Déixovos o Power Point do Tema 8: A Terra un Planeta en continuo CAMBIO
Está dividido en dúas partes:
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 8 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 8 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
domingo, 15 de abril de 2012
viernes, 13 de abril de 2012
A Evolución: 550 Millóns de Anos ...en 5 minutos
Despois de ter estudado o Tema 8, no que fixemos un percorrido histórico polas distintas idades do Planeta, déixovos un vídeo resumo da EVOLUCIÓN da VIDA no Planeta Terra...tan só en cinco minutos. Curioso.
lunes, 9 de abril de 2012
Preguntas de Exame. Tema 8 Bioloxía 4º ESO - Historia da Terra
Déixovos as preguntas sobre os apuntes da Historia da Terra dentro do estudo do Tema 8 de Bioloxía 4º de ESO.
martes, 3 de abril de 2012
O cranio de Dinosauro máis grande de Europa
A Fundación Conxunto Paleontolóxico de Teruel-Dinópolis presentou hoxe o cranio do dinosauro máis grande de Europa, o Turiasaurus Riodevensis.
Trátase da peza máis relevante que recuperou e permite completar o esqueleto do chamado 'Xigante Europeo'.
Este cranio é un dos tres únicos que existen en todo o mundo deste tipo de dinosauros xa que son extremadamente fráxiles e rara vez se conservan.
Non obstante, nesta ocasión, púidose recuperar información do 70% do cranio de Turiasaurus.
domingo, 1 de abril de 2012
Os Dinosauros, por: Tres14 (TV)
"Os dinosauros son os maiores animais que viviron sobre a Terra. Non obstante, non todos eran xigantes; algúns apenas tiñan o tamaño dunha galiña.
En 2003 apareceron en Teruel restos fósiles do maior dinosauro encontrado en Europa: o turiasaurios riodevensis. Calculouse que medía 30 metros e pesaba 40 toneladas.
Paleontólogos como José Luis Sanz e Francisco Ortega, fálannos dos depósitos máis importantes da península e Angel Galobart e Bernat Vila fálannos do uso de técnicas láser para localizar pegadas e fósiles..."
Este á o argumento central desta reportaxe feita polo equipo do programa de televisión de La2, "Tres14", sobre o que sabemos sobre os dinosauros na actualidade, especialmente dos descubertos na Península Ibérica.
Moi recomendable.
Para ver a reportaxe, PICA na foto.
sábado, 31 de marzo de 2012
O Mesozoico: Era dos Dinosaurios
Abarca dende comezos do Triásico (hai aproximadamente 251 millóns de anos) ata o final do Cretácico (hai aproximadamente 66,5 millóns de anos).
O Mesozoico foi un tempo de grandes cambios tectónicos, climáticos e evolutivos.
A vida animal durante o Mesozoico foi dominada, por grandes réptiles arcosaurianos que apareceron só uns poucos millóns de anos despois da extinción de finais do Permiano: dinosauros, pterosaurios e réptiles acuáticos.
Os Dinosauros dominaron o Planeta durante 160 Millóns de Anos, un xeito distinto de ver como eran e vivían estes animais, pódemola ver nunha serie docuemntal, que é un Especial basado no documental "CaminaNdo entre Dinosaurios".
Nel podemos ver un safari virtual á era dos dinosaurios. Déixovos os enlaces das partes:
jueves, 29 de marzo de 2012
Fósil de Amonita
As amonitas eran criaturas depredadoras parecidas ás luras que vivían no interior de cunchas con forma de espiral. Ao igual que outros cefalópodos, as amonitas tiñan fauces afiadas en forma de pico, situadas no interior dun anel de tentáculos que se estendía dende a cuncha para atrapar presas, como pequenos peixes e crustáceos.
As amonitas apareceron hai uns 240 millóns de anos, se ben eran descendentes duns cefalópodos de cuncha lineal chamados bactritis, cuxa existencia se remonta ao período devónico, hai uns 415 millóns de anos. As amonitas criaban en grandes números e formaban bancos. Hoxe en día encóntranse entre os fósiles máis abundantes. Extinguíronse á vez que os dinosauros, hai 65 millóns de anos.
domingo, 25 de marzo de 2012
A historia da Terra en 24 horas
Curioso vídeo onde comparan os 4600 Ma do noso planeta coa duración dun día completo. Os seres humanos aparecemos ao final do día...
jueves, 22 de marzo de 2012
Idades da Terra. Apuntes
Déixovos os apuntes teóricos sobre as Idades do Planeta, correspondentes ao Tema 8 de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO.
miércoles, 21 de marzo de 2012
Como se sabe a idade da Terra?
Os xeólogos e xeofísicos modernos consideran que a idade da Terra é duns 4440 - 4551 millóns de años.
Esta idade foi determinada mediante técnicas de datado radiométrico de material proveniente de meteoritos e é consistente coa idade das mostras máis antigas de material da Terra e da Lúa.
Coa chegada da revolución científica e o desenvolvemento dos métodos de datado radiométricos, realizáronse medicións da presenza de chumbo en mostras minerais ricas en uranio, que indicaron que algunhas tiñan unha idade que superaba os 1000 millóns de años.

