SLIDER

domingo, 30 de diciembre de 2012

Descubrimento do Ano: O Bosón de Higgs

O pasado 4 de xullo os científicos do Centro Europeo de Física de Partículas de Xenebra facían historia. 

Anunciaban a existencia dunha partícula nova, cuxas propiedades poderían corresponder ao bosón de Higgs. Durante décadas foi a partícula máis esquiva pero tamén a máis buscada. 

O bosón de Higgs axuda a entender a estrutura da materia, explica por que existe a masa e por que os planetas, as estrelas e nós mesmos somos posibles.

O programa de TV "Informe Semanal" emitiu unha reportaxe sobre o descubrimento o pasado 14 de Xullo.


Un fotógrafo achégase ao bordo do volcán Kilauea en Hawai


A lava arde a máis de 1.000 graos centigraos no volcán Kilauea en Hawaii e o fotógrafo G. Brad Lewis non dúbida en achegarse perigosamente ao lume para capturar as mellores imaxes.

Lewis de 54 anos é coñecido como 'Volcano Man e explica como "É o máis quente ao que un pode achegarse e calquera pel que este exposta quéimase, pero as imaxes son tan xeniais".

"Sempre levo un traxe especial, casco, luvas e unha bombona de osixeno" sinala Lewis. O fotógrafo leva máis de 20 anos tomando imaxes do volcán Kilauea, o máis activo da terra.

Para acceder ás fotografías PICA NA FOTO.

Internet se rinde a los encantos de una pareja de águilas calvas



Unha parella de aguias calvas, coñecidas pola súa cola e cabeza de plumas brancas, é o novo fenómeno de internet, grazas a unha cámara de vídeo que recolle en directo todos os seus movementos na árbore onde aniñan, nunha propiedade privada de Florida.

Centos de miles de internautas de máis dun centenar de países gozaron xa do espectáculo de contemplar esta parella de fermosas aves que son o símbolo nacional de Estados Unidos, onde estiveron ao bordo da extinción.



Achada unha bacteria en Siberia capaz de vivir e reproducirse no espazo


Científicos rusos e estadounidenses acharon, na capa de xeo permanente da zona de Siberia, unhas cepas de bacterias capaces de reproducirse e vivir no espazo, é dicir, con escaseza de osíxeno e a temperaturas e presión moi baixas.

O traballo, publicado en Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), detalla que este tipo de bacterias, coñecidas como extremófilas, se caracterizan por ser capaces de sobrevivir en temperaturas extremas, coa falta permanente de alimentos e de osíxeno. "Son o prototipo dos microrganismos espaciais", indicou o autor principal, Wayne L. Nicholson.

Agora, a investigación sobre este achado continúa co fin de estudar se aquela máis resistentes poderían sobrevivir en Marte ou en planetas extrasolares.

A investigación tivo lugar na península de Taimir, ao norte de Siberia, onde, dende 2011, se perforaron...ler máis.

A Terra sálvase dun impacto dun asteroide en 2040


O asteroide chámase 2011 AG5, mide 140 metros de diámetro e ata hai pouco foi considerado unha posible ameaza para a Terra. A posibilidade de que a rocha chocase contra o noso planeta dentro dunhas poucas décadas, no ano 2040, era, segundo os científicos, unha entre 500, o suficientemente alta como para manternos alerta. Non obstante, unha nova investigación a partir de observacións realizadas co telescopio Gemini Norte en Mauna Kea, Hawaii, pode arrancarnos un suspiro de alivio. Segundo o novo traballo, a posibilidade de impacto é insignificante.

