SLIDER

jueves, 26 de abril de 2012

Dorsal Mesoatlántica



É unha cordilleira volcánica mergullada que divide o océano Atlántico ao longo do seu eixe norte-sur. 
A cadea montañosa cobre a parte media da conca oceánica ao longo de 15.000 km a través do Atlántico norte e do Atlántico sur, dende Islandia no norte ata un punto situado a 7 km ao leste do extremo meridional de Sudamérica

A dorsal, que forma parte dunha cordilleira volcánica mergullada que envolve a Terra (cunha lonxitude próxima aos 65.000 km), rompe a superficie oceánica en varios lugares, dando lugar á existencia de sete illas ou grupos de illas, Islandia e As Azores, son algúns exemplos.

Punto Quente (Hotspot)

Os Hotspot, son áreas de actividade volcánica alta en relación aos seus entornos. A diferenza doutras áreas de vulcanismo como as zonas de subducción ou as dorsais oceánicas o vulcanismo dos puntos quentes non está necesariamente asociado ás partes limítrofes das placas tectónicas.

O arquipélago de Hawai, está formado por un destes puntos quentes, situado na zona central da Placa Pacífica. Fixádevos na imaxe (Google Earth)como todas as illas gardan unha relación marcada por unha liña, que indica o desprazamento da Placa Pacífica no seu movemento sobre o manto terrrestre.




De varios

RECURSO TIC...Google Earth

Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información Xeográfica (SIG), creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3 D do planeta, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta.

É un recurso moi útil para poder entender mellor os conceptos estudados no Tema 9 de Xeoloxía 4º ESO. Déixovos o enlace de descarga, por si non o tedes...xá.




Repaso de conceptos da Dinámica de Placas

En 4º de ESO, estamos a estudar os aspectos máis salientables do movemento das Placas Litosféricas. Ata agora, traballamos conceptos como: Que é unha Placa?, como se moven?, que consecuencias ten ese movemento na superficie terrestre?, e outros...


Como resumo do estudado ata agora, déixovos este vídeo, onde se explican conceptos fundamentais sobre a Tectónica de Placas.


martes, 24 de abril de 2012

Correntes convectivas do Manto

A convección no manto terrestre é un proceso caótico de dinámica de fluídos que parece determinar o movemento das placas tectónicas e, por esa vía, á deriva dos continentes. 

Neste contexto convén ter presente que a deriva dos continentes é só parte do proceso de desprazamento das placas tectónicas, xa que a rixidez destas e os fenómenos de xeración de nova codia que acontecen ao longo dos rifts e de destrución ao longo das rexións de subducción, dan a este un carácter moi complexo.

Para ver unha representación do que ocorre no manto terrestre, mirade isto.


Da Deriva Continental ata a Tectónica de Placas

A Teoría da Deriva Continental, foi a primeira gran Teoría que puña de manifesto o continuo movemento dos continentes sobre un enorme depósito de magma; anos despois unha nova teoría A Tectónica de Placas, perfeccionaba á anterior, explicando o mecanismo de movemento das placas, así como o relevo externo da Terra.


Como un bó resumo, déixovos este vídeo.




domingo, 22 de abril de 2012

Foto do día


Rabuña (araña) custodiando os seus ovos, Maui, Hawái. Fotografía de Darlyne Murawski

Encóntrase só nas illas de Oahu, Molokai, Maui e Hawái. A araña "a cara feliz", vixía os seus ovos sobre unha folla en Maui. 
Esta araña recibe o seu nome polos debuxos que ten por todo o seu corpo. Os científicos cren que serve como mecanismo de defensa.

Tema 9 Xeoloxía 4º ESO: A Tectónica de Placas

Dentro do Tema 9, estudaremos entre outros contidos, a Teoría da Tectónica de Placas, que nos demostra, que a situación actual dos Continentes non foi sempre a mesma, e que no futuro será moi distinta a actual.


Para descubrilo, mirade este vídeo.


