SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2013

O Mesozoico: reinan os Dinosaurios

Déixovos diversas reportaxes sobre estes réptiles, algúns xigantes, outros voadores...









martes, 1 de octubre de 2013

Correntes convectivas do manto

Estas correntes supoñen un dos "motores" que impulsan as placas litosféricas e en consecuencia O MOVEMENTO DOS CONTINENTES.






POR QUE SE MOVEN AS PLACAS?


lunes, 30 de septiembre de 2013

O Ciclo de Wilson

A distribución das placas e polo tanto, dos continentes, cambiou ao longo do tempo, xa que poden fragmentarse e que se unen uns con outros. 
O Ciclo de Wilson, proposto por Tuzo Wison, explícanos de forma ordenada, o proceso de apertura e peche dos océanos, e a fragmentación e posterior unión dos continentes, que provoca a formación de cordilleiras, e resume todo o que suecede nos bordos construtivos e destrutivos sobre a litosfera.

ANIMACIÓNS XEOLOXÍA


Déixovos un enlace moi interesante; se picades na foto accederedes a unha web (pica en "Geodinámica Interna") onde se mostran moitas animacións de procesos xeolóxicos estudados na clase: Dorsais oceánicas, Placas Litosféricas, Ciclo de Wilson, Zonas de Subducción...etc...

viernes, 27 de septiembre de 2013

Zonas de Subducción

Durante anos sorprendeu que as zonas máis profundas do océano non se achasen no seu centro, senón xunto ás costas de illas volcánicas e continentes.
O fenómeno é perfectamente comprensible á luz da teoría da tectónica de placas e a deriva continental, como se explica a continuación.


martes, 24 de septiembre de 2013

O Gran Canón do Colorado (EUA)

Como se orixinou?... pregunta realizada por Brian Prieto (4º B - ESO)

O Canón foi creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude, conta con cordilleiras de entre 6 a 29 km de anchura e alcanza profundidades de máis de 1600 m. 

Preto de 2000 millóns de anos da historia da Terra quedaron expostos mentres o río Colorado e os seus tributarios ou afluentes cortaban capa tras capa de sedimento ao mesmo tempo que a meseta do Colorado se elevaba.

DATOS XEOLÓXICOS:

Altitude: o río Colorado corre ata a 2210 m baixo o bordo ou ribeira sur;
O bordo norte alcanza 2422 m de altura, esa diferenza respecto ao sur faino máis frío;
Ancho: a distancia entre as ribeiras ou bordos norte e sur oscila entre os 16 e 29 km, segundo o punto dende do que se mida;
Altura máxima de garganta: 1470 m;
Entre a entrada este e a saída oeste o Gran Canón dentro do parque nacional hai ao redor de 350 km e uns 446 lineais en total.


lunes, 23 de septiembre de 2013

A Foxa das Marianas

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de 108.600 kPa (unhas 1072 atm). Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica. 

O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade e unha presión de 110.000 kPa.

O cineasta estadounidense James Cameron completou con éxito a súa expedición á foxa das Marianas en Marzo de 2012, o punto máis profundo do océano, e converteuse na primeira persoa que descendeu en solitario a ese lugar.

No seguinte vídeo podedes ver como se logrou este feito histórico.



Dorsais Oceánicas

As Dorsais oceánicas son grandes elevacións submarinas situadas na parte central dos océanos da Terra. Teñen unha altura media de 2000 a 3000 metros e posúen un suco central, chamado rift, por onde sae magma continuamente dende a astenosfera, a través das fisuras do fondo do océano, e forma novos volcáns e porcións de codia oceánica.


domingo, 22 de septiembre de 2013

O Futuro dos continentes

Estamos a estudar no Tema 1 de 4º de ESO correspondente a Xeoloxía, o movemento continuo pero moi lento das masas continentais; unha das conclusións fundamentais do estudado ata agora, é que os continenetes seguiranse movendo no futuro ata ocupar posicións moi distintas ás actuais.

No seguinte vídeo (PICA na FOTO) veremos o que pasará nun futuro moi, moi lonxano.



miércoles, 18 de septiembre de 2013

A estrutura interna da Terra

Para comprender mellor todo o relevo externo do planeta, é necesario coñecer como é o noso planeta por dentro...


A Teoría da Deriva Continental

Esta teoría proposta por Alfred Wegener, postulaba un movemento continuo das masas continentais do planeta; no seguinte vídeo explícanos as probas que demostraron esta teoría xeolóxica.


Ondas sísmicas

Á hora de estudar o comportamento interno do noso planeta, son de gran axuda os TERREMOTOS.
Durante un terremoto libérase unha gran cantidade de enerxía, que se transmite polo planeta en forma de Ondas; vexamos un vídeo sobre elas...