O obxecto foi descuberto orixinalmente en xaneiro de 2011 polos observadores de Mount Lemmon Survey en Tucson, Arizona. Se de verdade chegase a chocar coa Terra liberaríanse uns 100 megatóns de enerxía, unha potencia varios miles de veces superior ás bombas atómicas que puxeron fin á Segunda Guerra Mundial. Os científicos mesmo formularon...ler máis.

miércoles, 26 de diciembre de 2012

O salmón transxénico, a punto de ver a luz despois de 23 anos de exames

O salmón transxénico que dende hai 23 anos desenvolve unha empresa estadounidense acaba de superar o penúltimo obstáculo antes de chegar aos pratos. 
A Axencia de Alimentación de EUA (FDA) concluíu que esta especie, que crece o dobre de rápido que a salvaxe grazas á enxeñaría xenética, non afecta ao medio. A FDA xa ditou en 2010 que comelo é seguro e agora di que aínda que se escapase algún exemplar das piscifactorías, ao estar esterilizados e en augas cálidas, é "extremadamente remoto" que sobrevivisen. 


Aínda que non hai prazos para a aprobación, este era un dos últimos escollos para o que sería o primeiro animal creado con enxeñaría xenética para consumo. Si hai moitos animais modificados xeneticamente para experimentación.

Despois de décadas de consumo de cultivos transxénicos...ler máis.




martes, 25 de diciembre de 2012

Os Cromosomas humanos

Un cromosoma é unha estrutura organizada de ADN e proteínas que se atopa no núcleo das células. Trátase dun estado temporal no que se encontra o material xenético durante a fase de división celular, tanto na mitose como na meiose, que facilita a repartición equitativa deste nas células resultantes.


A Mitose: A Reproducción nas Células

A mitose ou división do núcleo é o proceso polo cal os cromosomas duplicados se distribúen equitativamente entre as células fillas. É un proceso continuo que, para facilitar o seu estudo, se divide en cinco fases: profase,prometafase, metafase, anafase e telofase.


domingo, 23 de diciembre de 2012

Saturno revela a súa propia sombra nunha impresionante fotografía


Poucas veces se conseguiu unha imaxe de Saturno na que se revele a súa propia sombra. A imaxe está tomada con infravermello, vermello e violeta, e os filtros combínanse para crear unha mellorada, vista en falsa cor. 
O planeta está moi iluminado, os aneis vense brillantes lonxe do planeta pero escuro en silueta contra o xigante de gas. Por enriba de centro, reflíctese unha luz tenue e misteriosa, que coincide cos cumes das nubes. Ademais, Saturno proxecta a súa propia sombra sobre os aneis.

Esta foi realizada pola Cassini o 17 de outubro 2012.

A "Máquina de Deus" bota o freno ata o 2015


O acelerador de partículas elementais máis grande do mundo, o Gran Colisionador de Hadrones (LHC) da Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN), suspendeu as operacións por 20 meses para un proceso de modernización que lle permitirá incrementar a súa potencia de 8 a 14 teraelectronvoltios. A noticia foi anunciada polo propio equipo do LHC na súa páxina web, onde deixaron a mensaxe: «concluídas as operacións de 2012. Volveremos vernos pronto para as colisións páx.-Pb (protóns contra núcleos de chumbo), en 2013. As colisións de alta enerxía protón-protón continuaranse en 2015».

O LHC despídese tras cumprir o seu obxectivo, detectar rastros dunha partícula elemental con características similares ás do bosón de Higgs, o pasado verán. Trátase do último elemento que faltaba no modelo estándar de física de partículas. O acelerador é un anel...ler máis.

Bo Nadal

Dende este blog quérovos desexar a tod@s un Bo Nadal e un Próspero Ani Novo.


jueves, 20 de diciembre de 2012

Os dez grandes descubrimentos científicos do 2012 segundo a revista Sciencie



Non podía ser doutra forma. O achado do bosón de Higgs, a elusiva partícula que os físicos buscaban de forma inesgotable dende hai 40 anos, foi considerado pola prestixiosa revista Science como o descubrimento científico máis importante do ano.

