Déixovos o enlace dunha páxina web, onde atoparedes unha serie de actvividades interactivas correspondentes ao Tema 2. Entre as actividades hai algunhas interesantes sobre fallas e dobras, para repasar todos os elementos que forman estas estructuras xeolóxicas.
Espero que vos sexa de axuda; pica na imaxe para acceder á páxina.
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 2 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 2 BX 4º ESO (2014/15). Mostrar todas las entradas
domingo, 9 de noviembre de 2014
viernes, 31 de octubre de 2014
A Isostasia en Escandinavia
A isostasia é a condición de equilibrio que presenta a superficie terrestre debido á diferenza de densidade das súas partes. Resólvese en movementos verticais (epirogénicos) e está fundamentada no principio de Arquímedes. Foi enunciada como principio a finais do século XIX.
O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relevo da Terra. Os continentes son menos densos que o manto, e tamén que a codia oceánica. Cando a codia continental se prega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Rematado o ascenso, comeza a erosión. Os materiais deposítanse, co tempo, fóra da cadea montañosa, co que esta perde peso e volume. As raíces ascenden para compensar esta perda deixando en superficie os materiais que estiveron sometidos a un maior proceso metamórfico.

Un exemplo real e actual é a subida da masa continental escandinava por mor do desxeo dos glaciares nesa zona do Planeta.
miércoles, 29 de octubre de 2014
martes, 28 de octubre de 2014
domingo, 26 de octubre de 2014
Naica - A Gruta dos Cristais Xigantes
Naica é mundialmente famosa pola chamada Cova dos cristais, descuberta en 2000, na que se encontran enormes cristais de selenita de ata 10 metros de lonxitude e un metro de ancho, que a converteron nun atractivo turístico. Foi descuberta accidentalmente cando se exploraban as minas en busca de minerais como chumbo principalmente.
O Modelado Costeiro
Déixovos un vídeo onde se repasan as formas de relevo máis caracteristicas das zonas costeiras.
sábado, 25 de octubre de 2014
Oroxenia herciniana. A formación da Península Ibérica
Dende principios da Era Primaria existía o continente que os xeólogos denominaron Gondwana, de contornos distintos ao do continente africano actual, pero do que en realidade deriva este continente. Polo norte estendíase ao mesmo tempo o continente que podemos chamar Paleoeuropa do que despois derivaría a actual Europa. E entre ambos os dous continentes un mar moito máis ancho e profundo que o actual Mediterráneo, o antigo Tetisdos xeólogos.
A finais da Era Primaria producíronse movementos tectónicos e oroxénicos chamados en conxunto oroxenia hercínica (ou pregamento herciniano), de grande intensidade. Tras eles, os territorios occidentais da Península adquiriron unha fisionomía semellante á actual. Polo norte, este e sur estendíase o mar deTetis. O relevo así formado tomou a dirección armoricana (nome da antiga Bretaña francesa) de NON-SUESTE.
O pregamento herciniano afectou a grandes masas de sedimentos que se transformaron en lousas, cuarcitas e formacións graníticas. Toda esta actividade magmática deu lugar tamén a filóns de minerais como chumbo, mercurio, pirita, etc., que son a base principal da riqueza mineira da península. Este movemento afectou a toda Europa e deu lugar, entre outros, ao Macizo Central e a Selva Negra.