O Volcán Popocatépetl (México) entra en erupción


O volcán Popocatépetl, situado no centro de México, emitiu hoxe unha enorme fumarola de vapor de auga e cinza que alcanzou unha altura de dous quilómetros sobre o cráter, informaron as autoridades que supervisan a súa actividade. A columna de vapor e cinza pódese ver dende os estados mexicanos que circundan o volcán, Puebla, Morelos e o Estado de México.

A fumarola é consecuencia de que nas últimas cinco horas houbo doce exhalacións de mediana intensidade que se rexistraron a madrugada de hoxe, segundo o Centro Nacional para a Prevención de Desastres (Cenapred) en México. O Popocatépetl rexistrou 62 expulsións de vapor e cinza nas últimas once horas.

Ademais lanzou fragmentos de material incandescente que...ler máis.

Por que producen enerxía as placas solares?



Segundo explica o catedrático Antonio Ruiz de Elvira, todo se basea na capacidade que os raios solares teñen para 'mover' electróns do seu sitio.

Posto que os electróns se moven caoticamente en torno ao núcleo do átomo en distintas capas, cando unha destas partículas é desprazada cara a outro orbital, tende a volver ao seu estado inicial, liberando enerxía, que se pode 'canalizar'.

Se queres ver a explicación detallada, PICA AQUÍ e entra no vídeo.


África descansa sobre enormes balsas de auga subterránea

Gráfico do Reparto de Auga Subterránea

Un mapa xeolóxico elaborado por científicos británicos mostra que África descansa sobre unha reserva inmensa de auga subterránea, cuxos maiores acuíferos se situarían no norte, segundo explicou Alan MacDonald, o xeólogo que liderou a investigación.

O volume total de auga subterránea ascendería a medio millón de quilómetros cúbicos, unha cantidade, que equivale a vinte veces a auga procedente das precipitacións anuais en toda África.
Arredor da metade destas reservas -que datan de hai uns 5.000 anos- encontraríanse en Libia, Alxeria e Chad, coincidindo cunha parte do deserto do Sahara, detallou MacDonald.

"Estas grandes bolsas de auga poderían aliviar a situación de máis de 300 millóns de africanos que non dispoñen de auga potable, así como mellorar a produtividade dos cultivos", afirmou este experto, da institución científica British Geological Survey...ler máis.

XEOLOXIA: A TECTÓNICA DE PLACAS

En 4º de ESO, pasamos a estudar o Bloque de Xeoloxía, comezando polo Tema 9: A Tectónica de Placas.

Esta teoria explica como e por que se moven os continentes, asentados en enormes Placas Litosféricas, sobre un manto de magma. 

Como presentación tanto do Bloque Xeolóxico do curso, asi como do Tema 9, déixovos estas dúas partes dun documental, onde explican o Movemento Continental, dun xeito un tanto espectacular.




viernes, 20 de abril de 2012

POWER POINT: TEMA 6 BIOLOXÍA 3º ESO

Déixovos o Power do Tema 6: Receptores e Efectores.



Recursos TIC

Para Bioloxía 3º de ESO


Déixovos o enlace dunha páxina web, one podedes repasar os conceptos máis importantes sobre o estudo dos ósos e os músculos do corpo humano.
No recurso atoparedes apuntes explicados, exercicios e animacións que vos axudarán a comprender mellor o Tema.
Espero que vos axude.


RECURSO: PICA AQUI


Curiosidade: Sen a penas Osíxeno...

As toupas son capaces de respirar sen a penas osíxeno. 

Son bos escavando túneles, e son son os mamíferos mellor adaptados á vida subterránea. O truco das toupas non está no nariz senón no sangue que, a diferenza da nosa, non se deixa intoxicar polo dióxido de carbono
Mentres os humanos nos afogamos ao respirar dentro dunha bolsa de plástico, as toupas son capaces de inhalar unha e outra vez o mesmo aire.


Vídeo: Pica na Imaxe





Tormenta Solar

A NASA grava a tormenta solar máis espectacular dos últimos anos.