A lista completa é a seguinte:


1- Aparece, por fin, o bosón de Higgs
2-O xenoma do denisovano, secuenciado
3- Obteñen óvulos de células nai
4- A complexa aterraxe do Curiosity
5- Raios X contra a enfermidade do sono
6- Enxeñaría xenética máis precisa
7- Exóticos fermiones dan a cara
8- O ADN quédase sen lixo
9- O poder da mente
10- A clave dos neutrinos


Se queredes saber en que consisten cada un dos descubrimentos PICA AQUÍ.


martes, 18 de diciembre de 2012

Un equipo científico rescata un esqueleto de dinosauro en Quintueles

Un bloque de pedra de gra cun esqueleto parcial de dinosauro situado nos acantilados de Aranzón en Quintueles foi rescatado polo equipo científico do Museo do Xurásico de Asturias (BRUE). Concretamente, a peza localízase ao leste da praia da Ñora, no límite entre Gijón e Villaviciosa.

Neste bloque, de 2.600 quilos, encóntrase o esqueleto de dinosauro máis completo encontrado no Principado e o único articulado

Dado o seu peso, para a súa extracción utilizouse un helicóptero Chinook do Exército de Terra con base en Alvariza Vella (Madrid).






Finaliza a misión da NASA coa colisión na lúa de dous satélites xemelgos

Ebb e Flow, as dúas naves xemelgas estreláronse nunha montaña próxima ao polo norte da Lúa e culminaron así unha misión dun ano durante o que tomaron imaxes que permitirán facer un mapa preciso para coñecer mellor a súa estrutura interna,así como, tamén ter máis información sobre a formación da Terra, segundo informou a NASA.

O venres pasado os dous satélites recibiron a orde de descender para impactar na superficie lunar. Poñíase fin así á misión destas dúas sondas xemelgas debido ao pouco carburante que lles quedaba nas súas reservas

Nunha manobra deseñada con precisión, cincuenta minutos antes do impacto as naves acenderon os seus motores ata que o combustible se esgotou. A primeira en tocar o chan lunar foi Ebb seguida 30 segundos despois por Flow, a unha velocidade de máis de 6000 Km/h




PARABÉNS!!!!

Parabéns a tod@s os actores e actrices que actuaron hoxe na obra de teatro de secundaria no noso cole. 

A súa actuación foi "espectacular" e de novo demostraron que cando están motivados conseguen o que queren... grazas por facernos pasar a tod@s un tempo moi agradable... PARABÉNS.

Grazas pola vosa colaboración e dedicación tanto aos alumn@s coma aos seus dous directores, Montse e Kiko...menudo traballo!!!... Parabéns compañeiros.

Tamén agradecer a tod@s aqueles que fixeron posible tanto a realización coma a montaxe do escenario, dirixidos e coordinados por Loida
Moitas grazas... sen tod@s vos seria Imposible.



domingo, 16 de diciembre de 2012

Nutrición e Relación Celular. Apuntes

Estudaremos estas dúas funcións vitais das células, seguindo os seguintes apuntes. Xa os podedes descargar.



jueves, 13 de diciembre de 2012

Así se crea un ICEBERG

Poucas veces o ollo humano pode percibir a rotura dun glaciar. 75 minutos antes, apenas un ruxido facía presentir este espectáculo da natureza.

Un dos operadores dá o aviso. Nese instante, 25 cámaras capturan sen cesar o nacemento en Groelandia dun iceberg descomunal. Unha masa de xeo tan grande como a illa de Manhattan, como xuntar 3.000 edificios como o Capitolio, en Washington.

Velos somerxerse e saír flotando no mar: é a evidencia visual do progresivo desxeo da terra. O cambio climático documentado por James Balog.





Más vídeos en Antena3

Morre Joseph Woodland, o inventor do código de barras

As liñas paralelas máis famosas do mundo perden o seu creador, que nunca se fixo rico co seu invento.

Joseph Woodland, «pai» do famoso código de barras, morreu aos 90 anos no seu domicilio de Nova Jersey (EE.UU), consagrado como un dos inventores máis importantes do século XX
Hai seis décadas, deseñou as 80 raias que o farían famoso. O seu invento, moi popular e estendido por todo o mundo, permite recoñecer rapidamente un artigo. Todo o que se vende leva unha destas coleccións de liñas negras.

