Mostrando entradas con la etiqueta Tema 6 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 6 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas
martes, 14 de abril de 2015
lunes, 13 de abril de 2015
jueves, 9 de abril de 2015
Terapia Xénica
A TERAPIA XÉNICA é un tratamento médico que consiste en manipular a información xenética de células enfermas para corrixir un defecto xenético ou para dotar as células dunha nova función que lles permita superar unha alteración.
martes, 31 de marzo de 2015
domingo, 29 de marzo de 2015
viernes, 27 de marzo de 2015
Así reaccionan as persoas daltónicas ao ver as cores por primeira vez
O daltonismo é un defecto xenético que ocasiona dificultade para distinguir as cores, que oscila entre a confusión entre diversos tons e a acromatopsia, a imposibilidad para distinguir ningunha cor.
Co obxectivo de levar a cor a aqueles que non o teñen, unha empresa de pinturas para o fogar creou un proxecto titulado "Cor para todos", unha curiosa iniciativa que mediante o uso dunhas lentes inventadas pola empresa EnChroma, é capaz de devolver a visión da cor a persoas daltónicas.
A reacción das persoas daltónicas cando aprecian por primeira vez na súa vida as cores, é preciosa. Todos quedan maravillados pola riqueza dos tons e a beleza das paisaxes, e todo cun xesto tan sinxelo como poñerse unhas lentes.
Non te perdas este breve documental no que poderás descubrir o impacto que a cor ten na nosa vida e observar as sorprendentes reaccións destas persoas que viviran cegas á cor ata ese momento.
jueves, 26 de marzo de 2015
"doador universal" e "receptor universal"
Isto é debido a que os glóbulos vermellos dunha persoa de grupo O non teñen na súa membrana ningunha das dúas proteínas, polo que non poden espertar reacción defensiva ningunha noutra persoa.
No grupo AB, considerado como receptor, acontece o mesmo. É dicir, alguén de grupo AB pode recibir sangue dunha persoa de calquera outro grupo, polo que recibe o nome de "receptor universal".
Isto é debido a que os glóbulos vermellos de alguén deste grupo presentan as dúas proteínas, polo que non as recoñecen como estrañas e non reaccionará contra ningunha das dúas (ante o grupo O non reacciona tampouco porque estes non teñen esas proteínas).
E o Rh?
Pero isto é só para o grupo ABO. O Rh é independente e hai que consideralo á parte, aínda que funciona de forma moi similar.
As persoas con Rh + presentan nos seus glóbulos vermellos outra proteína, que chamaremos para evitar confusións, "proteína Rh".
As persoas Rh - non teñen esa proteína (lóxico, verdade?).
Con esta proteína Rh acontece o mesmo que coas A e B, é dicir, que pode provocar unha reacción defensiva se entra no sangue dunha persoa que non a posúe.
Polo tanto, se alguén con Rh - recibe sangue Rh+, reaccionará contra ese sangue, orixinando un problema de incompatibilidade.
Ao contrario non hai problema, pois o Rh - non ten esa proteína, polo que non provocará reacción ningunha.
Así que, tendo en conta o Rh, falando con maior precisión, o doador universal será o grupo O- e o receptor universal, o AB+.
martes, 24 de marzo de 2015
Cancro: que é? como se forma?
O cancro ou cáncer é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.
O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou natose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.
Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz: o cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións.
lunes, 23 de marzo de 2015
Cariotipo Xenético
O cariotipo, é unha proba diagnóstica de grande importancia en pacientes que requiren unha técnica de reprodución asistida, porque existe unha maior incidencia de alteracións no cariotipo en parellas con problemas de fertilidade. Está técnica está indicada principalmente en casos de alteración seminal, fallo ovárico e en parellas con abortos de repetición ou fallos de implantación.
domingo, 22 de marzo de 2015
Tema 6 Bioloxía 4º ESO: A Xenética Humana
"O ADN dos humanos calquera é idéntico nun 99,97%... Todos estamos relacionados, todos estamos conectados, todos somos un".Burson, Nancy
Eva mitocondrial é a suposta muller da que, segundo estudos desenvolvidos dende comezo da década de 1980 por un grupo de xenetistas, descenden todos os humanos actuais. Dito doutro modo, é o antepasado común máis recente matrilineal. Eva era membro dun grupo de humanos que viviron hai 200.000 anos en África, polo que na época da Eva mitocondrial viviron moitas outras mulleres, pero non deixaron unha liña ininterrompida de descendentes ata a época actual como si deixou a Eva mitocondrial.
Eva mitocondrial é a suposta muller da que, segundo estudos desenvolvidos dende comezo da década de 1980 por un grupo de xenetistas, descenden todos os humanos actuais. Dito doutro modo, é o antepasado común máis recente matrilineal. Eva era membro dun grupo de humanos que viviron hai 200.000 anos en África, polo que na época da Eva mitocondrial viviron moitas outras mulleres, pero non deixaron unha liña ininterrompida de descendentes ata a época actual como si deixou a Eva mitocondrial.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)