SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 6 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 6 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de marzo de 2012

Recursos TIC Bioloxía 4º ESO



No seguinte enlace (PICA AQUÍ) atoparedes unha boa lista de actividades interactivas sobre o A Dinámica dos Ecosistemas. É unha boa ferramenta de repaso.
Espero que vos axude.


miércoles, 7 de marzo de 2012

Power Point Tema 6 Bioloxía 4º ESO

Déixovos o Power Point do Tema 6 : A Dinámica dos Ecosistemas de Bioloxía de 4º de ESO


Está dividido en dúas partes.
Parte 1
View more PowerPoint from montx189

Parte 2
View more PowerPoint from montx189

martes, 6 de marzo de 2012

Fluctuacións das Poboacións nun Ecosistema

Chamamos fluctuación aos cambios periódicos na poboación dunha determinada especie dentro dun Ecosistema. Un factor determinante nas fluctuacións é o Clima.

Un caso curioso e a súa vez dramático, é o dos Lemmins.

Os leminos (Lemmini) son unha tribo de roedores miomorfos coñecidos vulgarmente co nome de lémmings. Habitan nas tundras, na taiga e pradarías árticas, no norte do continente americano, e nalgunhas rexións de Eurasia; aliméntanse principalmente de herba, raíces e froitos.

Unha das teorías que hai para explicar a fluctuación da súa poboación, e que cando chegan ao límite da capacidade de carga dos individuos, un gran número deles "suicídanse" arronxándose ao mar, para permitir a supervivencia dos demais exemplares. Mito ou realidade?.

Mostra audiovisual do suicidio en masa:






lunes, 5 de marzo de 2012

As Pragas

Os acrídidos (Acrididae), coñecidos popularmente como lagostas ou saltón, son unha familia de insectos ortópteros caracterizados pola súa gran facilidade para migrar dun sitio a outro e, en determinadas circunstancias, reproducirse moi rapidamente chegando a formar desvastadoras pragas capaces de rematar coa vexetación de grandes extensións de terreo.

Xeralmente non voan moito a pesar de que dispoñen de ás. Só cando se xuntan grandes grupos de individuos da mesma especie liberan as feromonas apropiadas para activar a conduta migratoria e un crecemento maior das ás e dese xeito poder dispersarse por outros territorios, evitando a competencia intraespecífica polo alimento.


No seguinte vídeo podemos observar a chegada dunha banda destes insectos, co correspondente arrase doscultivos que encontran no seu camiño.



sábado, 3 de marzo de 2012

Ciclo da Materia nun Ecosistema



A materia dentro dun ecosistema distribuése mediante un ciclo, onde vai pasando polos seres vivos que confoman o ecosistema. Dentro de toda a materia que se pon en xogo nun ecositema destacamos os ciclos do carbono, Fósforo e Nitróxeno.


Nos seguintes enlaces podedes ver a explicación, mediante vídeos, dos tres ciclos máis importantes.




jueves, 1 de marzo de 2012

Cadeas Tróficas

É o proceso de transferencia de enerxía alimenticia a través dunha serie de organismos, no que cada un se alimenta do precedente e é alimento do seguinte.

Cada cadea iníciase cun vexetal, produtor ou organismo autótrofo ou sexa un organismo que "fabrica o seu propio alimento" sintetizando substancias orgánicas a partir de substancias inorgánicas que toma do aire e do chan, e enerxía solar (fotosíntese), ou mediante substancias e reaccións químicas (quimiosintesis).
Os demais integrantes da cadea denomínanse consumidores.

Aquel que se alimenta do produtor, será o consumidor primario, o que se alimenta deste último será o consumidor secundario que seria un carnívoro e un terciario que sería un omnívoro ou un supercarnivoro dalgunha forma. Son consumidores primarios, os herbívoros. Son consumidores secundarios os carnívoros, terciarios omnívoros e os cuaternarios necrófagos

Existe un último nivel na cadea alimentaria que corresponde aos descompoñedores ou degradadores. Son os Microorganismos. Estes actúan sobre os organismos mortos, degradan a materia orgánica. 

Posteriormente por acción do ambiente, os microorganismos transforman novamente os nutrientes en materia orgánica dispoñible para as raíces ou en substancias inorgánicas devolvéndoa ao chan (nitratos, nitritos, auga) e á atmosfera (dióxido de carbono). 

No seguinte vídeo explícannos estas relacións alimentarias.



miércoles, 29 de febrero de 2012

Tema 6 Bioloxía 4º ESO: A Dinámica dos ECOSISTEMAS

Comezamos o estudo do Tema 6, coa definición de ECOSISTEMA:

"Un ecosistema é o medio biolóxico que consiste en todos os organismos viventes (biocenose) dun lugar particular, incluíndo tamén todos os compoñentes non vivos (biótopo), os compoñentes físicos do medio co cal os organismos interactuan, como o aire, o chan, a auga e o sol."

Como mostra dos distintos ecosistemas que podemos atopar no noso planeta, déixovos este vídeo onde nos explican todos eles.