SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 2 BX 3º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 2 BX 3º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de noviembre de 2012

Actividades On-line Tema 2 Bioloxía 3º ESO


Déixovos un enlace, onde poderedes repasar distintos conceptos estudados no Tema 2 de Bioloxía de 3º ESO, mediante a resolución e corrección online dunha serie de actividades.

Para acceder ás actividades pica na foto.


Documental "Os Alimentos do Futuro"

O programa "Tres14" de la2 de TVE, emitiu unha reportaxe sobre o futuro da nosa alimentación.
Resulta moi interesante para saber qué comeremos no futuro.

Para ver o documental pica na Foto.


Alimentación Saudable


O vídeo presenta información básica sobre nutrición. Trata a relación entre a alimentación e enfermidades. Describe os nutrientes esenciais
Ademais presenta comida lixo que se debe evitar
, e dá suxestións de alimentación diaria.

Moi interesante para ter en conta na nosa alimentación e tamén para repasar conceptos estudados.




jueves, 1 de noviembre de 2012

Repaso. Os Nutrientes

Déixovos este vídeo onde podedes repasar conceptos estudados sobre os Nutrientes que necesita o noso corpo para poder realizar todas as suas funcións.


domingo, 14 de octubre de 2012

As Proteínas: Funcións

Un dos nutrientes que máis funcións distintas cumpre no noso organismo, son as PROTEINAS.

Funcións Encimáticas, Reguladoras, Estructurais, e moitas máis recollidas no seguinte vídeo.


Os Glícidos

Os glícidos ou hidratos de carbono son biomoléculas compostas por carbono, hidróxeno e osíxeno
A glicosa, o glicóxeno e o amidón son as formas biolóxicas primarias de almacenamento e consumo de enerxía; a celulosa forma a parede celular das células vexetais e a quitina é o principal constituínte do exoesqueleto dos artrópodos.

En 3º de ESO estudamos tanto a sua composición química coma as suas funcións nutricionais.

Vexamos un vídeo sobre eles.


sábado, 13 de octubre de 2012

Alimentación. Tres14 - La2

No segundo tema de Bioloxía, estudaremos conceptos relacionados coa nosa alimentación: nutrintes, grupos de alimentos, dietas, etc... 

Relacionado con todo isto, déixovos unha reportaxe do programa de Tv "tres14" de "La2".


miércoles, 10 de octubre de 2012

Tema 2: ALIMENTACIÓN e NUTRICIÓN

Comezamos o estudo do Segundo tema de Bioloxía de 3º de ESO, no cal traballaremos os conceptos mais importantes da Alimentación como da Nutrición do ser humano.

Como presentación do tema, déixovos unha campaña publicitaria da ONG "Acción contra a Fame" na que estudou o comportamento do ser humano cando se enfronta á realidade dun mundo mal repartido.


Mira e Pensa...