SLIDER

jueves, 28 de marzo de 2019

Crean un novo material que bloquea o son pero deixa pasar o aire e a luz



É posible desenvolver un material polo que poida pasar o aire e a luz, pero que bloquee o 94% do son? Parece que si, segundo expoñen científicos da universidade de Boston. Acaban de publicar na revista Physical Review B un traballo no que describen a creación, mediante técnicas de impresión en 3D, dun “metamaterial” que intercepta o son mentres que o aire e a luz pasan libremente a través del.

“A idea é que agora podemos deseñar un obxecto que pode bloquear o son de calquera fonte”, explica a científica Xin Zhang. Segundo expoñen no seu artigo, comezaron calculando as dimensións e as características dun material que puidera reflectir as ondas de son que chegan a el, sen bloquear o aire ou a luz. Imprimírono en 3D, cunha forma semellante a unha rosca, e unírono a un tubo de PVC que tiña conectado un altofalante no outro extremo...ler máis.

miércoles, 27 de marzo de 2019

Recuperan actividade biolóxica nun mamut de 28.000 anos



Yuka (así o chamaron os científicos) é un mamut laúdo que viviu hai 28.000 anos en Siberia. É o protagonista dun importante logro da ciencia. Un equipo de investigadores xaponeses acaba de publicar en Scientific Reports un artigo no que dan conta da recuperación de actividade biolóxica a partir dos restos de Yuka. Os científicos recolleron as partes menos danadas de estruturas do núcleo da célula do mamut, pertencentes á médula ósea ou ao tecido muscular, e implantáronas en ovocitos de ratos vivos despois da transferencia nuclear.

E as análises demostraron a presenza de compoñentes nucleares nos restos estudados. “O noso traballo proporciona unha plataforma para avaliar as actividades biolóxicas do núcleo nas especies animais extintas”, contan os investigadores no traballo. Porén, a clonación está lonxe: “Os resultados amosan de novo a imposibilidade de facto de clonar o mamut coa tecnoloxía actual, pero a nosa achega abre o camiño para estudar estas actividades biolóxicas”, conclúen...ler máis.

lunes, 25 de marzo de 2019

EOREMA DEL TRABAJO Y LA ENERGÍA CINÉTICA

Karen Uhlenbeck, primeira muller en gañar o ‘Nobel’ das matemáticas



A Academia Norueguesa de Ciencias e Letras outorgou o premio Abel 2019, considerado o ‘Nobel’ das matemáticas, á estadounidense Karen Keskulla Uhlenbeck “polo impacto do seu traballo en análise, xeometría e física matemática”. Esta profesora da Universidade de Texastamén é unha firme defensora da igualdade de xénero na ciencia.

Karen Keskulla Uhlenbeck (Cleveland-Ohio, 1942) é o nome que anunciou hoxe a Academia Norueguesa de Ciencias e Letras, quen recoñece “os seus logros pioneiros en ecuacións diferenciais parciais xeométricas, teoría de gauge e sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo na análise, a xeometría e a física matemática”. Os seus estudos sentaron as bases para modelos xeométricos contemporáneos en matemáticas e física.

O interese da galardoada pola teoría de gauge inspirouse nos traballos dun compañeiro tamén laureado co premio Abel, o defunto Sir Michael Atiyah. Esta teoría é unha linguaxe matemática da física teórica, e as achegas de Uhlenbeck nesta área foron esenciais para a comprensión matemática moderna de modelos en física de partículas, teoría de cordas e relatividade xeral...ler máis.

viernes, 22 de marzo de 2019

Unha explosión 10 veces maior que a de Hiroshima sobre o mar de Bering



Todos os días, entre 1.000 e 10.000 toneladas de material chegan á Terra desde o espazo. A cantidade é grande, pero cae moi repartida e a Terra está practicamente deshabitada. Só o 1% do planeta está poboado, así que é normal que non percibamos que están a chover pedras. Na nosa experiencia, de toda esta materia só quedan os escintileos que producen cando se desintegran contra a atmosfera en forma de estrelas fugaces.

Pero de cando en vez chega unha roca maior con potencial catastrófico. En 2013, un meteoro explotou sobre a rexión rusa de Cheliabinsk liberando 30 veces máis enerxía que a bomba atómica de Hiroshima. Aquel foi o maior impacto rexistrado do século e deixou cristais rotos e algúns feridos leves. Hai uns días, segundo informaba Newscientist, Peter Brown, da Universidade de Ontario Occidental (Canadá), anunciou que o pasado mes de decembro outro gran impacto, provocado por un obxecto de 10 metros de diámetro, sacudiu a Terra, pero fíxoo nunha rexión tan remota que ninguén o viu...ler máis.

Calculo del trabajo en plano inclinado

sábado, 16 de marzo de 2019

As superbacterias colonizan a Estación Espacial Internacional



Onde hai humanos hai bacterias. E superbacterias. Normal, porque nos intestinos dunha soa persoa viven ao redor de cen billóns de microorganismos. Os astronautas lévanllos cando viaxan ao espazo, e alí deixan parte ao regresar á Terra. E non só os do seu microbioma, tamén outro tipo de microbios. 

O problema é que en contornas como o da Estación Espacial Internacional ( EEI), as condicións extremas poden aumentar a resistencia destes microorganismos ata convertelos en superbacterias case invulnerables aos antibióticos. Ademais, as tripulacións, tensas e illadas nun ambiente pechado e hostil (no que hai microgravedad, radiacións cósmicas…) sofren un enfraquecemento do sistema inmune...ler máis.