Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
sábado, 25 de febrero de 2012
O Ser Humano...un Animal único (REDES)
Déixovos unha reportaxe do programa de TV "Redes", onde se reflexiona sobre as características que fan do ser humano un ser vivo ÚNICO.
O seguinte enlace (PICA AQUÍ) mandaravos á web de RTVE, nesa páxina hai un vídeo de REDES titulado "No éramos únicos. Ahora lo somos".
miércoles, 15 de febrero de 2012
Os Neandertales
Pero os últimos descubrimentos póñeno en dúbida. Os seus restos fálannos de que os neandertales tiñan a súa cultura, os seus ritos funerarios... A península ibérica foi, ao parecer, un dos últimos lugares que habitaron.
Tres14 (Programa TV - La2) falou sobre eles con algúns expertos reunidos no Congreso Internacional sobre Neandertales na Península Ibérica, organizado pola Universidade de Barcelona.
Si queres ver o vídeo PICA AQUÍ.
Actividades On-line sobre a Evolución
Déixovos o enlace dunha web onde podedes realizar e correxir distintas actividades relacionadas co Tema de Evolución, tanto da Vida como do propio ser Humano.
Espero que vos sirva para repasar e aclarar conceptos do tema.
Para ir á web PICA AQUÍ.
lunes, 13 de febrero de 2012
A "Eva" Mitocondrial...a AVOA da Humanidade
Por iso, se seguimos a liña xenealóxica por vía materna de cada persoa na árbore xenealóxica de toda a humanidade, Eva mitocondrial correspondería a un único antepasado feminino da que diverxe toda a poboación actual de Homo sapiens (seres humanos).
Baseándose na técnica de Reloxo molecular, os investigadores cren que Eva viviu aproximadamente hai 150.000 anos ou como máximo 200.000 anos.
martes, 7 de febrero de 2012
O Museo da Evolución Humana
O Museo da Evolución Humana de Burgos, aberto dende o 2010, axuda mellor a entender a orixe do home e a súa evolución.
Tamén ten un espazo adicado a que o público coñeza todos os descubrimentos realizados na Serra de Atapuerca.
Déixovos un vídeo promocional do Museo.
Tamén ten un espazo adicado a que o público coñeza todos os descubrimentos realizados na Serra de Atapuerca.
Déixovos un vídeo promocional do Museo.
sábado, 4 de febrero de 2012
Actividades: Apuntes Evolución Humana
Xa podedes descargar as actividades correspondentes aos apuntes sobre a EVOLUCIÓN DO SER HUMANO.
Identifican unha terceira ruta de expansión do Neolítico na Península Ibérica
Un equipo internacional liderado por científicos españois descubriu unha nova vía de entrada da cultura neolítica na zona Mediterranea, polo sur de España. A chamada 'ruta do Magreb' explicaría os trazos de identidade propios do Neolítico neste área.
As rutas de chegada da cultura neolítica á Península Ibérica foron discutidas dende hai case un século. Tradicionalmente, acéptase que se produciu unha primeira expansión pola marxe setentrional do mar Mediterráneo, e unha segunda, marítima, que chegou ás Illas Baleares dende Chipre.
Agora, un equipo multidisciplinar liderado pola Universidade de Sevilla puxo en evidencia unha terceira ruta, o Magreb, que explica os trazos propios...ler máis
miércoles, 1 de febrero de 2012
De rato a elefante en 24 millóns de xeracións
Canto tardaría a evolución en facer un elefante a partir dun animal do tamaño dun rato? Uns científicos teñen a resposta: 24 millóns de xeracións.
Un cambio menos radical, partindo do tamaño do coello, levaría 10 millóns de xeracións.
Non obstante, o cambio en dirección inversa é moito máis rápido: unhas 100.000 xeracións abondan para pasar do xigantismo ao ananismo.
Unha vintena de biólogos e paleontólogos realizaron unha investigación a grande escala de evolución do tamaño en mamíferos dende a desaparición dos dinosauros, hai 65 millóns de anos, e é un estudo...ler máis
O elo perdido?...
