SLIDER

miércoles, 29 de febrero de 2012

Bosque Fosilizado en Nova York

Reconstrucción do bosque de Gilboa


Científicos descobren no estado de Nova York un bosque enteiro fosilizado de hai 385 millóns de anos, o máis antigo do mundo.

Para os científicos, foi como caer dunha máquina do tempo e camiñar por un mundo perdido, no que podían identificar cada árbore e cada planta, co aspecto exacto que tiñan e no lugar exacto onde se encontraban durante o Devónico Medio, hai millóns de anos. 
Científicos do Museo de Nova York e das Universidades de Binghamton e Cardiff desenterraron no estado de Nova York un bosque enteiro fosilizado de 385 millóns de anos, o chan do bosque máis antigo do mundo. 
A investigación, que aparece publicada na revista Nature, permitiu describir a extraordinaria riqueza e complexidade deste antiquísimo paraxe natural, ao tempo que pode botar nova luz sobre o papel dos bosques actuais e o seu impacto no cambio climático.

O recente descubrimento fíxose na mesma área das montañas de Catskill, no Condado de Schoharie, onde foron encontrados en 1920, durante a construción dunha presa próxima, os fósiles das árbores máis vellas da Terra. Pero a canteira encheuse e...ler máis

Un asteroide pode ameazar á Terra en 2040



Mide 140 metros e a súa traxectoria aínda non é ben coñecida. Os científicos non lle quitarán os seus ollos de enriba ata saber con certeza se hai un risco real. En caso de que así sexa, din que hai tempo abondo para desvialo.

A rocha espacial, chamada 2011 GA5, mide 140 metros de diámetro e é posible que se achegue demasiado ao noso planeta no ano 2040, o suficiente como para que algúns investigadores comecen a formularse como desviala, segundo informa Space.com

Os científicos cren que, en caso de que definitivamente supoña un risco real, algo que non saberán ata dentro duns anos, aínda quedará tempo para desenvolver unha misión que poida desvialo do noso camiño.

Os científicos debateron...ler máis

Pulgas xigantes da era dos dinosauros



  • Os insectos parásitos fósiles, achados en China, son de fai 165 e 125 millóns de anos
  • Os científicos consideran que picarían a réptiles peludos ou con plumas 
Os restos fósiles de nove espécimes de pulgas da época dos dinosauros foron descubertos en China. Trátase de exemplares xigantes, en comparación coas pulgas actuais, e presentan trazos peculiares, aínda que os científicos recoñecen neles as características arcaicas propias deste tipo de insectos. A súa morfoloxía indica que estas pulgas vivirían como parasitos de réptiles con pelo ou con plumas antes de que a súa evolución os levase a colonizar mamíferos aves, como as actuais.

Cunha lonxitude do corpo entre 14 e 20,6 milímetros (as femias) e entre 8 e 14,7 milímetros (os machos), estas pulgas eran auténticos xigantes en comparación coas actuais, cuxo tamaño vai de 1,5 a 4 milímetros. Diying Huang e os seus colegas chineses eestadunidenses afirman...ler máis

O Cerebro Humano

O Cerebro é unha das partes que conforman o ENCÉFALO
É a parte máis voluminosa deste e nel procésase toda a información recollida polos órganos dos sentidos, ademáis de gardar lembranzas, ser a fonte creatividade, personalidade, intelixencia, capacidades, etc...

Está sempre activo, pero tamén hai unha parte del que precisa descansar...hai unha parte do noso cerebro que se "desactiva" mentres durmimos. O sono é imprescindible para o bo funcionamento do noso cerebro.

Para facervos unha idea de como funciona, déixovos un vídeo que corresponde a unha das partes da Miniserie/Documental titulada "Cuerpo Humano al Límite", emitido por Discovery Channel composto por 4 Episodios.




Modelo atómico de Thomsom

El modelo atómico de Thomson, es una teoría sobre la estructura atómica propuesta en 1904 por Joseph John Thomson, descubridor del electrón en 1897.

En dicho modelo, el átomo está compuesto por electrones de carga negativa en un átomo positivo. Se pensaba que los electrones se distribuían uniformemente alrededor del átomo. En otras ocasiones, en lugar de una sopa de carga negativa se postulaba con una nube de carga positiva.

