SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de enero de 2014

Mitose e Meiose. Repaso

Déixovos dous vídeos onde se repasan estes dous procesos reprodutivos das células.




domingo, 15 de diciembre de 2013

Reprodución celular, Mitose e Meiose

Descríbese dun xeito moi sinxelo os dous procesos de Reproducción celular: Mitose e Meiose, coas súas respectivas etapas: interfase, profase, metafase, anafase, telofase, citosinesis.


miércoles, 4 de diciembre de 2013

Organelos Celulares.

Denomínanse orgánulos ou organelos as diferentes estruturas suspendidas no citoplasma da célula eucariota, que teñen unha forma e unhas funcións especializadas ben definidas e diferenciadas. 
A célula procariótica carece da maior parte dos orgánulos (xeralmente só posúe ribosomas).

Non todas as células eucariotas conteñen todos os orgánulos ó mesmo tempo, senón que algúns aparecen en determinadas células de acordo coas súas funcións.

martes, 3 de diciembre de 2013

A Célula. Tema 4 Bioloxía 4º ESO

Segundo a teoría celular, enunciada no ano 1839, non é concibible un organismo vivo nun elo máis baixo que o dunha célula. Deste modo, os seres vivos máis sinxelos constitúense por unha soa célula, como poden ser os protozoos causantes de enfermidades do home coma a malaria ou a doenza do sono. Tamén son unicelulares moitos organismos que se consideran plantas polo feito de sintetizaren os seus alimentos a partir da luz mediante o proceso da fotosíntese.

Non obstante, os organismos máis complexos da natureza están compostos por moitas células, conformando un animal ou planta pluricelular. As células, conforme aumentan a complexidade, diferéncianse entre elas para levar a cabo funcións específicas nas que se especializan.



VÍDEO: Visión da célula en 3D realizada pola Universidade de Harvard.
Subtitulada para mencionar organelos e algunhas das súas funcións para a clase de Organelos Celulares en Histoloxía.


Apuntes Complementarios Tema 4 Bioloxía 4º ESO. Funcións Celulares

Déixovos o enlace de descarga dos apuntes en formato pdf.