SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 3 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 3 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de noviembre de 2013

Descobren un colosal dinosauro carnívoro



Unha nova e impresionante especie de dinosauro carnívoro, de
trinta metros de lonxitude, un dos tres máis grandes que se descubrise nunca en América do Norte, conviviu e competiu cos primeiros tiranosauros que viviron hai 98 millóns de anos e que eran relativamente pequenos.

Esta especie recén descuberta, bautizada como Siats Meekerorum, foi o principal depredador do seu tempo, papel que mantivo ata que, tras o seu declive, os tiranosauros puideron ocupar o seu lugar 30 millóns anos máis tarde.

«Pasaron 63 anos dende que foi encontrado o último depredador deste tamaño en América do Norte», comenta Lindsay Zanno, paleontóloga da Universidade Estatal de Carolina del Norte, e principal autora do artigo en Nature Communications que describe o achado. «Non» podedes imaxinar «o contentos que nos puxemos ao ver os ósos deste xigante sobresaíndo na aba».


lunes, 18 de noviembre de 2013

Houbo dinosauros en España?

SI
Na Península ibérica conviviron varias especies de dinosauros de varias rexións, sobre todo africanos e europeos. O rexistro fósil máis amplo procede do Cretácico Inferior. 
Hai varios xéneros endémicos, como Aviatyrannis do Xurásico Superior, Pelecanimimus ou Aragosaurus, do Cretácico Inferior, ou Arenysaurus do Cretácico Superior. 
Hai xéneros que tamén estiveron presentes en Europa, como Iguanodon ou Rhabdodon. 

Nesta lista (pica aquí) encóntranse os xéneros de dinosauros encontrados na Península Ibérica.

Aviatyrannis

Aragosaurus


Arenysaurus



miércoles, 13 de noviembre de 2013

O Permiano (Pérmico)

O Permiano,  foi un período xeolóxico que comezou fai 299,0 ±0,8 millóns de anos e rematou fai 251,0 ±0,4 millóns de años.

O fin do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude. 
O Permiano segue o Carbonífero e precede ao Triásico e debe o seu nome aos extensos depósitos na rexión arredor da cidade de Perm en Rusia. Os depósitos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fentos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fentos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a terra. 
Os glaciares do Carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocederon durante o Permiano.

Nese período desenvolveuse a Oroxenia Hercínica que levou á formación do gran continente chamado Pangea.


Insectos Xigantes

Vídeo da serie Parque Prehistórico (serie TV - Pica aquí para máis información)

En busca do Insecto Xigante...fai 300 Ma. 
Periodo Carbonífero.


Periodo Carbonífero

O Carbonífero é o período da Era Paleozoica que comeza fai 359,2 ±2,5 millóns de anos e finaliza fai 299,0 ±0,8 millóns de anos. É posterior ao Devónico e anterior ao Pérmico.


En Norteamérica subdivídese en Pensilvaniense e Misisipiense. En Europa existen dúas subdivisións, a Europea occidental e a Rusa, sendo ambas as dúas de difícil correlación entre elas e coa americana.

Caracterízase porque grandes extensións de bosques quedaron sucesivamente sepultadas, dando orixe a estratos de carbón
Mentres van extinguíndose os peixes primitivos, expándense os cartilaxinosos e óseos. Os anfibios invaden a terra firme e comezan o seu desenvolvemento os réptiles, que durante o período Xurásico terán o seu clímax. 
No Carbonífero superior abundan os insectos, algúns moi grandes, como as "libélula", de case sesenta centímetros con ás estendidas e árbores de ata 40 m, como o Lepidodendron. Isto explícase pola alta concentración de osíxeno na atmosfera, que segundo estimacións chegou a alcanzar o 35%.
O Carbonífero é unha época da historia da Terra moi activa dende o punto de vista tectónico. Durante este período prodúcese a Oroxenia Hercinica ou Varisca que dá lugar á formación do megacontinente Pangea. 
Climaticamente rematou cunha glaciación, durante a cal os glaciares se estenden por todo o centro e sur de Pangea.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Fauna Cámbrica


O Cámbrico é o primeiro dos seis períodos ou series da Era Paleozoica, chamada tamén Era Primaria.
Comezou fai 542,0 ±1,0 millóns de anos, ao final do Eón Proterozoico e rematou fai uns 488,3 ±1,7 millóns de anos, para dar paso ao Ordovícico.

Neste período prodúcese unha explosión de vida, e por primeira vez no rexistro fósil distínguense organismos pluricelulares máis complexos que as esponxas ou as augamares. Entre as criaturas do período cóntanse, por exemplo:


Anomalocaris é un xénero de animais extintos, pertencente á familia dos anomalocarídidos, a cal se relaciona cos artrópodos.
Posuía trazos moi rechamantes como «brazos» armados con espiñas cos que se levaba a comida á boca, ollos compostos, cunha estimación de ata 30.000 lentes por ollo, boca en forma de anel, que non podía chegar a pechar, con fileiras de dentes para triturar a comida, lóbulos laterais que rodeaban todo o corpo, entre outros.