Darwinius masillae é unha especie extinta de PRIMATE.
O único fósil coñecido desta especie encontrouse en 1983 no sitio fosilífero de Messel, a uns 35 Km ao sueste de Fráncfort (Alemaña).
Ten un papel destacado no estudo da evolución dos primates. Cando foi descuberto, dividiuse en dúas partes para venderse por separado a diversos afeccionados, non téndose noticias deste ata o ano 2006. Alcumóuselle co nome de "Ida" en honor á filla de Jørn Hurum, o paleontólogo noruegués que garantiu a busca dunha parte dos fósiles.
Ida é unha mostra dunha extinción de especies primatesfilogenéticamente ancestrais que viviron hai 47 millóns de anos. Dise que é importante como unha forma transitoria (o chamado "elo perdido") entre o principios dos primates primitivos e os simios.
Ida é unha mostra dunha extinción de especies primatesfilogenéticamente ancestrais que viviron hai 47 millóns de anos. Dise que é importante como unha forma transitoria (o chamado "elo perdido") entre o principios dos primates primitivos e os simios.
Gorilas que sorrín...Humanos tamén
Ao mostrar os dentes aos seus compañeiros lles están a dicir que non van danalos, conclúen científicos da Universidade de Plymouth (Reino Unido) nun estudo que publica a revista American Journal of Primatology.
Estas condutas permitan explicar a orixe do sorriso e a risa en seres humanos, explican os autores.
Os investigadores aseguran...ler máis
Os investigadores aseguran...ler máis
martes, 31 de enero de 2012
A Poliploidia
A poliploidía defínese como o fenómeno polo cal se orixinan células, tecidos ou organismos con tres ou máis xogos completos de cromosomas desta ou distintas especies ou con dous ou máis xenomas de especies distintas. Este é un dos métodos de especiación que posúen os seres vivos, é aleatorio e moi frecuente en prantas.
No seguinte vídeo podedes ver unha detallada explicación do proceso.
domingo, 29 de enero de 2012
A Evolución do Ser Humano. Apuntes
Xa podedes descargar os apuntes correspondentes ao estudo da Evolución do Ser Humano.
viernes, 27 de enero de 2012
miércoles, 25 de enero de 2012
Probas da EVOLUCIÓN
Unha vez formulada a teoría da Evolución, os científicos levan realizando estudos que axuden a demostrala.
Despoís de anos de investigación, existen unha serie de probas irrefutables, que dan validez á Teoría da Evolución.
Estas probas están explicadas nunha serie de vídeos que vos presento a continuación:
(Pincha en cada unha das súas partes)Audio: Ingles - Subtitulado: Castelán
PARTE 1 PARTE 2 PARTE 3
PARTE 4 PARTE 5 PARTE 6
lunes, 23 de enero de 2012
Descobren nun armario fósiles perdidos de Charles Darwin
Trátase de exemplares de madeira fósil recompilados por Darwin durante a súa histórica viaxe co barco "Beagle" en 1834, cando empezou a acuñar a teoría da evolución.
As mostras do científico encontráronse mesturadas con outras datadas tamén de hai máis de 160 anos que foran depositadas no mesmo caixón dun armario situado nos sotos dese centro de ciencias xeolóxicas, na localidade de Keyworth (centro de Inglaterra).
O responsable do achado foi o paleontólogo Howard Falcon-Lang, da Universidade de Londres, quen se decatou do moble...ler máis
Charles Darwin
Charles Darwin é sen dúbida ningunha unha das personalidades que máis representaron para o avance da ciencia na historia da Humanidade, os seus estudos sobre a Evolución e sobre todo, o descubrimento da Selección Natural, marcou o novo rumbo da Bioloxía.