Los rayos catódicos son corrientes de electrones observados en tubos de vacío, es decir los tubos de cristal que se equipan por lo menos con dos electrodos, un cátodo (electrodo negativo) y un ánodo (electrodo positivo) en una configuración conocida como diodo
Estos rayos permitieron a J. J. Thomsom demostrar la existencia de partículas negativas: LOS ELECTRONES.

En el siguiente vídeo encontrareis explicado el modelo atómico de Thomsom así como el experimento que llevo a cabo para descubrir los electrones.





Tema 6 Bioloxía 4º ESO: A Dinámica dos ECOSISTEMAS

Comezamos o estudo do Tema 6, coa definición de ECOSISTEMA:

"Un ecosistema é o medio biolóxico que consiste en todos os organismos viventes (biocenose) dun lugar particular, incluíndo tamén todos os compoñentes non vivos (biótopo), os compoñentes físicos do medio co cal os organismos interactuan, como o aire, o chan, a auga e o sol."

Como mostra dos distintos ecosistemas que podemos atopar no noso planeta, déixovos este vídeo onde nos explican todos eles.
 





martes, 28 de febrero de 2012

A NEURONA

As Neuronas son as células do sistema nervioso. Hai millóns no noso organismo.
No seguinte vídeo explícannos tanto a historia do seu decubrimento coma a súa anatomía e fisioloxía.
Moi completo.




A importancia das neuronas

O seguinte vídeo móstravos a imporancia da actividade das neuronas no noso organismo, en calquera actividade que realicemos. 
Está en inglés con subtítulos.


domingo, 26 de febrero de 2012

Neutrinos "mentireiros"

Detector do Proxecto OPERA
Puido haber anomalías nas medidas dos neutrinos superlumínicos.

Responsables do experimento OPERA, que en 2011 informaron sobre neutrinos viaxando a unha velocidade superior á da luz entre o CERN en Xenebra (Suíza) e o laboratorio Gran Sasso (Italia), recoñecen que puido haber anomalías nas medicións. Dúas incidencias relacionadas cos dispositivos GPS parecen estar detrás do problema, segundo anuncia hoxe o CERN.

A colaboración internacional OPERA, integrada por máis de 150 investigadores, informou ás súas axencias de financiamento e aos laboratorios que acollen os seus ensaios que identificou dous posibles efectos que poderían ter influído nas medidas facilitadas o ano pasado sobre o tempo que tardaron os neutrinos en viaxar, a unha velocidade lixeiramente superior á da luz, entre o CERN e o laboratorio italiano Gran Sasso.
As dúas anomalías detectadas requiren...ler máis.



Boletín Nº IV de Física 4º ESO

Os dejo el cuarto boletín del curso; en este caso corresponde a la segunda parte del estudio de la Dinámica.


sábado, 25 de febrero de 2012

O Ser Humano...un Animal único (REDES)



Déixovos unha reportaxe do programa de TV "Redes", onde se reflexiona sobre as características que fan do ser humano un ser vivo ÚNICO.


O seguinte enlace (PICA AQUÍ) mandaravos á web de RTVE, nesa páxina hai un vídeo de REDES titulado "No éramos únicos. Ahora lo somos". 


Paso a Paso...Plano Inclinado

En el siguiente vídeo podréis ver la resolución detallada de un ejercicio de Física de un Plano Inclinado con rozamiento.
Espero que os ayude.


Xerminan unha Semente do Pleistoceno


Científicos rusos logran "resucitar" unha planta cuxa semente levaba conxelada 30.000 anos. O experimento abre o camiño para a posible "resurrección" de mamíferos da Idade de Xeo.

Científicos da Academia rusa de Ciencias logrou facer crecer unha planta, a partir dos tecidos da froita, cuxa semente levaba conxelada 30.000 anos. O traballo "pioneiro" -publicado en Proceedings of the National Academy of Sciences -achanda o camiño para recuperar outras especies.

Grazas a un esquío ártico.
Os científicos dataron a este Silene Stenophylla no Plistoceno. A semente achada conxelada encontrábanse nos tobos dunha especie de esquío ártico, nun banco do río Kolyma no nordés de Siberia. Os sedimentos, conservados a unha profundidade de 38 metros, a temperaturas baixo cero, tiñan...ler máis.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Matemáticas 4º ESO Tema 5: Triángulos

El estudio matemático de los triángulos está íntimamente relacionado con la trigonometria. En el Tema 5 estudiaremos los métodos mas eficaces de resolver problemas matemáticos de triángulos.

