SLIDER

domingo, 30 de septiembre de 2012

O Ciclo de Wilson


O Ciclo de Wilson, proposto por Tuzo Wison, explícanos de forma ordenada, o proceso de apertura e peche dos océanos, e a fragmentación e posterior unión dos continentes, que provoca a formación de cordilleiras, e resume todo o que suecede nos bordos construtivos e destrutivos sobre a litosfera.

Video


Pequenos parásitos vistos a tamaño xigante


Estas peculiares criaturas poden vivir nas nosas casas, e mesmo nos nosos propios corpos. As imaxes mostran os animais ampliados cun potente microscopio e contan con cor incorporada por deseñadores.

As instantáneas foron capturadas por un fotógrafo alemán por medio de instrumentos de alta tecnoloxía. Os animais que se inclúen proceden de todas as partes do mundo.

Se picas na foto poderás acceder a unha fotogalería con máis exemplos de parásitos.

viernes, 28 de septiembre de 2012

Imaxes do Curiosity evidencian que en Marte houbo correntes de auga


O lugar no que aterrou o explorador Curiosity en Marte estivo cuberto por correntes de auga de aproximadamente un metro de altura que puideron albergar vida, informou a Axencia Espacial estadounidense (NASA).

As cámaras do Curiosity proporcionaron a primeira proba de que no planeta vermello houbo auga, polo menos nunha parte, "durante moito tempo".

O científico John Grotzinger, do Laboratorio de Ciencia de Marte da NASA, concluíu que as fotografías enviadas dende o explorador Curiosity revelan que o planeta foi "habitable", descubrindo así un dos principais obxectivos da misión.

Grotzinger precisou que a área onde tomaron as fotografías necesitaba...ler máis.


jueves, 27 de septiembre de 2012

Animacións de Xeoloxía



Déixovos un enlace (PICA AQUÍ) no cal poderedes ver unha boa colección de ANIMACIÓNS sobre a Dinámica Interna do noso Planeta. É unha moi boa ferramenta on line que vos axudará a comprender mellor moitos dos conceptos estudados, coma as Dorsais Oceánicas, Bordes entre as Placas, Hot Spots, etc...

Espero que vos axude.

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Opera y Simplifica. Ejercicio Resuelto

En la siguiente operación nos piden que operemos y simplifiquemos una división de radicales.


Método Científico: ejemplo práctico

A la hora de "trabajar" el concepto de Método Científico, la forma mas sencilla y clara de hacerlo es mediante un ejemplo práctico. 

El Método Científico es una serie ordenada de pasos a seguir para la resolución de un problema determinado.
Los pasos del método científico son:
a) OBSERVACIÓN
b) PLANTEO UN PROBLEMA
c) FORMULACIÓN DE HIPÓTESIS
d) EXPERIMENTACIÓN
e) CONCLUSIÓN (TEORÍA O LEY).


CASO PRÁCTICO         El Método Científico en BIOLOGÍA

a) OBSERVACIÓN: Observo que las hojas de los árboles son de color verde.

b) PROBLEMA: ¿Porqué las hojas de los árboles son de color verde?.

c) HIPÓTESIS:
1- Las hojas de los árboles son de color verde porque tienen un pigmento verde llamado Clorofila.
2- Las hojas de los árboles son de color verde porque realizan la Fotosíntesis (fabricación del alimento).

d) EXPERIMENTACIÓN: Para demostrar que las hojas de los árboles son de color verde hago un sencillo experimento en cual coloco en un frasco de vidrio alcohol e introduzco hojas de color verde y las coloco a hervir. Luego de hervir observo que el alcohol se ha tornado de color verde y ese color es debido a la Clorofila (pigmento verde) que poseen todos los vegetales de color verde indispensable para realizar la Fotosíntesis.

e) CONCLUSIÓN: En conclusión la Hipótesis 1 y 2 son VÁLIDAS, ya que las hojas de los árboles son verdes por la presencia de un pigmento verde llamado Clorofila, indispensable para realizar la Fotosíntesis.

Células Nai

Para rematar o Tema 1, estudamos o concepto de CÉLULAS NAI, tanto o qué son coma os tipos que pode haber. Lembramos:  

Unha célula nai é unha célula que ten a capacidade de autorrenovarse mediante divisións mitóticas ou ben de continuar a vía de diferenciación para a que está programada e, polo tanto, producir células dun ou máis tecidos maduros, funcionais e plenamente diferenciados en función do seu grao de multipotencialidad.