viernes, 24 de octubre de 2014
jueves, 23 de octubre de 2014
martes, 21 de octubre de 2014
GLACIARISMO EN SIERRA NEVADA. Elementos de relevo
Morenas laterais, frontais e terminais. Vales glaciares modelados pola canle do rio de San Juan. Bloques erráticos abandonados de varias toneladas, acanaladuras e estrías orixinadas polo rozamento dos glaciares ao longo do seu desprazamento. a través deste val. Todo un modelado glaciar remodelado por ríoos, transformándoo en val fluvial como proceso final da súa evolución.
lunes, 20 de octubre de 2014
A Peninsula Ibérica tragará o Atlántico
Dentro de 220 millóns de anos, o mapa do mundo terá cambiado por completo. O Atlántico xa non existirá e a actual Península Ibérica estará xunto ao que hoxe é o contimente americano.
domingo, 19 de octubre de 2014
Os Glaciares. Axente erosivo do Sistema Morfoclimático Glaciar
O glaciar é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación. Consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.
Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.
Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.
EROSIÓN GLACIAR
A falla de San Andrés acumula enerxía para un gran terremoto en California
Catro sectores urbanos situados nas proximidades da falla de San Andrés (California) almacenaron suficiente enerxía para producir grandes terremotos. Esta é a conclusión dun novo estudo, publicado no Boletín da Sociedade Sismolóxica de América, que mide o deslizamento das fallas.
No traballo, advírtese de que tres destas seccións -Hayward, Rodgers Creek e Green Valley- están a un punto ou menos da media de intervalo de recorrencia, é dicir, de rematar en sismo.
O ciclo dun terremoto reflicte a acumulación de tensión na falla, o seu deslizamento e a súa reacumulación. Un sismo prodúcese cando existe un deslizamento da placa e libérase a tensión acumulada na parte superior da codia terrestre. Deste modo, mentres non hai deslizamento, a enerxía séguese almacenando ata que é liberada por un terremoto.
Este estudo estima a cantidade de deslizamentos que se producen en cada sección da falla de San Andrés e se estes poden repercutir no tamaño potencial do próximo terremoto. "O grao de deslizamento das fallas, e polo tanto do bloqueo, controla o tamaño e o momento en que se producen os grandes terremotos no sistema", explicaJames Lienkaemper, autor da investigación.
Ao seu xuízo, "a medida do deslizamento nalgunhas seccións da falla aínda non está ben determinada", de aí que esta sexa unha das súas "prioridades" a estudar, sobre todo nos sectores urbanos próximos ás zonas de perigo.
sábado, 18 de octubre de 2014
Viaxes Xeolóxicas. National Geographic WILD
Viaxes Xeolóxicas lévanos aos lugares máis perigosos e dinámicos do noso planeta e axúdanos a entender como se formaron.
Dende algúns dos picos montañosos ata as planicies salinas máis baixas e dende o centro de violentos volcáns ata as profundas brechas baixo o leito oceánico, Viaxes Xeolóxicas examina os misteriosos procesos xeolóxicos da Terra.
miércoles, 15 de octubre de 2014
O Ciclo das Rochas
No contexto do tempo xeolóxico as rochas sofren transformacións debido a distintos procesos. Os axentes xeolóxicos exteriores producen a meteorización, erosión, transporte e sedimentación das rochas da superficie.
Chámase meteorización á acción xeolóxica da atmosfera, que produce unha degradación, fragmentación e oxidación. Os materiais resultantes da meteorización poden ser atacados pola erosión e transportados. A acumulación de fragmentos de rocha desprazados pola gravidade forman derrubos. Cando cesa o transporte dos materiais, estes deposítanse en forma de sedimentos nas cuncas sedimentarias, uns sobre outros, formando capas horizontais (estratos).
Os sedimentos sofren unha serie de procesos (diaxénese) que os transforman en rochas sedimentarias. Aquelas proceden da compactación e cementación de sedimentos; prodúcense nas cuncas sedimentarias, principalmente os fondos mariños.
A compactación é o proceso de eliminación de ocos nun sedimento, debido ao peso dos sedimentos que caen enriba. A cementación é consecuencia producida pola compactación; consiste na formación dun cemento que une entre si aos sedimentos (os fragmentos de rochas).

martes, 14 de octubre de 2014
Recurso TIC. Fallas e dobras
Déixovos un enlace onde atoparedes información tanto de fallas como dobras, con exemplos animados de cda un destes elemntos xeolóxicos.
Pica na Imaxe para acceder ao recurso.
Pica na Imaxe para acceder ao recurso.
viernes, 10 de octubre de 2014
Probas da enerxía interna do Planeta. Tema 2 Xeoloxía 4º ESO
Ao longo do Tema 2 de Xeoloxía de 4º de ESO, estudaremos as manifestación externas da enerxía interna do noso Planeta.
O Calor interno do noso Planeta ten unha serie de manifestacións no exterior que podemos observar a simple vista, nas distintas formas de relevo; entre elas destacamos:
VOLCÁNS: volcán Marum (República de Vanatu - Pacífico)
GÉISER: O máis coñecido dos geysers do National Yellowstone Park deléitanos cunha das súas erupcións, que se repiten aproximadamente cada hora e alcanzan alturas duns 50 metros

Suscribirse a:
Entradas (Atom)