OPABINIA. O animal estaba segmentado e posuía un exoesqueleto non mineralizado. A lonxitude total do corpo oscilaba entre os 4 e 7 cm. 
A cabeza mostraba cinco ollos pedunculados que lle terían dado a Opabinia unha visión de 360°, e unha longa e flexible probóscide. Ao final da probóscide habería algunhas espiñas que teoricamente poderían ter servido como pas para atrapar presas, e logo arrastralas cara á boca, situada debaixo da cabeza, detrás da base da probóscide.
Cada segmento do corpo presentaba un conxunto de branquias e un par de apéndices similares a aleróns que son estraños aos demais animais coñecidos da época, agás Anomalocaris. Os tres últimos aleróns formaban a cola. A diferenza dos artrópodos coñecidos a cabeza non parece estar formada por segmentos fusionados.



Pikaia é un animal coñecido a partir dos fósiles do Cámbrico Medio, encontrado preto do monte Pika (do cal provén o seu nome) nun depósito de fósiles invertebrados que datan aproximadamente de 570 millóns de anos chamado Burgess Shale na Columbia Británica. Foi descuberto por Charles Walcott e descrito por el en 1911. Baseado na obvia e regular segmentación do corpo, Walcott clasificouno como un verme poliqueto. O seu aspecto recorda o docefalocordado actual comunmente coñecido como lanceta e quizais nadaba como unha anguía.












Os Trilobites



Os trilobites son unha clase de artrópodos do subfilo dos trilobitomorfos xa extintos. Son os fósiles máis característicos da era paleozoica (era primaria). Describíronse case 4.000 especies.

Apareceron no período cámbrico (ao comezo do paleozoico), e empezaron a diversificarse xa no cámbrico inferior. Tras a extinción masiva de finais do cámbrico só sobreviviron as formas que habitaban en ambientes peláxicos, de augas profundas. Durante o ordovícico alcanzaron a súa máxima diversidade e ocuparon case todos os nichos ecolóxicos mariños.

A súa presenza na Terra delongouse durante todo o paleozoico, máis de 300 millóns de anos. Os trilobites son tan abundantes e foron tan profundamente estudados, que probablemente sexan o grupo de animais fósiles máis coñecidos.

Inicialmente consideráronse antepasados dos crustáceos (en especial da cochinilla da humidade terrestre, que comparte certas características comúns) ou ata de todos os artrópodos (xa que foron os primeiros en aparecer no rexistro fósil). 

Hoxe considéranse unha clase independente.

Déxivos un vídeo con fósiles atopados de Trilobites


miércoles, 6 de noviembre de 2013

O Futuro do SOL

O futuro do noso Planeta está intimamente ligado ao futuro da nosa estrela: O SOL.

A evolución á que están suxeitas as estrelas da súa clase acabarao levando a transformarse nun xigante vermello. Aínda falta moito tempo para iso, calcúlase que uns 5000 Ma, pero o proceso é inexorable.

Á distancia que hoxe separa o Sol da Terra, esta recibe a cantidade xusta de calor para permitir a vida. Cando o Sol comece a incharse, iso cambiará. Na súa evolución cara a unha estrela xigante vermella, o seu volume aumentará ata o punto de que o astro rei se tragará aos planetas máis próximos a el

Os primeiros planetas en ser aniquilados serán Mercurio e Venus, os máis próximos.

Logo probablemente lle tocará á Terra.



A Formación da Terra. Eón Hádico

Fai 4600 Ma...ocorreu isto:


martes, 5 de noviembre de 2013

miércoles, 30 de octubre de 2013

Xeocronoloxía

A Xeocronoloxía é a ciencia que ten como obxecto determinar a idade e sucesión cronolóxica dos acontecementos xeolóxicos na historia da Terra.
Se ocupa así mesmo de establecer as unidades xeocronolóxicas, unidades de tempo discretas, continuas e sucesivas que proporcionan unha escala temporal que cobre toda a historia da Terra. 

A rama da Xeocronoloxía que se ocupa das idades absolutas (medición cuantitativa do tempo) é a Xeocronometría, sempre con certo grao de incerteza inherente aos métodos usados, que son variados e multidisciplinares.



martes, 29 de octubre de 2013

Tema 3 Bioloxía 4º de ESO

Imos comezar o estudo do Tema 3, no cal faremos unha visión global da historia do noso Planeta, dende a súa formación ata a actualidade.

Coma introducción ao Tema, déixovos este vídeo, onde se resumen 4600 Ma en 24 horas. Interesante reflexionar sobre o tempo que levamos os seres humanos sobre o Planeta...