Este enxeñeiro mecánico retirado era só un estudante recén graduado cando xunto a un compañeiro de clase, Bernard Silver, creou unha curiosa tecnoloxía baseada en liñas de tinta de distinta anchura, que despois pasaban por un escáner óptico, conta «The New York Times». 
A súa idea, desenvolvida nos anos 40 e patentada hai 60 anos, fíxose universal, pero o código de barras...ler máis.

Trigonometría 4º ESO

La historia de la trigonometría y de las funciones trigonométricas podría extenderse por más de 4000 años. Los babilonios determinaron aproximaciones de medidas de ángulos o de longitudes de los lados de los triángulos rectángulos. Varias tablas grabadas sobre arcilla seca lo testimonian. 

Así, por ejemplo, una tablilla babilonia escrita en cuneiforme, denominada Plimpton 322 (en torno al 1900 a. C.) muestra quince ternas pitagóricas y una columna de números que puede ser interpretada como una tabla de funciones trigonométricas; sin embargo, existen varios debates sobre si, en realidad, se trata de una tabla trigonométrica.

PLIMPTON 322

Orgánelos Celulares

En bioloxía celular, denomínase orgánulos (ou tamén organelos) ás diferentes estruturas contidas no citoplasma das células, principalmente as eucarióticas, que teñen unha forma determinada. A célula procariota carece da maior parte dos orgánulos.
Non todas as células eucarióticas conteñen todos os orgánulos ao mesmo tempo, aparecen en determinadas células de acordo ás súas funcións.



As válvulas do corazón

As válvulas do corazón ou válvulas cardíacas encóntranse nos condutos de saída das catro cavidades do corazón onde cumpren a finalidade de deixar pasar o sangue na dirección correcta, evitando que esta flúa cara a atrás

A súa función é poder manter illado por un instante o fluxo sanguíneo nalgunha das catro cavidades

Coas diferentes contraccións do corazón, contráense tamén nunha secuencia determinada as catro cavidades, bombeando o sangue nunha dirección. 

Sen as válvulas, o sangue volvería á cavidade despois da contracción, co cal o corazón non cumpriría a súa función.




O Corazón

O corazón é, en anatomía, o órgano principal do aparato circulatorio dos animais, impulsor da circulación do sangue

É un músculo estriado oco que actúa como unha bomba aspirante, que aspira cara as aurículas (cavidades superiores do corazón) o sangue que circula polas veas e o impulsa ás arterias desde os ventrículos (cavidades inferiores do corazón). Entre estes dous atópase unha válvula que fai que a dirección da circulación sexa a adecuada. 

O corazón é un órgano musculoso e cónico situado na cavidade torácica, que funciona como unha bomba, impulsando o sangue a todo o corpo. Un pouco máis grande que un puño, está dividido en catro cavidades: dous superiores, chamadas aurículas, e dous inferiores, chamadas ventrículos
O corazón impulsa o sangue mediante os movementos de sístole e diástole.
  • Sístole é unha contracción que usa o corazón para expulsar o sangue, xa sexa dunha aurícula ou dun ventrículo.
  • Diástole é unha relaxación que usa o corazón para relaxar os ventrículos ou as aurículas e recibir o sangue.



O sangue

O sangue é un tecido líquido que circula polo sistema vascular sanguíneo dos animais vertebrados e que ten como función a manutención da vida do organismo. 