Naceu en Shrewsbury, Shropshire o 12 de febreiro de 1809 no seo dunha familia acomodada da Inglaterra Vitoriana. "A Orixe das especies por selección natural" púxose á venda o 24 de novembro de 1859, esgotándose ese mesmo día, en xaneiro de 1860 saíu a segunda edición, chegando a seis edicións en vida de Darwin.
Naceu en Shrewsbury, Shropshire o 12 de febreiro de 1809 no seo dunha familia acomodada da Inglaterra Vitoriana. "A Orixe das especies por selección natural" púxose á venda o 24 de novembro de 1859, esgotándose ese mesmo día, en xaneiro de 1860 saíu a segunda edición, chegando a seis edicións en vida de Darwin.
Dende entón non deixou de editarse sendo traducido a máis de trinta idiomas. A súa publicación constituía unha revolución científica similar ás que causaron Galileo, Copérnico e Newton no seu momento, e ademais como Darwin prevía causou unha auténtica conmoción na conservadora sociedade británica do século XIX, que o consideraba como unha herexía.
Por iso recibiu os máis feroces e insultantes ataques á súa persoa durante o resto da súa vida.
No seguinte vídeo podedes repasar a Teoria da Evolución, según Darwin.
domingo, 22 de enero de 2012
Evolución Actualidade
Pyrgus cinarae |
Pyrgus sidae |
Un estudo internacional publicado na revista Journal of Biogeographye no que participan biólogos da Universidade Autónoma de Madrid mostra como dúas especies de bolboretas con características e distribucións xeográficas similares teñen historias evolutivas diferentes.
Pyrgus cinarae e Pyrgus sidae son dúas especies de bolboretas do mesmo xénero cuxas distribucións xeográficas son moi parecidas: ambas as dúas teñen pequenas poboacións na Península Ibérica que están a máis de mil quilómetros doutras poboacións da súa mesma especie. Non obstante, segundo constata un estudo publicado na revista Journal of Biogeography, as historias evolutivas que produciron estas semellanzas de distribución en ambas as dúas especies son moi diferentes.
Para constatar isto os autores...ler máis
viernes, 20 de enero de 2012
Tema 5 Bioloxía 4º ESO
"A Evolución Biolóxica", así se titula o tema que comenzaremos en Bioloxia de 4º de ESO.
Entre outros conceptos, estudaremos as principais teorías evolutivas así como a propia evolución humana.
Como introducción déixovos a portada da obra máis importante e influinte á hora de explicar a evolución das especies do no noso Planeta ao longo de millóns de anos; trátase da " A Orixe das Especies" de Charles Darwin (1809 - 1882).
Entre outros conceptos, estudaremos as principais teorías evolutivas así como a propia evolución humana.
Como introducción déixovos a portada da obra máis importante e influinte á hora de explicar a evolución das especies do no noso Planeta ao longo de millóns de anos; trátase da " A Orixe das Especies" de Charles Darwin (1809 - 1882).
domingo, 15 de enero de 2012
Tema 5 Bioloxía 4º ESO: A Evolución Biolóxica
Dentro do Tema 5 estudaremos as teorias que se deron ao longo dos séculos para poder explicar como xurdiu a vida no noso planeta.
O pasado 22 de Agosto de 2011, un grupo de científicos australianos e ingleses, fixeron público o achazgo das bacterias máis antiguas do planeta; datan dende fai 3400 millóns de anos. A investigación, conxunta entre a Universidade de Australia Occidental e da Universidade de Oxford do Reino Unido, realizouse na zona de Strelley Pool, na rexión de Pilbara.
Estes fósiles, achados en bo estado de conservación entre grans de area nunha rocha sedimentaria prehistórica, pertencen a bacterias que necesitan o sulfuro para subsistir.
"Proporcionamos a primeira evidencia de microorganismos que empregan sulfuro no seu metabolismo", sinalou o líder da investigación, David Wacey, da Universidade de Australia Occidental, en declaracións citadas polo Sydney Morning Herald.
Os investigadores utilizaron técnicas moi sofisticadas para...ler máis
Suscribirse a:
Entradas (Atom)