SLIDER

domingo, 2 de diciembre de 2012

Achan xeo e material orgánico en Mercurio


Tres estudos independentes realizados con varios dos instrumentos da misión Messenger revelan que no polo norte de Mercurio, o máis interno dos planetas do Sistema Solar, existe unha gran cantidade de xeo de auga e unha misteriosa "capa escura" de compostos orgánicos. O espectacular achado acábase de publicar en Science.

Mercurio é o planeta máis próximo ao Sol. De feito, encóntrase só a 58 millóns de km, tres veces máis preto do astro rei que a Terra. Por iso, as temperaturas alcanzan alí valores realmente infernais: ata os 450 graos no seu ecuador
A pesar diso, a sonda Messenger, da NASA, acaba de achegar probas inequívocas da existencia dunha gran cantidade de xeo no planeta, oculto no interior de profundos e escuros cráteres no seu polo norte. Un xeo que, ademais, está cuberto de compostos orgánicos. LER MÁIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario