SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta SETEMBRO BIOLOXÍA 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SETEMBRO BIOLOXÍA 4º ESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de agosto de 2012

Tema 2. A división celular

Preguntas de exame do libro de texto.

Páxina 23. (Actividade 1). Que é o ADN?. Cal é a súa función?.

É un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas utilizadas no desenvolvemento e o funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus. 
A función principal das moléculas de ADN é o almacenamento a longo prazo da información xenética do individuo, permitíndolle desenrolarse e formar as proteinas necesarias para o mantemento da vida.

Páxina 23. (Actividade 5). Define: CROMÁTIDA - CENTRÓMERO - CARIOTIPO - CROMOSOMA HOMOLÓGO - XENONA.

CROMÁTIDA: A cromátida é unha das unidades lonxitudinais dun cromosoma duplicado, unida ao seu cromátida irmá polo centrómero, é dicir, a cromátida é toda a parte á dereita ou á esquerda do centrómero do cromosoma.


CENTRÓMERO: É a zona pola que o cromosoma interacciona coas fibras do fuso acromático dende profase ata anafase, tanto en mitose coma en meiose, e é responsable de realizar e regular os movementos cromosómicos que teñen lugar durante estas fases .


CARIOTIPO: O cariotipo é o patrón cromosómico dunha especie expresado a través dun código, que describe as características dos seus cromosomas.


CROMOSOMA HOMOLOGO: Un cromosoma homólogo é cada cromosoma dun par que existen dentro do organismo eucariótico diploide, e que realizan un entrecruzamento cromosómico entre si durante a meiose.


XENOMA: O xenoma é a totalidade da información xenética que posúe un organismo en particular e que codifica para el.


Páxina 25. (Actividade 1). Que é o ciclo celular?. En que periodos se divide?.

O ciclo celular é un conxunto ordenado de sucesos que conducen ao crecemento da célula e a división en dúas células fillas.
A célula pode encontrarse en dous estados claramente diferenciados:
  • (1) - O estado de non división ou interfase. A célula realiza as súas funcións específicas e, se está destinada a avanzar á división celular, comeza por realizar a duplicación do seu ADN.
  • (2) - O estado de división, chamado fase M.

(1) - Interfase

É o período comprendido entre divisións celulares. É a fase máis longa do ciclo celular, trascurre entre dúas mitoses e comprende tres etapas:
  • Fase G1: É a primeira fase do ciclo celular, na que existe crecemento celular con síntese de proteínas e de ARN. É o período que trascurre entre o fin dunha mitose e o inicio da síntese de ADN. A célula duplica o seu tamaño e masa debido á continua síntese de todos os seus compoñentes, como resultado da expresión dos xenes que codifican as proteínas responsables do seu fenotipo particular. 

  • Fase S: É a segunda fase do ciclo, na que se produce a replicación ou síntese do ADN, como resultado cada cromosoma duplícase e queda formado por dúas cromátidasidénticas. Coa duplicación do ADN, o núcleo contén o dobre de proteínas nucleares e de ADN que ao principio. 

  • Fase G2: É a terceira fase de crecemento do ciclo celular na que continúa a síntese de proteínas e ARN. Ao final deste período obsérvase ao microscopio cambios na estrutura celular, que indican o principio da división celular. Remata cando a cromatina empeza a condensarse ao inicio da mitose.

(2) - Fase M (mitose e citocinese)

É a división celular na que unha célula proxenitora se divide en dúas células fillas idénticas. Esta fase inclúe a mitose, á súa vez dividida en: profase, metafase, anafase, telofase; e a citocinese, que se inicia xa na telofase mitótica. Se o ciclo completo durase 24 h, a fase M duraría arredor de media hora (30 minutos).




martes, 31 de julio de 2012

Bioloxía 4º ESO. Tema 1. Repaso Setembro

Pregunta Exame do Libro de Texto. (Páx. 5)

Define os seguintes termos: TECIDO, ÓRGANO e APARELLO.

TECIDO: é aquel material constituído por un conxunto organizado de células, cos seus respectivos orgánulos iguais ou duns poucos tipos de diferenzas entre células diferenciadas dun modo determinado.

ÓRGANO: é un conxunto asociado de tecidos que concorren en estrutura e función.

APARELLO: é un conxunto de órganos que desempeñan unha mesma función e máis amplo que un sistema. Por exemplo, aparato dixestivo.