SLIDER

miércoles, 31 de mayo de 2017

Estequiometria Ejercicio TODO EN UNO (R. Limite, Exceso, Pureza, Rendimiento, Soluciones, Gases,)

jueves, 18 de mayo de 2017

As cianobacterias, al Orixe da Atmosfera


Foron durante moito tempo clasificadas como algas, ben na división Cyanophyta, ben na clase Cyanophyceae (por iso se lles chamou cianofíceas) e estudadas polos botánicos. Actualmente sábese que estes organismos non teñen relación filoxenética con ningún dos grupos de algas, a non ser como probábeis antepasados bacterianos dos cloroplastos —ver teoría da endosimbiose— e atópanse clasificados como un filo co nome Cyanobacteria (ou división, para os botánicos) dentro do dominio Bacteria.



miércoles, 17 de mayo de 2017

Existe algún truco matemático para gañar a lotería? Experimento cunha Primitiva

Elba, a pastora ‘galega’ de hai 9.300 anos



Medía un metro e medio. Era intolerante á lactosa. Tiña unha cicatriz na cabeza, padecía artrose e sufría dor de moas. Un día de hai 9.300 anos camiñaba por unha senda de montaña, preto de Pedrafita do Cebreiro. E caeu accidentalmente nunha sima, xunto cos tres exemplares de uro -un xigante vacún xa extinto- que compoñían o seu rabaño. Agora, 93 séculos máis tarde, esta pastora ten nome: Elba, unha homenaxe á palabra nunha lingua celta que significa ‘a que vén dos montes’. 

E os que a ‘bautizaron’ son científicos do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, xunto a prestixiosos xenetistas galegos que veñen de documentar a vida da muller ata agora descoñecida.

Os restos de Elba foron atopados na chamada Cova do Uro. Primeiro o cráneo en 1996 e logo os outros restos. Agora, a revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico da Laxe, do Instituto Parga Pondal, publica unha exhaustiva investigación, que ofrece todos os datos sobre esta muller do Mesolítico.

Estequiometria: problemas de reacciones químicas

viernes, 12 de mayo de 2017

A cova máis grande do mundo vista dende un dron

Dentro do Tema 9 de Xeoloxía de 3º de ESO, estudamos os relevos orixinados por un tipo de rocha: a Calcaria; un dos relevos máis espectaculares son as covas.

Como exemplo, a Gruta de Son Hoòng, en Vietnam, foi atopada en febreiro de 2009 cando un grupo de científicos británicos da Asociación Británica de Investigación de Cuevas, dirixida polo matrimonio Howard e Limbert Deb, realizaba unha enquisa en Phong Nha-Ke Bang do 10 ao 14 de abril de 2009. 

Un home local tiña descuberto a caverna en 1991, pero non podía lembrar a maneira de chegar a ela. A finais de marzo ao 14 de abril de 2009, axudou aos exploradores para cruzar o paso do bosque de 10 quilómetros para acceder á boca de caverna.