SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 6 BX 3º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 6 BX 3º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2014

O nariz humano é capaz de distinguir ata un billón de olores



Pode que sexa o sentido humano máis menosprezado, nun mundo no que, moi probablemente por fortuna, imperan os desodorizantes, as xabóns, a comida empaquetada e todo tipo de produtos de limpeza. Non obstante, o noso anestesiado olfacto é moito máis potente do que cremos. Investigadores do Laboratorio de Neurogenética de la Universidad Rockefeller, en Nova York, aseguran que o nariz humano pode distinguir máis dun billón de mesturas de olores, moito máis do que cría.

Ata agora, aceptábase de xeito xeral que os seres humanos diferenciamos entre 10.000 olores. Os expertos crían que este número era «ridiculamente pequeno», pero facía falta unha proba científica real.

A calidade dun olor ten múltiples dimensións, porque os olores que nos encontramos na vida real se compoñen de mesturas complexas de moléculas. Por exemplo, o olor característico da rosa ten 275 compoñentes, pero só unha pequena porcentaxe deles domina o olor percibido. Iso fai que o olor sexa moito máis difícil de estudar que a visión e o oído. A xeito de comparación, os investigadores estiman que o número de cores que podemos distinguir van entre un 2,3 e 7,5 millóns e os tons audibles nuns 340.000.

lunes, 17 de marzo de 2014

martes, 25 de febrero de 2014

O Daltonismo

O daltonismo é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e overmello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
CURIOSIDADES:

  • Os daltónicos posúen unha visión nocturna superior á dunha persoa con visión normal.
  • Os daltónicos son capaces de identificar máis tons de violeta cas persoas de visión normal.
  • A maioría dos daltónicos non sabe que posúe esta anomalía.
  • A percepción das cores varía moito dunha persoa con daltonismo a outra.
  • O pintor Vincent van Gogh sufría de daltonismo.
  • A incidencia de daltonismo é maior entre os descendentes de europeos.
  • Normalmente as cores predilectas desta alteración xenética son o azul e o vermello, por seren cores vivas.
  • Para os daltónicos o arco da vella non posúe 7 cores.

Esta imaxe é o chamado Test de Ishihara; o cal serve para detectar si eres ou non Daltónico. Si ves o número 42, non eres Daltónico.
Se picas na Imaxe poderás acceder a máis imaxes que serven como test.


jueves, 20 de febrero de 2014

Anatomía do ollo humano

O ollo humano. A vista

O ollo é un órgano que detecta a luz e é a base do sentido da vista. A súa función consiste basicamente en transformar a enerxía lumínica en sinais eléctricos que son enviados ao cerebro a través do nervio óptico.

O ollo humano funciona de forma moi similar ao da maioría dos vertebrados e algúns moluscos; posúe unha lente chamada cristalino que é axustable segundo a distancia, un diafragma que se chama pupila cuxo diámetro está regulado polo iris e un tecido sensible á luz que é a retina. A luz penetra a través da pupila, atravesa o cristalino e proxéctase sobre a retina, onde se transforma grazas a unhas células chamadas fotorreceptoras en impulsos nerviosos que son trasladados a través do nervio óptico ao cerebro.



miércoles, 19 de febrero de 2014

Tema 6 Bioloxía 3º ESO: Os órganos Efectores e os Sentidos

Os sentidos son o mecanismo fisiolóxico da percepción, e permiten percibir o que está a noso arredor, así como determinados estados internos do organismo. Aínda que tradicionalmente se falaba de cinco sentidos, hoxe en día distínguense máis, se ben os investigadores non se poñen totalmente de acordo en canto ao seu número e clasificación.

O estudo e clasificación dos sentidos lévase cabo por moitas ciencias, sobre todo as neurociencias, a psicoloxía cognitiva e a filosofía da percepción.


Curiosidades sobre os sentidos:
  • A cenoria axuda a ver na escuridade, porque ten vitamina A.
  • Cada ollo ten 6 músculos para mover o globo ocular.
  • A sensación de "destaponar" os oídos débese á trompa de Eustaquio, para equilibrar a presión do aire no oído medio.
  • Os nenos teñen o oído máis sensible que os adultos.
  • O cerebro pode habituarse aos olores, mesmo aos máis horribles. Simplemente desconecta e cesan de percibirse.
  • O noso olfacto faise máis débil á medida que envellecemos.
  • As papilas gustativas funcionan só cando a saliva disolve as substancias do alimento e pasa sobre as papilas.
  • Os bebés nacen con papilas gustativas por toda a boca. Desaparecen gradualmente, quedando reducida unicamente á lingua. As papilas están máis concentradas nos fíos da lingua.