SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de febrero de 2012

Circulación Sanguínea. Aclaramos conceptos



A circulación sanguínea nos seres vivos pode ser SIMPLE ou DOBRE (si pasa unha ou dúas veces polo corazón) e COMPLETA e INCOMPLETA (si Non se mestura sangue osixenada e desosixenada ou SI se mestura). Vexamos exemplos:

Circulación simple. É propia dos peixes. O corazón esta formado por dúas cámaras: unha aurícula e un ventrículo. A contracción do ventrículo fai que o sangue saia do corazón por unha arteria, cara ás branquias, onde se osixena. Dende as branquias, o sangue é distribuído, onde cede o osixeno, recolle dióxido de carbono e regresa polas veas ata o corazón. Deste xeito, o corazón só impulsa sangue sen osixenar e nunca sangue osixenado.


Circulación dobre. Dáse entre os vertebrados que respiran mediante pulmóns: anfibios, réptiles, aves e mamíferos. O sangue pasa dúas veces polo corazón, seguindo dous circuítos, que corresponden á circulación menor ou pulmonar e á circulación maior.


Circulación dobre incompleta. Dáse en animais, como os anfibios e a maioría dos réptiles, cuxo corazón esta formado por tres cavidades: dúas aurículas e un ventrículo. O sangue osixenado e o sangue sen osixenar mestúranse no ventrículo.



Circulación dobre completa.  Acontece nas aves, mamíferos e algúns réptiles, como os crocodilos. Neste caso, o corazón esta dividido en catro cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos. Pola metade esquerda do corazón circula sangue osixenado, mentres que pola metade dereita circula sangue sen osixenar; e, dado que non existe comunicación entre as dúas zonas, ambos os dous tipos de sangue NON se mesturan.

martes, 31 de enero de 2012

miércoles, 25 de enero de 2012

A Producción de Urina

No seguinte vídeo, mediante unha excelente animación, podemos ver dun xeito detallado todos os procesos biolóxicos que teñen lugar nunha nefrona, para poder realizar o filtrado do sangue e posterior producción de Urina.
Idioma: Inglés; Subtitulado: Portugués.



Os Riles



Na última parte do tema 4, estudamos o Aparato Excretor. Un dos sistemas implicados no proceso de excreción é o Urinario. No seguinte vídeo podedes repasar os conceptos máis importantes deste Sistema, resaltando a importancia e función dos riles.


lunes, 23 de enero de 2012

Circulación Maior e Menor do Sangue

No seguinte vídeo podedes repasar tanto a circulación do sangue polo interior do corazón (ciclo cardíaco) coma cando sae del, cara os pulmóns e a todo o corpo.
Excelente para repasar.


domingo, 22 de enero de 2012

Actividade Interactiva sobre o Corazón



No seguinte Enlace (Pincha Aquí) podedes repasar, online, a anatomía e funcionamento da bomba impulsora do torrente sanguíneo: O CORAZÓN.


domingo, 15 de enero de 2012

O corazón Humano



A bomba que impulsa continuamente o sangue por todo o noso corpo é o Corazón. Durante o tema estudaremos tanto a sua anatomia como a sua fisioloxía.

A importancia deste órgano pódese resumir nos seguintes datos:
  • Se un corazón adulto se conectase a un camión-cuba cun depósito de 8000 litros, poderíao encher nun só día.
  • O corazón impulsa 80 ml de sangue por latexo.
  • O corazón latexa máis de 30 millóns de veces ao ano e 2000 millóns de veces en toda a vida.
  • O primeiro transplante de corazón realizouno o 3 de decembro de 1967 o cirurxián sudafricano Christian Barnard ao tendeiro Lois Washkansky.
  • A supervivencia máis longa dun corazón transplantado foi de 22 anos, 10 meses e 24 días.
  • Nos fetos, o corazón empézase a contraer a partir do final da 5ª semana.
  • Mentres somos fetos o sangue osixenado chéganos polo cordón umbilical, non dende os pulmóns como acontece cando nacemos. Por iso establécese un curtocircuíto ou shunt que comunica o corazón esquerdo co dereito e fai que o sangue non se bombee aos pulmóns, que mentres tanto están a madurar.
  • Cada día xera unha enerxía suficiente para mover un camión durante 32 quilómetros.
  • Un borboroto de sangue tarda só 15 segundos en ir do brazo á lingua, 13 segundos dunha man á outra e 2 segundos da coxa ao pé.

miércoles, 11 de enero de 2012

A acción das Plaquetas


O corpo ten un proceso natural para deter o sangrado dun corte pequeno nuns poucos minutos. Cando unha pequena arteria se corta, expóñense as fibras de coláxeno, o que sinala o inicio do proceso de coagulación. A medida que as plaquetas comezan a adherirse aos extremos do corte, segregan substancias químicas que atraen aínda máis plaquetas. Co tempo, fórmase un tapón plaquetario e o sangrado externo detense. Os factores de coagulación no sangue causan que filamentos de material que o sangue porta, chamados fibrinas, se xunten e selen a parte interna da ferida. Entón, o vaso sanguíneo cortado sanda e o coágulo disólvese logo dalgúns días.


O Sangue

Comezamos o Tema 4 estudando o SANGUE; no seguinte vídeo podedes repasar a súa composición e funcións deste vital fluído.


domingo, 8 de enero de 2012

Tema 4 Bioloxía 3º ESO: Aparatos Circulatorio e Excretor

Estudaremos eses dous aparatos dentro do cuarto tema de Bioloxía. Como introducción ao Tema valga este vídeo onde nos mostran o órgano impulsor do sangue: O CORAZÓN.