Déixovos dúas partes dun documental de National Geographic "En el Vientre Materno"; unha exploración interna do ventre e o desenvolvemento do feto con imaxes avanzadas en 4D, nunca antes vistas. Veremos durante máis dunha hora o seguimento paso a paso da evolución dun embarazo, durante 9 meses de xestación.
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 7 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 7 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas
domingo, 27 de mayo de 2012
miércoles, 16 de mayo de 2012
A Fecundación: Unión dun Espermatozoide e un Óvulo
A fecundación ou fertilización, tamén chamada singamia, é o proceso polo cal dous gametos se fusionan para crear un novo individuo cun xenoma derivado de ambos os dous proxenitores. Os dous fins principais da fecundación son a combinación de xenes derivados de ambos os dous proxenitores e a xeración dun novo individuo (reprodución).
Déixovos un vídeo do canal de TV "ODISEA", onde mediante unha aplicación informática recrean o proceso de fecundación dun Óvulo por un Espermatozoide.
Déixovos un vídeo do canal de TV "ODISEA", onde mediante unha aplicación informática recrean o proceso de fecundación dun Óvulo por un Espermatozoide.
É o comezo de todo ser humano...
martes, 15 de mayo de 2012
Rebelión Hormonal: A Adolescencia
A adolescencia é un período no desenvolvemento biolóxico, psicolóxico, sexual e social inmediatamente posterior á nenez e que comeza coa puberdade. O seu rango de duración varía segundo as diferentes fontes e opinións médicas, científicas e psicolóxicas, pero xeralmente enmárcase o seu inicio entre os 10 a 12 anos, e a súa finalización aos 19 ou 20.
Na adolescencia temperá e para ambos os dous sexos, non hai gran desenvolvemento manifesto dos carácteres sexuais secundarios, pero suceden cambios hormonais a nivel da hipófise, como o aumento na concentración de gonadotropinas (hormona folículoestimulante) e de esteroides sexuais. Seguidamente aparecen cambios físicos, sobre todo cambios observados na glándula mamaria das nenas, os cambios xenitais dos varóns e o lanuxe pubiano en ambos os dous sexos.
Déixovos as dúas primeiras partes dun fantástico documental da BBC, sobre o corpo humano, no que explican dun xeito biolóxico todos os cambios que sofre o corpo e a mente dun adolescente. Moi interesante.

domingo, 13 de mayo de 2012
A Menstruación
A menstruación é parte do ciclo menstrual, que axuda ao corpo da muller a prepararse todos os meses para un eventual embarazo. O ciclo comeza o primeiro día do período. O ciclo menstrual media dura 28 días, non obstante, un ciclo pode durar de 23 a 35 días.
Algúns das partes do corpo que interveñen no ciclo menstrual son o cerebro, a glándula pituitaria, o útero e colo uterino, os ovarios, as trompas de Falopio, e a vaxina.
Algúns das partes do corpo que interveñen no ciclo menstrual son o cerebro, a glándula pituitaria, o útero e colo uterino, os ovarios, as trompas de Falopio, e a vaxina.
Uns químicos do corpo chamados hormonas soben e baixan de nivel durante o mes, e causan o ciclo menstrual. Os ovarios xeran dúas hormonas femininas importantes: o estróxeno e a proxesterona.
Outras hormonas que interveñen no ciclo menstrual son a hormona foliculoestimulante (FSH) e a hormonaluteinizante (LH), xeradas pola glándula pituitaria.
jueves, 10 de mayo de 2012
Gametoxénese
A gametoxénese é a formación de gametos por medio da meiose a partir de células xerminais. Mediante este proceso, o número de cromosomas que existe nas células xerminais redúcese de diploide (dobre) a haploide (único), é dicir, á metade do número de cromosomas que contén unha célula normal da especie de que se trate.
No caso dos humanos se o proceso ten como fin producir espermatozoides denomínaselle espermatoxénese e realízase nos testículos. No caso contrario, se o resultado son ovocitos denomínase ovoxénese e lévase a cabo nos ovarios.
martes, 1 de mayo de 2012
A Reprodución Humana
No Tema 7 de Bioloxía en 3º de ESO, estudaremos a Función da Reprodución Humana. Ao longo do tema estudaremos, tanto a Anatomía dos dous Aparatos Reproductores, Feminino e Masculino; así como a súa Fisioloxía (funcionamento).
Outro apartado importante dentro do Tema, é o proceso de Fecundación así como o desenvolvemento embrionario (xestación).
Como introducción ao tema déixovos este vídeo, onde se mostran os aspectos máis importantes dos dous aparatos reproductores.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)