O sangue está constituído, en volume, por un 45% de células sanguíneas e un 55% de plasma

As células do sangue son de 3 tipos: hemacias (ou eritrocitos, glóbulos vermellos), leucocitos (ou glóbulos brancos) e plaquetas (ou trombocitos). 
O plasma, o compoñente líquido, está formado por un 90% de auga, 1% de substancias inorgánicas (como potasio, sodio, ferro, calcio, ...), 7% de proteínas plasmáticas (albumina, inmunoglobulinas e fibrinóxeno, principalmente) e 1% de substancias orgánicas non proteicas, residuos resultantes do metabolismo, hormonas (hormonas)



Presenta disolvidos gases como osíxenodióxido de carbono. Debido á presenza da molécula da hemoglobina nas hemacias, nos animais vertebrados o sangue é de cor vermella.








miércoles, 12 de diciembre de 2012

Un insecto camuflado dende hai 110 millóns de anos


O tempo detívose na cova cántabra "Del soplao" hai 110 millóns de anos. O ámbar no que quedou preservado unha larva de insecto permitiu á natureza conservar unha fotografía do pasado e revelar que xa durante o Cretácico, estas criaturas se camuflaban dun xeito similar ao que o fan algunhas especies que viven na actualidade.

Aínda que o achado desta larva de apenas 4 milímetros e cuberta con restos vexetais se produciu en 2008 na cova cántabra, non foi ata agora cando os seus descubridores revelaron que se trata da proba máis antiga de camuflaxe de insecto encontrada ata agora. Os detalles do seu estudo...ler máis.



lunes, 10 de diciembre de 2012

O Asteroide "Tutatis" achégase á Terra


A rocha, do tamaño dunha montaña e 5 km de diámetro, alcanzará a mínima distancia ao noso planeta a mañá do mércores.

Tutatis (Toutatis), un asteroide moi ben coñecido polos astrónomos, achegarase á Terra o próximo mércores 12 de decembro
A impresionante rocha, non supón ningún perigo, xa que na súa máxima aproximación, que sucederá minutos antes das oito da mañá, situarase a 6,9 millóns de quilómetros do noso planeta (18 distancias lunares), unha distancia que pode deixarnos tranquilos

Non é a primeira vez que pasa a saudarnos. En realidade, faino cada catro anos por estas datas e noutras visitas aproximóusenos moito máis. Por exemplo, en 2004 tivémolo a tan só 1,55 millóns de quilómetros, cando mesmo puido verse con pequenos telescopios, algo tan extraordinario que non se repetirá ata 2652...ler máis.


¿Que es la Teoría de las cuerdas?

A raíz de una pregunta formulada en clases...

En las últimas décadas, la teoría de cuerdas ha aparecido como uno de los candidatos más prometedores para ser una teoría microscópica de la gravedad. Y es infinitamente más ambiciosa: pretende ser una descripción completa, unificada, y consistente de la estructura fundamental de nuestro universo. (Por esta razón ocasionalmente se le otorga el arrogante título de "teoría de todo".)

La idea esencial detrás de la teoría de cuerdas es la siguiente: todas las diversas partículas "fundamentales" del modelo estándar son en realidad solo manifestaciones diferentes de un objeto básico: una cuerda. ¿Cómo puede ser esto? Bien, pues normalmente nos imaginaríamos que un electrón, por ejemplo, es un "puntito", sin estructura interna alguna.

Un punto no puede hacer nada más que moverse. Pero, si la teoría de cuerdas es correcta, utilizando un "microscopio" muy potente nos daríamos cuenta que el electrón no es en realidad un punto, sino un pequeño "lazo", una cuerdita
Una cuerda puede hacer algo además de moverse, puede oscilar de diferentes maneras. Si oscila de cierta manera, entonces, desde lejos, incapaces de discernir que se trata realmente de una cuerda, vemos un electrón. Pero si oscila de otra manera, entonces vemos un fotón, o un quark, o cualquier otra de las partículas del modelo estándar. 
De manera que, si la teoría de cuerdas es correcta, ¡el mundo entero está hecho solo de cuerdas!.

La teoria en tres minutos...




A vida no interior da Célula

'The inner life of a cell' é unha curtametraxe de aspecto científico que demostra diversos mecanismos biolóxicos que suceden dentro do corpo humano. Esta animación en gráficos 3D fíxose en demanda de Bio Visions, do Departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de Harvard.

