 de Xeoloxía. Nel estudaremos entre outros conceptos os Terremotos e os Volcáns


Como introducción ao Tema déixovos un recorte de prensa, aportado pola alumna Cristina Mª Silva José de 4º B

O suceso tivo lugar o Mércores 9 de Maio en O Carballiño e Vilamarín



Novos estudos tectónicos ven maior actividade nun corredor de fallas que enlaza co norte de Portugal.


Galicia encóntrase na actualidade no albor do risco sísmico, en concreto, a zona este da comunidade que abrangue a provincia de Lugo, a de Ourense, tres municipios da Coruña e a metade de Pontevedra ata Mondariz.