El conocimiento matemático de los triangulos y su aplicación a la arquitectura, es algo muy antiguo, como demuestra la siguiente fotografia del papiro de Rhind (escrito durante el reinado de Apofis I, del siglo XIX a. C. de época de Amenemhat III ).



Física 4º ESO Tema 4: Dinámica (2ª parte)

Para completar el estudio de la Dinámica, en este Tema estudiaremos, entre otras cosas, las variables físicas (entre las que se encuentran las fuerzas), que permiten al ser humano hacer orbitar satélites artificiales al rededor de la Tierra.


Como ejemplo os dejo este vídeo donde nos explican los fundamentos físicos del movimiento orbital de un satélite, así como los distintos tipos de ellos que hay.




Bioloxía 3º ESO Tema 5: Sistemas Nervioso e Endócrino

Estudaremos dous sistemas con funcións complementarias, dentro do noso organismo: O NERVIOSO e o ENDÓCRINO.


Como introducción ao Tema, este vídeo mostra a importancia e complexidade do órgano que coordina todas as nosas accións e emocións: O CEREBRO.


Química 3º ESO Tema 4: Estructura del átomo



En el cuarto Tema de Física y Química de 3º de ESO, estudiaremos la ESTRUCTURA DEL ÁTOMO. 


Trabajaremos, las características de los átomos, sus modelos, sus propiedades...


Para hacernos una idea del Tema, os dejo un enlace a una página donde se muestran con animaciones, explicaciones y fotografías, lo mas relevante en el conocimiento de la estructura Atómica.
Para ir a la página, pincha aquí.


jueves, 16 de febrero de 2012

Xatcobeo, o Satélite Galego

Picosatélite Xatcobeo

O Xatcobeo, satélite de orixe galega posta en órbita o pasado Luns 13 de febreiro, a través do foguete Vega, xa emite sinais dende o espazo. Florida e o Reino Unido comezaron hoxe a recibir reportes do picosatélite de orixe vigués.

O aparato, que se lanzou ao espazo dende a Guyana Francesa, xa deu mostras de que se encontra en funcionamento menos de dúas horas despois. Iso supón que xa esta listo para inciar o envío de datos e a recepción de ordes dende a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, segundo informa a institución académica na súa páxina web.

Os nervios e a expectación das horas previas deron paso ao xúbilo e a satisfacción por converter a Universidade viguesa na primeira...ler máis.

Lanzamento do foguete Vega

Achan un camaleón máis pequeno que unha uña


Esta estraña criatura que se sostén na cabeza dun misto habita un diminuto illote de Madagascar.

Científicos alemáns descubriron en Madagascar uns camaleóns ananos que parecen sacados dun mundo en miniatura. 
Estas criaturas, chamadas Brookesia micron, encóntranse entre os réptiles máis diminutos do mundo. Alcanzan unha lonxitude máxima de só 29 mm
Aínda que pareza incrible, son máis pequenos que a uña dun dedo humano e sostéñense sobre a cabeza dun misto
A investigación aparece publicada na revista científica PLoS ONE.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Os Neandertales




Moitos científicos consideran os neandertales como antecesores inferiores: con menos capacidade intelectual e sen apenas capacidade para o fala.
Pero os últimos descubrimentos póñeno en dúbida. Os seus restos fálannos de que os neandertales tiñan a súa cultura, os seus ritos funerarios... A península ibérica foi, ao parecer, un dos últimos lugares que habitaron.
Tres14 (Programa TV - La2) falou sobre eles con algúns expertos reunidos no Congreso Internacional sobre Neandertales na Península Ibérica, organizado pola Universidade de Barcelona.


Si queres ver o vídeo PICA AQUÍ.

Actividades On-line sobre a Evolución



Déixovos o enlace dunha web onde podedes realizar e correxir distintas actividades relacionadas co Tema de Evolución, tanto da Vida como do propio ser Humano.
Espero que vos sirva para repasar e aclarar conceptos do tema.


Para ir á web PICA AQUÍ.