A animación explícanos que lle sucede a un leucocito (ou glóbulo branco, as células de defensa do organismo) cando se produce un estímulo externo, é dicir, cando un obxecto extraño, unha infección... entra no organismo e o leucocito debe atravesar os vasos sanguíneos para chegar ata onde se ten que actuar
Os máis entendidos poderán apreciar o traballo das proteínas receptoras, os microtúbulos, o ARN circular que se impulsa polos poros nucleares, a inserción no aparato de Golgi, un linfocito desprazándose a través dunha parede capilar, etcétera.


Leyes de la Dinámica. Recurso TIC

A la hora de estudiar y comprender los tres principios básicos de la Dinámica, enunciados por Newton, os dejo un enlace de una página web, donde mediante animaciones y ejemplos diversos, nos explican las aplicaciones de estas tres Leyes.

Para acceder a la aplicación pincha en la imagen.


Forma e tamaño das células



Salvo contadas excepcións, as células son diminutas. A súa forma é moi variada: algunhas son esféricas, outras son prismáticas e outras teñen forma cilíndrica. Basicamente, encontramos dous tipos de células: as células procariotas, sen núcleo, e as eucarióticas, con núcleo.

A forma das células é moi variada: cilíndrica, esférica, estrelada, de disco, etc. Siempre teñen volume, só unhas poucas son planas. No ser humano cre que hai máis de
100 billóns de células. Non obstante, non todas posúen a mesma forma. Calcúlase que existen ata 250 tipos de células diferentes no corpo humano.

O tamaño das células tamén é moi variable; unha bacteria pode medir 1-2 microns de lonxitude, mentres que unha célula nerviosa de balea mide varios metros.




domingo, 9 de diciembre de 2012

ISAAC NEWTON: Principios de la Dinámica


En 1687 Newton (1643-1727) publica el libro "Philosophiae Naturalis Principia Mathematica", posiblemente el libro más famoso de la historia de la ciencia
Después de una introducción en la que establece un conjunto de definiciones sobre magnitudes fundamentales (masa, tiempo, cantidad de movimiento, inercia, fuerza,..) y define los conceptos del espacio y el tiempo, Newton enuncia los tres principios del movimiento o postulados fundamentales de la Dinámica.
En el lenguaje actual, podemos expresar los principios de la dinámica de Newton así:

I. Todo cuerpo material persiste en su estado de reposo o movimiento uniforme (no acelerado) en línea recta, si y solo sí no actúa sobre él una fuerza resultante (no equilibrada)
II. La fuerza exterior resultante (no equilibrada) que actúa sobre un cuerpo material, es directamente proporcional a, y de igual dirección que, su aceleración.

III. Siempre que dos cuerpos A y B interaccionan de tal modo que el cuerpo A experimenta una fuerza (por contacto, por interacción gravitatoria, magnética o cualquier otra) el cuerpo B experimenta simultáneamente una fuerza de igual magnitud y dirección, pero de sentido contrario.


A física desmonta o guión de "Titanic"

Un curioso estudo intenta demostrar agora que o heroe, protagonizado por Di Caprio, podería terse salvado.

Non hai guión perfecto ao que non se lle poida sacar algún defecto...James Cameron deixa morrer de hipotermia na auga ao protagonista interpretado por Leonardo Di Caprio pero agora "Cazadores de mitos" da canle Discovery deu a solución. 
Jack teríase salvado se a algún se lle tivese ocorrido atar o salvavidas de Rose baixo a táboa. Unha acción que tivese dado a flotabilidade extra aos dous.


Células Nai. Reportaxe Tres14 (La2)

Comezaremos o estudo da Célula en 4º de ESO. O estudo da célula remóntase ao século XVII e o seu avance ten sido espectacular nos últimos anos e como expoñente dos últimos avances é o ámbito das Células Nai.

O programa de TV Tres14, adicoulle unha reportaxe onde tratan temas coma: podemos fabricar órganos con células nai?; células nai e pura sangues; cremas con células nai; investigación e leis; que enfermidades curan as células nai?; como se descubriron as células nai; o home e a formiga.