Unha forte labarada xorde dende a superficie do Sol, expulsando unha gran cantidade de masa. Segundo os expertos, non está previsto que as súas partículas alcancen a Terra aínda que si auguran máis tormentas para os próximos días.





Más vídeos en Antena3

Exercicio de Calorimetría

ENUNCIADO: Calcula el calor necesario para pasar 120 g de hielo a - 10ºC a vapor a 100ºC.

RESOLUCIÓN: Para resolver el problema debemos ir calculando todos los Calores "Parciales" del proceso. Para ello tenemos en cuenta cada una de las etapas, si se produce o no un cambio de estado. OJO CON LAS UNIDADES!!!.


Para verlo con mayor detalle, os dejo el siguiente vídeo.



jueves, 19 de abril de 2012

Outra ollada a Músculos e Ósos

Nos seguintes vídeos veredes os músculos e os ósos, dun xeito distinto. Os vídeos están extraídos do documental de National Geographic, "A Incrible Máquina Humana".








Sistema esquelético

No seguinte vídeo podedes repasar os conceptos máis importantes do Sistema Esquelético Humano. Nel destácanse os ósos máis característicos así como a súa funcionalidade.


miércoles, 18 de abril de 2012

Os Músculos

Déixovos un vídeo onde podedes ver un resumo da estructura dun músculo, destacando a presenza das Fibras Musculares, asi como, as dúas proteinas encargadas da contracción muscular, a Miosina e Actina.


martes, 17 de abril de 2012

As Articulacións

Dentro do estudo dos ósos do corpo humano, un aspecto importante son AS ARTICULACIÓNS. Éstas son as unións dos ósos, con ou sen movemento. Unha das máis complexas é a articulación do XEONLLO.


Para decatarse da complexidade desta ariculación, déixovos un vídeo onde explican todos os seus compoñentes.




domingo, 15 de abril de 2012

Power Point Tema 8 Bioloxía 4º ESO

Déixovos o Power Point do Tema 8: A Terra un Planeta en continuo CAMBIO
Está dividido en dúas partes:


PARTE 1
View more PowerPoint from montx189



PARTE 2
View more PowerPoint from montx189

sábado, 14 de abril de 2012

Un Sándwich que NON caduca



Unha das últimas innovacións do exército norteamericano (como non...) ten que ver coa comida. Trátase dun sándwich que non caduca. Ten sabor a polo barbacoa e é inmune ás bacterias e ao paso do tempo.

Se queres saber maís pica aquí e entra no vídeo.



Punto medio de un segmento. Vectores

En el siguiente vídeo calculan el punto medio de un segmento originado por dos puntos A y B; lo resuelven por dos métodos distintos...mucho más sencillo y rápido el primero...


Vectores: Puntos alineados

Dentro del estudio de los Vectores y sus aplicaciones al cálculo, os dejo este ejercicio resuelto sobre la comprobación matemática de tres puntos alineados.


viernes, 13 de abril de 2012

É posible clonar un mamut?...

Investigadores rusos xa traballan nun programa pioneiro que busca clonar a partir dos fósiles de Mamut a este antepasado dos elefantes. O principal problema é encontrar unha cadea de ADN completa. Un reto ao máis puro estilo Jurassic Park.


Para lograr o seu propósito chegaron a un acordo co polémico doutor coreano Hwang Woo Suk, creador do primeiro can clonado. A idea é clonar un mamut a través do ADN encontrado nestes fósiles. Unha idea ambiciosa e que se encontra con dous problemas.


Como indican os expertos, o principal escollo é que para levase a cabo esta clonación necesítase unha cadea de ADN de Mamutcompleta. E eses a día de hoxe é imposible. A cadea de ADN rompe cando un animal morre, polo que é imposible encontrar unha serie completa actualmente.