Oito meses incomunicado na Antártida buscando neutrinos



O físico español Carlos Pobes disponse a vivir a partir de hoxe o inverno illado na base Amundsen-Scott. Pobes farase cargo ata o próximo mes de novembro do funcionamento de IceCube, un telescopio de neutrinos que está a tomar datos coa súa configuración definitiva dende hai un ano. 

Coa partida hoxe do último avión, 50 persoas dispóñense a vivir os próximos 8 meses illados na base científica estadounidense Amundsen-Scott, situada preto do Polo Sur xeográfico e onde se alcanzan ata -80 º C en condicións de total escuridade.

O telescopio de neutrinos IceCube, é un experimento que involucra 39 institutos de investigación de 11 países e que trata de detectar neutrinos cunha serie de detectores enterrados no xeo antártico.
Pobes será o terceiro español que viva o illamento na baseAmundsen-Scott, o primeiro no experimento IceCube. 

En total, 50 persoas vivirán estes oito meses incomunicadas na base.

A base Amundsen-Scott está situada...ler máis

lunes, 13 de febrero de 2012

Achan en Paquistán unha quenlla balea



Unha espectacular quenlla balea foi encontrada morta por pescadores locais en augas próximas á cidade portuaria de Karachi, en Paquistán.Os pescadores arrastraron o peixe xigante ata o porto, onde os veciños esperaban, impacientes, para velo. 

A quenlla balea, de sete toneladas de peso e doce metros de lonxitude, foi levantada fóra da auga con grúas e cordas nunha operación que tardou máis de catro horas.O peixe subastouse por uns 18.000 dólares. Agora, exhibirano durante tres días na sala de poxas da cidade.

As quenllas balea son os peixes máis grandes do mundo e poden crecer ata os vinte metros de lonxitude. Sábese moi pouco acerca destes animais apracibles que se alimentan de plancto e peixes pequenos.

Se queres ver o vídeo do levantamento da quenlla en porto, Pica Aquí.

Nacemento dunha quenlla




O persoal do acuario Shandong (China) mantiña unha estreita vixilancia as 24 horas do seu grande estanque de quenllas. Tanta expectación debíase ao inminente parto dunha quenlla femia. Ademais, os encargados do acuario debían protexer o recén nacido xa que nada máis nacer son particularmente vulnerables aos ataques doutras quenllas.

A pequena quenlla primeiro asomou a cabeza e despois foi saíndo o resto do corpo. O proceso durou aproximadamente media hora, segundo explicou o responsable do acuario.
Foi a primeira vez que se puido gravar en vídeo todo o parto. Se queres ver o vídeo Pica Aquí.

A "Eva" Mitocondrial...a AVOA da Humanidade



Eva mitocondrial tería sido unha muller africana, que segundo a teoría xenetista, correspondería na evolución humana ao antecesor feminino que posuía as mitocondrias do cal descenden todas as mitocondrias da poboación humana actual.
Por iso, se seguimos a liña xenealóxica por vía materna de cada persoa na árbore xenealóxica de toda a humanidade, Eva mitocondrial correspondería a un único antepasado feminino da que diverxe toda a poboación actual de Homo sapiens (seres humanos).

Baseándose na técnica de Reloxo molecular, os investigadores cren que Eva viviu aproximadamente hai 150.000 anos ou como máximo 200.000 anos.

domingo, 12 de febrero de 2012

Paso a Paso...Ejercicio de Dinámica Explicado

Os dejo un vídeo, donde explican la resolución de un problema en el que tiramos de dos cuerpos, unidos mediante una cuerda que pasa por una polea, con un fuerza que forma un ángulo de 30º sobre la horizontal.
En uno de los pasos de resolución, hay una muy leve diferencia de explicación con la dada en clases, cualquiera vale ya que el resultado físico y matemático es el mismo. 
Espero que os ayude.






Foto do día


O satélite Envistat tomou esta fotografía na que se observa unha explosión de fitoplancto (conxunto dos organismos acuáticos autótrofos do plancto, que teñen capacidade fotosintética e que viven dispersos na auga)
As cores verdes e azuis mostran distintos tipos de plancto.

Esta é unha das seis mellores fotos da Terra dende o espazo en 2012. Si queres ver as outras, pica aquí.

jueves, 9 de febrero de 2012

Atapuerca Actual



Déixovos o enlace dunha reportaxe de TV, sobre Atapuerca
Nel entrevistan a José María Bermúdez De Castro, un dos directores da excavación. Fálanos do seu novo libro e da última extracción de restos a finais do 2011.


