SLIDER

martes, 4 de diciembre de 2012

O Corazón Humano...en cifras

No Tema 4 de Bioloxía de 3º de ESO estudaremos o Aparato Circulatorio e Excretor.

Dentro do Ap. Circulatorio o órgano principal é o Corazón. Este órgano é imprescindible para a vida; a súa importancia pode resumirse nos seguintes datos:


  • Con só 300 gramos de peso, o corazón rivaliza co cerebro como o principal órgano do ser humano. 
  • O corazón é o músculo que máis traballa do corpo, e tamén o único que nunca sofre maniotas. É o único órgano que non sofre cancro. Cada día xera unha enerxía suficiente para mover un camión durante 32 quilómetros. Con cada contracción envía 70 milímetros de sangue. Ao día, fai circular 7.000 litros en 100.000 latexos a unha velocidade de 2 quilómetros por hora.
  • É dicir, que un borboroto de sangue tarda só 15 segundos en ir do brazo á lingua, 13 segundos dunha man á outra e 2 segundos da coxa ao pé.
  • Nunha vida media, o corazón despraza 453 toneladas de sangue.
  • O corazón empurra o sangue contido nas arterias, as veas e os capilares. Os capilares forman unha rede dunha lonxitude aproximada de 80.000 quilómetros: 14 veces o perímetro de España. O diámetro do capilar máis pequeno é de 0,0005 centímetros. O diámetro da maior arteria, a aorta, é de aproximadamente 2,5 centímetros. O da vea maior ou cava, 3 centímetros.
  • Latexa 75 veces por minuto. 4.500 veces por hora. 108.000 veces ao día. 2.800 millóns de veces nunha vida (o da muller, 3.100 veces debido á súa maior esperanza de vida).
  • Pero todo isto é unha media. Hai persoas que conseguen que latexe moi lento, como Avi Yellin, psicólogo da Universidade de Minnesota e especialista en biofeedback, que axusta por vontade os seus latexos, dependendo da música que escoite, chegando aos 60 por minuto.
  • Durante a execución dun deporte ou esforzo físico intenso, non obstante, o corazón pode alcanzar máis de 200 pulsacións por minuto. Un corredor de maratón que complete os 42 quilómetros en 2 horas e media, alcanza os 30.000 latexos: 21.000 latexos máis que se tivese permanecido tombado na cama durante ese tempo.
  • A supervivencia máis longa dun corazón transplantado foi de 22 anos, 10 meses e 24 días.
  • Os glóbulos vermellos sobreviven uns 4 meses e realizan 172.000 voltas arredor do corpo

No hay comentarios:

Publicar un comentario