Tema 4 Bioloxía 4º ESO: A CÉLULA

Como introducción ao Tema 3 de Bioloxía en 4º ESO, déixovos este vídeo onde viaxaremos ao interior dunha nas nosas células.


O Aparato Circulatorio

Vídeo resumo da anatomia e funcionalidade do Ap. Circulatorio


sábado, 8 de diciembre de 2012

Un estudante italiano crea un espectacular 'estafe lapse' a grande escala do planeta Terra

O planeta Terra como nunca antes se vira. Un estudante italiano de cine, Giacomo Sardelli, publicou en Internet o documental 'Further Up Yonder', no que se fixo servir de centos de fotografías que os astronautas da Estación Espacial Internacional (EEI) elaboran a diario.



As Gemínidas comenzan a caer do ceo


As Gemínidas, unha das chuvias de estrelas máis espectaculares, comezarán este venres a cruzar o ceo. 
Os amantes da astronomía poden xa dedicar as noites a buscar os ronseis que deixa o asteroide 3200 Phaeton, pero o espectáculo de verdade chegará o próximo xoves día 13. Entón, se o tempo acompaña e non hai nubes, entrarán na atmosfera ao redor de 120 meteoros por hora, segundo a Sociedade de Observadores de Meteoros e Papaventos de España. Deles poderase gozar nada menos que ata dun meteoro por minuto...ler máis.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Formulación de Óxidos



Os dejo un recurso online para repasar tanto la formulación como la nomenclatura de los óxidos. Buen recurso de repaso y aclaración de conceptos.

Pincha AQUÍ para acceder al recurso.

O Primeiro Dinosaurio sobre a Terra


Un equipo de investigadores descubriu os restos do que parece ser o primeiro dinosauro que deambulou sobre a Terra, unha criatura do tamaño dun can labrador cunha cola de máis dun metro de lonxitude

Denominado Nyasasaurus parringtoni, o seu achado significa que a liñaxe dos dinosauros apareceu no sur do supercontinente Panxea a mediados do Triásico, hai uns 243 millóns de anos, de 10 millóns a 15 millóns de anos antes do que cría.

«Se o recén nomeado Nyasasaurus parringtoni non é o primeiro dinosauro, é o parente máis próximo encontrado ata agora», asegura Sterling Nesbitt, investigador da Universidade de Washington e autor principal do artigo que publica a revista Biology Letters. A partir dun úmero e seis vértebras...ler máis.

martes, 4 de diciembre de 2012

FOTO DO DIA


Pode parecer a explosión dunha película de ciencia ficción de Hollywood, pero a galaxia NGC 5010 está a crecer ao longo nunha evolución que parte dunha forma espiral, como a nosa Vía Láctea.

A Auga que NON molla

Esta creación pode revolucionar a extinción de incendios en interiores, porque non molla pero si apaga as chamas e ademais non contén elementos tóxicos.

A auga que non molla é un deses inventos incribles. Aínda que pareza mentira o móbil non se molla e non vai estragarse. Tampouco o teclado do ordenador nin o dicionario.

É un líquido que parece auga pero non o é. É un fluído que non conduce a electricidade e por iso non estraga os aparatos eléctricos.


Vídeo demostración:




A NASA insiste: NON HAI FIN DO MUNDO

Científicos vense obrigados a combater os rumores tras recibir máis de 5.000 preguntas de cidadáns preocupados que temen que se cumpra a suposta apocalipse maia o 21 de decembro.

A menos de vinte días para que, segundo erróneas interpretacións do calendario maia, o mundo chegue á súa fin, a NASA viuse obrigada a impartir a súa pedagoxía científica para combater os rumores apocalípticos

En realidade, leva moito tempo intentando aclarar pacientemente que nada sucederá ese día, polo menos ningún cataclismo cósmico, como o choque da Terra con outro planeta, o impacto dun asteroide xigante ou unha labarada solar que acabe coa nosa civilización. Pero por incrible que pareza, aínda hai xente que teme que algo tremendo caia sobre as súas cabezas o 21 de decembro

A páxina web de David Morrison, director do Centro Carl Sagan... LER MÁIS.