No seguinte vídeo podedes ver un documental sobre os últimos avances médicos que se teñen dado na investigación con células nai. É un documental do programa
Tres14 de La2 do 29 de Maio do 2011.


martes, 25 de septiembre de 2012

Zonas Subducción

Para que comprendades mellor o concepto de subducción dunha placa oceánica baixo unha continental, déixovos uns vídeos onde podedes ver animacións destas zonas tan importantes no modelado externo do noso Planeta.






Os Orgánulos Celulares

En bioloxía celular, denomínase orgánulos ás diferentes estruturas contidas no citoplasma das células, principalmente as eucarióticas, que teñen unha forma determinada. 
A célula procariota carece da maior parte dos orgánulos.
Non todas as células eucarióticas conteñen todos os orgánulos ao mesmo tempo, aparecen en determinadas células de acordo ás súas funcións.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo dos organulos mais representativos dunha célula Eucariota.



Zonas de Subducción

A subducción de placas é un proceso de afundimento dunha placa litosférica baixo outra nun límite converxente, segundo a teoría de tectónica de placas.

A subducción acontece ao longo de amplas zonas de subducción que no presente se concentran nas costas do océano Pacífico no chamado cinto de lume do Pacífico pero tamén hai zonas de subducción en partes do Mar Mediterráneo, a Antillas, a Antillas do Sur e a costa índica de Indonesia.

No seguinte vídeo atoparedes a explicación, a partires da Fosa das Marianas.




Expansión do Fondo Oceánico


A expansión dos fondos oceánicos acontece nas dorsais oceánicas, onde se forma nova codia oceánica mediante actividade volcánica (no rift da dorsal) e o movemento gradual do fondo afastándose da dorsal.

Na seguinte simulación podedes ver o proceso xeolóxico completo.


Placas Tectónicas




Unha placa tectónica ou placa litosférica é un fragmento de litosfera que se move como bloque ríxido sen que aconteza deformación interna sobre a astenósfera da Terra.

A Terra é o único planeta do sistema solar con placas tectónicas activas, aínda que hai evidencias de que en tempos remotos Marte, Venus e algún dos satélites galileanos, como Europa foron tectonicamente activos.

No vídeo poderedes ver unha simulación do noso Planeta no futuro, segundo se movan eses enormes fragmentos rochosos...curioso.





lunes, 24 de septiembre de 2012

sábado, 22 de septiembre de 2012

Os bosquimáns descenden directamente dos primeiros humanos modernos.

Segundo un estudo xenético, confírmase que os bosquimáns descenden directamente dos primeiros humanos modernos. Para dar con iso, traballouse co xenoma de 220 persoas de 11 poboacións subsaharianas.

Trátase do maior estudo africano ata a data. A investigación identifica os 6 xenes clave do desenvolvemento do cranio e o cerebro, que foron obxecto de selección darwinista naquela época.

Estímase que crearon a anatomía humana moderna nun curto prazo de tempo.




Más vídeos en Antena3

Método Científico



Según el Oxford English Dictionary, el método científico es: "un método o procedimiento que ha caracterizado a la ciencia natural desde el siglo XVII, que consiste en la observación sistemática, medición y experimentación, y la formulación, análisis y modificación de las hipótesis."

Una explicación "curiosa" la podeis ver en el vídeo extraído de una serie televisiva de los años 90, llamada EL MUNDO DE BEAKMAN; en ella nos explican las etapas del método científico mediante el ejemplo de la conductivad de la electricidad por el agua salada.






viernes, 21 de septiembre de 2012

Simplificación de Radicales

Una de las operaciones mas importantes de los radicales, es su SIMPLIFICACIÓN
En los siguientes vídeos podréis ver ejercicios resueltos y explicados de simplificación de radicales.






jueves, 20 de septiembre de 2012

Un científico ruso propón crear un elevador dende a Terra á Lúa


A xuízo do científico, ese cable pode ser fabricado con nanotubos de carbono de apenas un milímetro de diámetro, que pola súa enorme lonxitude tería un peso aproximado de 20 toneladas. Sobre o proceso, indicou que, "para transportar a carga dende a Terra ata o elevador pódense utilizar foguetes lixeiros, mentres que a carga que veña dende a Lúa se pode lanzar en paracaídas".

"Poderíase tender un elevador por cable dende a Lúa ata a Terra de 400.000 Km. O importante é que o elevador non chegue ata a superficie, senón que quede suspendido a unha altura de 50 quilómetros", sinalou Bagrov durante un ciclo de conferencias sobre cosmonáutica. Ao explicar detalles...ler máis.