Vídeonoticia



Más vídeos en Antena3

A Evolución: 550 Millóns de Anos ...en 5 minutos

Despois de ter estudado o Tema 8, no que fixemos un percorrido histórico polas distintas idades do Planeta, déixovos un vídeo resumo da EVOLUCIÓN da VIDA no Planeta Terra...tan só en cinco minutos. Curioso.


miércoles, 11 de abril de 2012

O sentido do Oído

Dentro do Tema 6 de Bioloxía de 3º de ESO, estudamos a audición así como anatomía do oído humano
No seguinte vídeo vemos o funcionamento deste órgano funcional do corpo humano.



lunes, 9 de abril de 2012

Encontran en Siberia unha cría de mamut conservada durante 10.000 anos baixo o xeo


As feridas que presentan os restos deste mamut, en excelente estado de conservación, mostran que morreu vítima duns leóns e que tamén tiña feridas provacadas por humanos. É a primeira mostra de interacción entre mamuts e humanos.

Esta cría de mamut bautizada como 'Yuka' foi encontrada nun acantilado conxelado de Siberia, e o seu moi bo estado de conservación permitiu aos científicos saber máis sobre estes lendarios animais.

Tras examinar o seu corpo os científicos viron probas de que os humanos roubaban a súa comida dos leóns cazadores, xa que os restos do animal mostran feridas dos predadores.

Os cientificos tamén estimaron que 'Yuka' tiña entre tres ou catro anos cando faleceu hai 10.000 anos e... ler máis.

Principio de Conservación de la Energía Mecánica. Física 4º ESO

Repasamos el concepto de conservación de la Energía Mecánica de un cuerpo, en un plano inclinado. En este caso el plano no tiene rozamiento.


Tema 5 Física 4º ESO. Energías Cinética y Potencial

Repasamos los conceptos de Energía Cinética y Potencial, mediante un ejercicio práctico.


Boletín Nº 5 Física 4º ESO. Energía, Trabajo y Calor

Os dejo el 5º Boletín del curso para Física de 4º de ESO. Se trata del boletín correspondiente al estudio del Tema de Energía, Trabajo y Calor.


Preguntas de Exame. Tema 8 Bioloxía 4º ESO - Historia da Terra

Déixovos as preguntas sobre os apuntes da Historia da Terra dentro do estudo do Tema 8 de Bioloxía 4º de ESO.


martes, 3 de abril de 2012

2012 podería marcar un novo record no número de incendios en España

Un bombeiro traballa nos labores de extinción do lume en Lamelas, preto da Capela.
  • En España arde cada ano unha media de 150.000 hectáreas, nuns 21.000 incendios que teñen un custo de 1.800 millóns de euros.
  • Só levamos catro meses dende que comezou 2012 e os primeiros datos xa cuadriplican aos que se rexistraron hai un ano, todo fai prever que o verán vai ser terrorífico. 
A persistencia da seca, con chans moi resecos pola escaseza de chuvias provocou que se disparen os incendios forestais nos últimos días en Galicia, Asturias e Cantabria. 
A maioría destes incendios prodúcense durante o verán, pero este ano parece que se adiantaron.

Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais denuncian que se recortou moito presuposto en materia de prevención algo que consideran moi importante xa que segundo sinalan...ler máis



O Máis GRANDE...o máis pequeno

Cal foi o Dinosauro máis grande?.E o máis pequeno?. 


DESCÓBREO:


O cranio de Dinosauro máis grande de Europa



A Fundación Conxunto Paleontolóxico de Teruel-Dinópolis presentou hoxe o cranio do dinosauro máis grande de Europa, o Turiasaurus Riodevensis

Trátase da peza máis relevante que recuperou e permite completar o esqueleto do chamado 'Xigante Europeo'. 
Este cranio é un dos tres únicos que existen en todo o mundo deste tipo de dinosauros xa que son extremadamente fráxiles e rara vez se conservan. 
Non obstante, nesta ocasión, púidose recuperar información do 70% do cranio de Turiasaurus.

domingo, 1 de abril de 2012

Foto National Geographic


Fotografía de Sigurdur Hrafn Stefnisson.