O Corazón Humano...en cifras

No Tema 4 de Bioloxía de 3º de ESO estudaremos o Aparato Circulatorio e Excretor.

Dentro do Ap. Circulatorio o órgano principal é o Corazón. Este órgano é imprescindible para a vida; a súa importancia pode resumirse nos seguintes datos:


  • Con só 300 gramos de peso, o corazón rivaliza co cerebro como o principal órgano do ser humano. 
  • O corazón é o músculo que máis traballa do corpo, e tamén o único que nunca sofre maniotas. É o único órgano que non sofre cancro. Cada día xera unha enerxía suficiente para mover un camión durante 32 quilómetros. Con cada contracción envía 70 milímetros de sangue. Ao día, fai circular 7.000 litros en 100.000 latexos a unha velocidade de 2 quilómetros por hora.
  • É dicir, que un borboroto de sangue tarda só 15 segundos en ir do brazo á lingua, 13 segundos dunha man á outra e 2 segundos da coxa ao pé.
  • Nunha vida media, o corazón despraza 453 toneladas de sangue.
  • O corazón empurra o sangue contido nas arterias, as veas e os capilares. Os capilares forman unha rede dunha lonxitude aproximada de 80.000 quilómetros: 14 veces o perímetro de España. O diámetro do capilar máis pequeno é de 0,0005 centímetros. O diámetro da maior arteria, a aorta, é de aproximadamente 2,5 centímetros. O da vea maior ou cava, 3 centímetros.
  • Latexa 75 veces por minuto. 4.500 veces por hora. 108.000 veces ao día. 2.800 millóns de veces nunha vida (o da muller, 3.100 veces debido á súa maior esperanza de vida).
  • Pero todo isto é unha media. Hai persoas que conseguen que latexe moi lento, como Avi Yellin, psicólogo da Universidade de Minnesota e especialista en biofeedback, que axusta por vontade os seus latexos, dependendo da música que escoite, chegando aos 60 por minuto.
  • Durante a execución dun deporte ou esforzo físico intenso, non obstante, o corazón pode alcanzar máis de 200 pulsacións por minuto. Un corredor de maratón que complete os 42 quilómetros en 2 horas e media, alcanza os 30.000 latexos: 21.000 latexos máis que se tivese permanecido tombado na cama durante ese tempo.
  • A supervivencia máis longa dun corazón transplantado foi de 22 anos, 10 meses e 24 días.
  • Os glóbulos vermellos sobreviven uns 4 meses e realizan 172.000 voltas arredor do corpo

Descomposición de fuerzas en los ejes. Ejercicio

En el siguiente vídeo podéis ver la resolución de un ejercicio donde se calcula la Resultante de tres fuerzas, donde dos ellas forman un ángulo con el eje X
El método de resolución difiere ligeramente del explicado en clases, pero es importante para entender la descomposición de una fuerza en los ejes.


lunes, 3 de diciembre de 2012

Albert Einstein: a estraña morfoloxía cerebral dun xenio



Unha investigación publicada esa semana na revista científica Brain: a journal of Neurology conclúe que os lóbulos parietais (zona encargada de recibir certas sensacións) do gañador do Nobel de Física, Albert Einstein, teñen un patrón insólito de sucos e cristas que está relacionado coa súa capacidade extraordinaria para resolver e conceptualizar inventos e problemas.

Tras a súa morte en 1955, aos 76 anos, dun aneurisma de aorta, o cerebro de Albert Einstein foi substraído e fotografado dende distintos ángulos; dividiuse en 240 bloques e miles de seccións histolóxicas -toro fino dun tecido- preparáronse a xeito de mostra para o seu estudo. A codia cerebral...ler máis.




"Hai dúas cousas infinitas: o Universo e a estupidez humana. E do Universo non estou seguro."

Albert Einstein