O Curiosity encontra unha rocha con forma de pirámide


O robot Curiosity segue enviando fotos e encontrando obxectos na súa expedición por Marte. 
Nesta ocasión, logrou fotografar unha curiosa rocha con forma de pirámide. Ten o tamaño dunha pelota de fútbol e vai ser analizada nos próximos días.

A NASA asegura que o robot se encontra aínda a 2.5 metros da rocha. Cando chegue a ela e consiga analizala mediante o trade que leva incorporado no seu brazo, os científicos poderán descubrir os materiais que forman a súa composición.

O Curiosity percorreu unha distancia comprendida entre os 22 e 27 metros durante os seis días que leva percorrendo a superficie marciana. 
O ritmo que leva o robot está a ser moi satisfactorio e esperan poder percorrer much máis distancia nas próximas semanas.

A Célula

Dentro do Tema 1, estudaremos aspectos básicos do coñecemento celular, como é a estrutura básica dunha célula eucariota e os seus orgánulos máis representativos.

Déixovos un vídeo onde podedes repasar conceptos importantes e fecervos unha idea do interior dunha celula.


Dorsais Oceánicas


Durante a Segunda Guerra Mundial, comezouse a estudar e cartografiar o fondo oceánico, e foi nese momento cando se descubriron as Dorsais Oceánicas.

As dorsais oceánicas son grandes elevacións submarinas situadas na parte central dos océanos da Terra. Teñen unha altura media de 2000 a 3000 metros e posúen un suco central, chamado rift, por onde sae magma. Avanza 2,4 cm/ano.

VÍDEO


Os Continentes...Pasado e Futuro

A Deriva Continental é unha teoría que tenta explicar o movemento dos continentes dende que estaban todos xuntos formando o supercontinente PANXEA, ata a disposición actual.

No seguinte vídeo podedes ver a evolución do movemento continental, dende fai 450 Ma (millóns de anos) ata 250 Ma...no futuro.

Curioso...


Radicales 4º ESO

Empezamos el Tema 1 de Matemáticas "repasando" conceptos fundamentales de Radicales. En los siguientes vídeos podréis encontrar ejercicios "básicos" resueltos y explicados de radicales.

Un buen repaso... espero que os ayude.






miércoles, 19 de septiembre de 2012

O Corpo Humano

Comezamos en 3º de ESO o estudo Tema 1, explicando a composición do corpo humano, asi como a súa complexa estrutura interna.

Como presentación do Tema déixovos este vídeo onde nos presentan o corpo humano en cifras...


martes, 18 de septiembre de 2012

Aplicación TIC "Xeodinámica Interna"



Ao comezo do Tema 1 de Bioloxía e Xeoloxía en 4º de ESO, correspondente á Tectónica de Placas, estudamos a estructura interna do noso planeta, coas distintas capas que conforman o interior do Planeta.

Como recurso TIC, que vos pode axudar a comprender mellor os conceptos explicados, déixovos un enlace que vos dirixirà a unha páxina web, onde  atoparedes animacións, textos e debuxos explicativos de fenómenos xeolóxicos internos.

Espero que vos axude... ENLACE (pica aquí).


jueves, 13 de septiembre de 2012

Nova York prohíbe a venta de refrescos xigantes



A Xunta de Saúde de Nova York aprobou hoxe a proposta do alcalde da cidade, Michael Bloomberg, de prohibir a venda de refrescos e bebidas azucradas de gran tamaño en restaurantes, cines, carriños na rúa e outros establecementos para loitar contra a obesidade.

Os responsables de sanidade da cidade aprobaron, por oito votos a favor e unha abstención, o veto á comercialización dos refrescos en envases superiores ás 16 onzas (464 mililitros) na Gran Mazá, un plan que desvelou Bloomberg hai menos de catro meses e que entrará en vigor en marzo do ano que vén.

O Departamento de Saúde da cidade desvelou o xoves que ata agora recibira un total de...ler máis.

Dez Misterios da Ciencia sen Resolver



Existe unha lista dos dez misterios mais importantes para a ciencia moderna. 
Por exemplo: De que está feita a realidade?. Como funciona o efecto placebo?. O sinal WOW?... se queres saber en consisten e calos son os restantes da lista, pica aquí.


Imaxes do mundo microscópico



As fotografías do máis pequeno revélannos un mundo fascinante que non podemos ver a simple vista.

Se picas na imaxe, accederás a unha galería das mellores imaxes do mundo Microscópico.


Por que os días da semana teñen a orde que teñen?



A explicación da orde actual dos nomes dos días é mérito de Dio Cassius, un historiador cristián do século III
Segundo Cassius, os astrólogos asignaron as 24 horas de cada día da semana aos sete obxectos celestiais errantes nunha secuencia cíclica.