Para ver o Vídeo Pica Aquí

Paso a Paso...Disoluciones

Os dejo un vídeo donde explican la resolución de un ejercicio de disoluciones, en el que me piden calcular: El % en peso (%p); Las Fracciones Molares; La Molaridad (M) y la Molalidad (m).
Muy completo.


Paso a Paso...Repaso de Matemáticas

Os dejo un vídeo en el que se resuelve un ejercicio de trigonometría. Calcular seno y coseno de un ángulo, a partir del valor de la tangente.





Os chimpancés comprenden a axuda que os seus conxéneres necesitan



Científicos xaponeses comprobaron que a 'teoría da mente' tamén é aplicable a chimpancés, non só a humanos. Estes primates poden entender o obxectivo que pretende outro membro da súa mesma especie e así axudalo axeitadamente. O que non son capaces de facer é tomar a iniciativa á hora de axudar.

Os expertos definen a 'teoría da mente' como a capacidade de comprender e predicir a conduta doutras persoas, os seus coñecementos, as súas intencións, as súas emocións e as súas crenzas
Ata agora era unha habilidade que se atribuíra principalmente os seres humanos por ser capaces de entender os obxectivos de terceiros e prestar axuda de forma desinteresada.

Algúns animais conseguen axudar de xeito altruísta pero só os humanos fano voluntariamente. Agora, primatólogos da Universidade de Kioto (Xapón) trataron de probar a 'teoría da mente' en chimpancés e demostraron que...ler máis

Que dedos da man se moven máis rápido?




Cando queremos mover de forma independente os dedos da man, o maimiño (meñique) e o polgar (os dedos "externos") reaccionan moito máis rápido que o dedo corazón.
Isto débese a que as células nerviosas que controlan os dedos veciños afectan negativamente á capacidade de resposta, segundo demostraron Hubert Dinse e os seus colegas do Instituto de Computación Neuronal da Universidade de Bochum (Alemaña) nun estudo publicado en PNAS.
E o dedo corazón leva todas as de perder porque ten outros dous dedos a cada lado.

Ao parecer, este fenómeno...ler máis

miércoles, 8 de febrero de 2012

martes, 7 de febrero de 2012

O Museo da Evolución Humana

O Museo da Evolución Humana de Burgos, aberto dende o 2010, axuda mellor a entender a orixe do home e a súa evolución. 
Tamén ten un espazo adicado a que o público coñeza todos os descubrimentos realizados na Serra de Atapuerca.

Déixovos un vídeo promocional do Museo.



lunes, 6 de febrero de 2012

Paso a Paso... Ácidos Oxácidos

Os dejo la formulación de dos ácidos oxácidos por la Nomenclatura tradicional.
Se trata del ácido nitroso y el ácido pirohipoantimonioso.
Completamente explicado. Espero que os ayude.


FOTO DO DÍA


Belas paisaxes nevados en Europa
Unha familia xoga no xélido paseo do lago de Xenebra (Suíza). (GTRES)

Descifran o ADN do individuo máis antigo coñecido en Galicia

SERRA DO COUREL (LUGO)


A secuenciación do ADN dos restos humanos máis antigos coñecidos ata agora en Galicia -achados a comezos do 2010 nunha cova da serra do Courel, Lugo (enlace)- está a dar os primeiros resultados, que indican que as poboacións galegas de finais do Paleolítico mostraban unha afinidade xenética coas doutras rexións de Europa.
O mesmo sucede cos fósiles doutros dous individuos de épocas prehistóricas moito máis recentes, descubertos hai anos nos depósitos de Cova Eirós(Triacastela) e Pa do Rebolal (Rubiá), que están a ser estudados dentro do mesmo proxecto.

O estudo áchase aínda nunha fase inicial e o que se puido secuenciar por agora son fragmentos do ADN mitocondrial, que se transmite unicamente por vía materna.
Segundo indican os investigadores do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, o fósil do Courel, de entre 8.000 e 9.000 anos de antigüidade, presenta unha combinación de xenes dunha variedade que ata agora non se localizara na Península, aínda que si estaba rexistrado en restos humanos prehistóricos de...ler máis

domingo, 5 de febrero de 2012

Campaña contra a fame no terceiro mundo

925 millóns de persoas sofren fame crónica no mundo. (FAO).