Raios e cinza sobre o volcán islandés Eyjafjallajökull que paralizou o tráfico aéreo durante varias semanas na primavera de 2010. Estas "tormentas sucias" pode acontecer cando as partículas de rocha e xeo desatadas pola explosión de magma chocan na atmosfera.

Os Ollos, por: Tres14



"Durante moito tempo pensouse que o ollo era tan extraordinario que non podía ser froito da evolución xenética. Cría que era case un milagre. Mesmo Darwin dixo unha vez que a complexidade do ollo lle daba calafríos.

Hoxe grazas á xenética sabemos que os primeiros animais con ollos apareceron hai 500 millóns de anos e que os primeiros ollos eran simples mecanismos que diferenciaban só a luz da escuridade. Máis tarde, cos primeiros vertebrados, apareceu o cristalino, a lente capaz de enfocar a luz e facer que os ollos poidan crear imaxes. A evolución levou as aves de presa a ver a luz ultravioleta e aos lagartos a adaptarse á luz do deserto.

Pero todos estes ollos, mesmo os nosos, son variacións dun mesmo ollo primario."


O Programa de TV de La2, "tres14" fálanos desto todo e ademáis entrevista á Doutora Elena Barraquer, oftalmóloga e subdirectora do Centro de Oftalmoloxía Barraquer en Barcelona, que nos explica que sabemos hoxe dos nosos ollos e como avanzaron as técnicas para corrixir os seus defectos e enfermidades.

Para ver a reportaxe PICA na foto.








Os Dinosauros, por: Tres14 (TV)



"Os dinosauros son os maiores animais que viviron sobre a Terra. Non obstante, non todos eran xigantes; algúns apenas tiñan o tamaño dunha galiña.

En 2003 apareceron en Teruel restos fósiles do maior dinosauro encontrado en Europa: o turiasaurios riodevensis. Calculouse que medía 30 metros e pesaba 40 toneladas.

Paleontólogos como
José Luis Sanz e Francisco Ortega, fálannos dos depósitos máis importantes da península e Angel Galobart e Bernat Vila fálannos do uso de técnicas láser para localizar pegadas e fósiles..."



Este á o argumento central desta reportaxe feita polo equipo do programa de televisión de La2, "Tres14", sobre o que sabemos sobre os dinosauros na actualidade, especialmente dos descubertos na Península Ibérica.
Moi recomendable. 
Para ver a reportaxe, PICA na foto.


Microvida. Máis alá do ollo humano

O pequeno e invisible convértese nun espectáculo xigante. Unha exposición en Madrid, patrocinada pola Obra Social "La Caixa", demóstranos que o máis pequeno e inapreciable para o ollo humano, pode cobrar vida e mostrarse como algo xigante e case terrorífico.

A exposición baséase na magnífica obra gráfica do fotógrafo e biólogo Rubén Duro, que explorou o mundo microscópico mediante a técnica do campo escuro, obtendo imaxes esteticamente conmovedoras de individuos sorprendentes.

Micro vida. Máis alá do ollo humano é unha mostra científica, divulgativa e moi interactiva, que nun espazo de 800 m2 mostra ao visitante a importancia dos microscopios e a microscopía científica para o estudo e a observación da natureza cando é imposible de ver a simple vista.


VideoNoticia





Más vídeos en Antena3

"A Hora do Planeta"

O mundo apaga as súas luces durante 60 minutos pola "Hora do Planeta".
A INICIATIVA ARRANCOU EN 2007 .


Unha onda de escuridade percorre a terra: 135 países sumáronse á 'Hora do Planeta'.
Foron 60 minutos de apagamento cos que se pretende concienciar sobre o cambio climático. Entre as 20.30 h e as 21.30 h hora local, as principais cidades do mundo apagaron os seus monumentos máis emblemáticos na "Hora do Planeta".

VideoNoticia:




Más vídeos en Antena3