A primeira hora do primeiro día da semana foi asignada a Saturno e as seguintes a Xúpiter, Marte, o Sol, Venus, Mercurio e a Lúa respectivamente. Así a oitava hora do primeiro día volveu ser asignada a Saturno, e tamén a décimo quinta e a vixésimo segunda. Seguindo o ciclo durante todas as horas e días da semana, as primeiras horas dos días seguintes serían asignadas ao Sol, á Lúa, Marte, Mercurio,Xúpiter e Venus respectivamente.

Polo tanto, cada día da semana recibiu o nome do planeta que tiña asignada a primeira hora. Así, a secuencia dos días quedou en:Saturno, Sol, Lúa, Marte, Mercurio, Xúpiter e Venus, que corresponde aos nosos días sábado, domingo, luns, martes, mércores, xoves e venres. 

E recordade que para os xudeus a semana empeza en sábado, o Shabbat, denominación que provén do nome do planeta Saturno en hebreo, Shabbetai, como se pode ver no Talmud de Babilonia.



O Val da Morte (California) recupera o récord de temperatura 90 anos despois



O Val da Morte, en California, volve ser oficialmente o lugar no que se mediu a temperatura máis alta do planeta. 

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), tras unha extravagante e minuciosa investigación, quitoulle o primeiro posto á localidade libia de Al Azizia, que dende o 13 de setembro de 1922 figuraba cun récord de 58 graos centígrados. 
Pero a OMM considera agora que esa medición foi produto dun observador aprendiz que errou por uns sete graos ao ao ler mal o termómetro, que tamén era novo e dun modelo problemático. O récord volve a California, onde o 10 de xullo de 1913 se mediron 56,7 graos.

Entre 2010 e 2011, un grupo expertos liderado por científicos da Universidade de Arizona revisaron...ler máis.

Un afeccionado á Astronomía capta unha explosión en Xúpiter

Chámase Dan Peterson Racina, vive en Wisconsin, é un afeccionado á Astronomía e fixo que o seu nome circule hoxe por todo o mundo.

A súa 'fazaña' consistiu en captar o que parece ser unha explosión en Júpiter. Pódese ver unha bóla de lume nas capas de nubes do planeta, en apenas uns segundos.

Foi un fulgor de cor branca brillante, segundo dixo Dan. Un fulgor gravado por outro astrónomo afeccionado, George Halle, de Dallas.

A bóla de lume no planeta puido ser causada, probablemente, polo impacto dun pequeno asteroide ou papaventos, algo que xa sucedeu en anteriores ocasións, como nos meses de xuño e agosto de 2010.


VER VÍDEO




Más vídeos en Antena3

Identifican unha nova especie de mono africano, o 'Lesula'

Un Hamlyni adulto e a dereita, a nova especie, Cercopithecus lomamiensis 

Investigadores da Universidade de Yale identificaron unha nova especie de mono africano. Trátase de Cercopithecus lomamiensis coñecido co nome común de 'Lesula', segundo publica un informe presentado na revista 'Plos ONE'. 
É a segunda especie dun mono africano descuberto nos últimos 28 anos. O primeiro 'Lesula' identificado foi un exemplar novo cativo, achado en 2007 na cidade de Opala, na República Democrática do Congo.

Os monos 'Lesula' viven os bosques tropicais das terras baixas do centro da República Democrática do Congo. Os datos examinados, tanto morfolóxicos como xenéticos confirman que esta é unha nove especie, pero ten un conxénere moi próximo o Cercopithecu Hamlyni. Estes dúas comunidades están separadas xeograficamente polo Congo como polo riu Lomami.

Estes Cercopithecus lomamiensis son semiterretres e sobreviven grazas a unha dieta que contén vexetación herbácea terrestre. Os investigadores describen no seu traballo estes monos como especies de tamaño medio, con extremidades longas e un corpo delgado. Pel facial ispe, pálpebras e pavillóns auriculares de cor gris, pasando ao rosáceo pálido ao marrón.

lunes, 10 de septiembre de 2012

A sonda espacial Voyager I alcanza o límite do sistema solar

A sonda espacial Voyager 1 alcanzou o límite do sistema solar, ampliando o seu récord de ser o obxecto feito polo SER HUMANO que máis lonxe chegou no espazo.
Segundo un comunicado do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA en Pasadena, California, a nave espacial está a enviar datos á Terra mostrando un marcado incremento nas partículas cargadas que se orixinan moito máis alá do sistema solar.
"Os científicos do Voyager que...ler máis.



VÍDEO DA NASA