REFLEXIONA e ACTÚA



Paso a Paso: Ejercicio Boletín de Dinámica

Os dejo la explicación detallada, del ejercicio 13 del Boletín de Dinámica. Concretamente es el apartado (b) de la tercera figura, en el que la fuerza aplicada forma un angulo de 35º con la superficie horizontal.
Espero que os ayude.


sábado, 4 de febrero de 2012

Actividades: Apuntes Evolución Humana

Xa podedes descargar as actividades correspondentes aos apuntes sobre a EVOLUCIÓN DO SER HUMANO.


Identifican unha terceira ruta de expansión do Neolítico na Península Ibérica


Un equipo internacional liderado por científicos españois descubriu unha nova vía de entrada da cultura neolítica na zona Mediterranea, polo sur de España. A chamada 'ruta do Magreb' explicaría os trazos de identidade propios do Neolítico neste área.


As rutas de chegada da cultura neolítica á Península Ibérica foron discutidas dende hai case un século. Tradicionalmente, acéptase que se produciu unha primeira expansión pola marxe setentrional do mar Mediterráneo, e unha segunda, marítima, que chegou ás Illas Baleares dende Chipre.

Agora, un equipo multidisciplinar liderado pola Universidade de Sevilla puxo en evidencia unha terceira ruta, o Magreb, que explica os trazos propios...ler máis

Descobren un antecesor do crocodilo


Investigadores da Universidade de Misuri (EUA) identificaron unha nova especie de crocodilo prehistórico de hai 95 millóns de anos á que bautizaron como Shieldcroc, que significa 'crocodilo escudo'. Trátase do antepasado máis antigo que se coñece dos crocodilos que habitan na actualidade en África.

Os expertos outorgáronlle o seu sobrenome debido ao 'escudo' de pel grosa que consideran tiña na súa cabeza, moito máis plana que ningunha outra especie coñecida. Os investigadores cren...ler máis

viernes, 3 de febrero de 2012

Paso a Paso (Vídeo)

En el siguiente vídeo nos muestran la explicación, detallada, de la resolución de un problema de trigonometría. Se trata de calcular todas las razones de un ángulo a partir de una de ellas y su cuadrante.
Muy Detallado.


Relación entre las razones trigonométricas

En el siguiente vídeo podéis ver como a partir de la tangente de un ángulo se puede calcular el valor del coseno. Importante observar como se deduce el cuadrante del ángulo expresado en radianes.


jueves, 2 de febrero de 2012

miércoles, 1 de febrero de 2012

Auroras Boreais en Noruega


Tormenta Solar - NASA


Debido a unha tormenta solar ocorrida na nosa Estrela, fai uns días, a densa nube de materia solar golpeou o martes o campo magnético da Terra -o seu máximo pico produciuse sobre as tres da tarde, hora española- non pasou desapercibida. 
O hemisferio norte notou os seus efectos de sobra.
Espectaculares auroras boreais (pica aquí para ver as fotos) caeron dos ceos en distintos países como Escandinavia, Islandia e Groenlandia -os máis privilexiados-, e mesmo puideron verse en Escocia, moito máis ao sur do que é habitual.

O fenómeno foi tan magnífico que os observadores de auroras quedaron impresionados. 

«Foi unha das mellores luces do norte que vin xamais», asegura Andy Keen, de Inari (Finlandia) á web Spaceweather.com. 
«Foi, en definitiva, realmente espectacular e algo que vai vivir comigo para toda a vida», di con emoción Chad Blakely, guía turístico do Parque Nacional de Abisko en Suecia. «Non» podo describir «a emoción».