O máis antigo destes minerais que foi analizado son uns pequenos cristais de zirconio da zona de Jack Hills en Australia Occidental.
No seguinte vídeo atoparedes a explicación radiométrica...
No seguinte vídeo atoparedes a explicación radiométrica...
Novo atlas do universo infravermello
O telescopio espacial de infravermellos Wide-field Infrared Survey Explorer (WISE) da NASA acaba de facilitar un mosaico de imaxes que permiten xerar un novo mapa do universo.
Aínda que o ceo nos rodea en tres dimensións, pódese proxectar en 2 D mediante técnicas cartográficas.
Tres das catro lonxitudes de onda que detecta WISE utilizáronse para xerar a imaxe final. O ciano (azul-verdoso) representa a luz emitida principalmente por estrelas e galaxias nunha lonxitude de onda de 3,4 microns (Un micrómetro equivale a unha milésima de milímetro).
Pola súa parte, o verde e o vermello representan a luz que emite o po cósmico a 12 e 22 microns, respectivamente.
jueves, 15 de marzo de 2012
Terra "Bola de Neve"
Terra bóla de neve é o nome dunha teoría paleoclimática que sostén a ocorrencia durante o período Crioxénico dunha ou varias glaciacións de escala global, durante as cales a totalidade dos continentes e océanos da Terra quedaron cubertos por unha grosa capa de xeo e alcanzaron temperaturas medias de -50 °C.
A Terra sucaría entón o espazo como unha gran bóla branca de xeo, de aí o seu evocador nome.
Crese que o desencadeante principal puido ser un descenso na concentración atmosférica dos gases de efecto invernadoiro como o CO2 e CH4.
Crese que o desencadeante principal puido ser un descenso na concentración atmosférica dos gases de efecto invernadoiro como o CO2 e CH4.
Curiosamente este descenso situaría a súa concentración en niveis similares aos actuais, non obstante debe recordarse que fai 900 ma o Sol era aproximadamente un 6% máis débil e a terra precisaba dun maior efecto invernadoiro para obter temperaturas "habitables".
Vídeo explicativo
martes, 13 de marzo de 2012
O Universo
Houbo un tempo en que crémonos uns privilexiados. Eramos o centro do Universo e todo estaba aí á nosa disposición. Pero a cosmoloxía chegou para baixar os fumes.
Aprendemos que só somos un planeta máis. Que o noso Sol é unha estrela de tantas e que a Vía Láctea é unha galaxia como outras moitas. Canto máis vemos do Universo máis pequenos facémonos. Pero non abonda con mirar ao ceo e marabillarse.
A aventura de descubrir o Universo require dunha Ciencia: a cosmoloxía.

O programa de TV "Tres catorce" preséntanos nunha reportaxe o noso Universo. Intenta responder a cuestións como: que é o Universo?, como é de grande?, cal foi e é a súa evolución?, cal é o seu destino?...etc.
O enlace do vídeo (PICA AQUÍ)
O Comezo de Todo: O Big Bang
En cosmoloxía física, a teoría do Big Bang é un modelo científico que trata de explicar a orixe do Universo e o seu desenvolvemento posterior a partir dunha singularidade espaciotemporal.
O termo "Big Bang" utilízase tanto para referirse especificamente ao momento no que se iniciou a expansión observable do Universo (cuantificada na lei de Hubble), como nun sentido máis xeral para referirse ao paradigma cosmolóxico que explica a orixe e a evolución deste.
No seguinte vídeo podedes ver unha explicación sinxela.

lunes, 12 de marzo de 2012
Un asteroide rozará a órbita da Terra en Febreiro de 2013
O Observatorio Astronómico de Mallorca informou nun comunicado de que un asteroide cruzará por debaixo das órbitas dos satélites xeoestacionarios o día 15 de febreiro de 2013, e que o seu impacto contra a Terra está completamente descartado.
O descubrimento do asteroide, denominado 2012 DA14, levouse a cabo o 22 de febreiro de 2012 dende a estación robótica de La Sagra, que está situada na serra granadina e pertence ao Observatorio Astronómico de Mallorca.
2012 DA14 é un corpo do tipo Apollo e ten unha órbita moi similar á da Terra, cun período orbital de 366,24 días, un día máis que o ano terrestre. A súa pequena excentricidade fai que se desprace en torno a ela durante as próximas décadas.
Durante a metade do ano móvese e acompaña interiormente á Terra, coa que se cruza para pasar á súa parte exterior o resto do ano.
A pesar de que non hai risco de impacto, a súa órbita desviarase de forma considerable pola gravidade terrestre, o que xerará certa incerteza...ler máis.

Vídeo da noticia:
Más vídeos en Antena3
Cómo se formou a nosa Lúa?
A hipótese xeral hoxe en día é que o sistema Terra-Lúa se formou como resultado dun grande impacto: un corpo celeste do tamaño de Marte colisionou coa nova Terra, voando material en órbita arredor desta, que se fusionou para formar a Lúa.
Crese que impactos xigantescos eran comúns no Sistema Solar primitivo.
No seguinte vídeo explican a teoría anterior.
No seguinte vídeo explican a teoría anterior.
Tema 8: A Terra un Planeta en Continuo Cambio (Bioloxía 4º ESO)
No Tema 8 de Bioloxía en 4º de ESO, estudaremos tanto a formación como a evolución do noso Planeta. Así mesmo estudaremos as Eras máis importantes polas que leva transcorrida a historia do Planeta.
Como introducción ao Tema déixovos este vídeo onde nos explican a teoría da formación do noso Planeta no universo, fai uns 4500 Millóns de Anos.
Como introducción ao Tema déixovos este vídeo onde nos explican a teoría da formación do noso Planeta no universo, fai uns 4500 Millóns de Anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)