Paso do Asteroide Eros



A rocha espacial Eros, de 34 quilómetros de lonxitude, realizará a súa máxima aproximación, hoxe Mércores, ao noso planeta dende 1975 e será doadamente visible no ceo nocturno.Non é ningún descoñecido. Chámase Eros e é un xigantón, o segundo asteroide próximo á Terra en tamaño despois de Ganímedes. 
Mide 34 Km de lonxitude e hoxe mércores achegarase á Terra como non o fixera dende 1975. 
A pesar das súas desproporcionadas dimensións -máis de 300 campos de fútbol do tamaño do Bernabéu un detrás doutro-, non supón perigo ningún para o noso planeta. Situarase a 26,7 millóns de quilómetros, o que segue sendo unha distancia considerable, e atravesará o ceo nocturno a través das constelacións de Leo, Sextante e Hidra. 
Será doadamente visible mesmo con telescopios modestos. Os afeccionados á astronomía...ler máis

De rato a elefante en 24 millóns de xeracións

Canto tardaría a evolución en facer un elefante a partir dun animal do tamaño dun rato? Uns científicos teñen a resposta: 24 millóns de xeracións. 
Un cambio menos radical, partindo do tamaño do coello, levaría 10 millóns de xeracións. 
Non obstante, o cambio en dirección inversa é moito máis rápido: unhas 100.000 xeracións abondan para pasar do xigantismo ao ananismo. 
Unha vintena de biólogos e paleontólogos realizaron unha investigación a grande escala de evolución do tamaño en mamíferos dende a desaparición dos dinosauros, hai 65 millóns de anos, e é un estudo...ler máis

O elo perdido?...



Darwinius masillae é unha especie extinta de PRIMATE
O único fósil coñecido desta especie encontrouse en 1983 no sitio fosilífero de Messel, a uns 35 Km ao sueste de Fráncfort (Alemaña).
Ten un papel destacado no estudo da evolución dos primates. Cando foi descuberto, dividiuse en dúas partes para venderse por separado a diversos afeccionados, non téndose noticias deste ata o ano 2006. Alcumóuselle co nome de "Ida" en honor á filla de Jørn Hurum, o paleontólogo noruegués que garantiu a busca dunha parte dos fósiles.
Ida é unha mostra dunha extinción de especies primatesfilogenéticamente ancestrais que viviron hai 47 millóns de anos. Dise que é importante como unha forma transitoria (o chamado "elo perdido") entre o principios dos primates primitivos e os simios. 



Gorilas que sorrín...Humanos tamén



Un estudo sobre as expresións faciais dos gorilas revelou que estes primates sorrín habitualmente mentres xogan para ofrecer un sinal amigable aos seus semellantes. 
Ao mostrar os dentes aos seus compañeiros lles están a dicir que non van danalos, conclúen científicos da Universidade de Plymouth (Reino Unido) nun estudo que publica a revista American Journal of Primatology.
Estas condutas permitan explicar a orixe do sorriso e a risa en seres humanos, explican os autores.

Os investigadores aseguran...ler máis

Circulación Sanguínea. Aclaramos conceptos



A circulación sanguínea nos seres vivos pode ser SIMPLE ou DOBRE (si pasa unha ou dúas veces polo corazón) e COMPLETA e INCOMPLETA (si Non se mestura sangue osixenada e desosixenada ou SI se mestura). Vexamos exemplos:

Circulación simple. É propia dos peixes. O corazón esta formado por dúas cámaras: unha aurícula e un ventrículo. A contracción do ventrículo fai que o sangue saia do corazón por unha arteria, cara ás branquias, onde se osixena. Dende as branquias, o sangue é distribuído, onde cede o osixeno, recolle dióxido de carbono e regresa polas veas ata o corazón. Deste xeito, o corazón só impulsa sangue sen osixenar e nunca sangue osixenado.


Circulación dobre. Dáse entre os vertebrados que respiran mediante pulmóns: anfibios, réptiles, aves e mamíferos. O sangue pasa dúas veces polo corazón, seguindo dous circuítos, que corresponden á circulación menor ou pulmonar e á circulación maior.


Circulación dobre incompleta. Dáse en animais, como os anfibios e a maioría dos réptiles, cuxo corazón esta formado por tres cavidades: dúas aurículas e un ventrículo. O sangue osixenado e o sangue sen osixenar mestúranse no ventrículo.



Circulación dobre completa.  Acontece nas aves, mamíferos e algúns réptiles, como os crocodilos. Neste caso, o corazón esta dividido en catro cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos. Pola metade esquerda do corazón circula sangue osixenado, mentres que pola metade dereita circula sangue sen osixenar; e, dado que non existe comunicación entre as dúas zonas, ambos os dous tipos de sangue NON se mesturan.