SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 9 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 9 BX 4º ESO. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de mayo de 2012

Power Tema 9 Xeoloxía 4º ESO

Déixovos o Power Point correspondente ao Tema 9 de Xeoloxía de 4º ESO, "A Tectónica de Placas".


sábado, 5 de mayo de 2012

Islandia unha illa formada nun Límite Diverxente

A actividade volcánica que se produce nos fondos oceánicos trae como consecuencia a formación de illas. Isto adoita estar relacionado co movemento de placas da codia terrestre.

O océano Atlántico comezou a súa formación durante o xurásico, hai uns 150 millóns de anos, cando se esgazou o gran continente de Gondwana como resultado da separación de América do Sur e África, que aínda hoxe se mantén nunha progresión de varios centímetros ao ano ao longo da dorsal submarina centroatlántica, cadea montañosa que se estende de norte a sur de forma sinuosa e a metade de camiño entre os continentes.

Con aproximadamente 1.500 km de anchura, esta cadea ten unha topografía máis accidentada que calquera outra cordilleira da superficie terrestre e nela teñen lugar frecuentes erupcións volcánicas e terremotos. As súas elevacións oscilan entre os 1.000 e os 3.000 m sobre o fondo oceánico.

Nunha destas erupcións volcánicas orixinouse Islandia, grazas á separación das placas Africana e as Sudamerica e Norteamericana nun LIMITE DIVERXENTE.



No seguinte vídeo podedes ver á explicación da orixe xeolóxica de ISLANDIA.



miércoles, 2 de mayo de 2012

Foxa das Marianas (Zona de Subducción)

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa mariña descoñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de unhas 1072 atm. Na superficie terrestre é de 1 atm.

Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica.

O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade.


Déixovos este vídeo onde explican o proceso de formación desta enorme foxa, no Pacífico. Contén unha detallada explicación dos fenómenos xeolóxicos que acontecen nas zonas de subducción nos Límites Converxentes.





martes, 1 de mayo de 2012



Déixovos un enlace, onde poderedes acceder a unha serie de Animacións explicativas de fenómenos asociados ao movemento das Placas Litosféricas do Planeta e os seus efectos sobre o relevo Terrestre.


Enlace (PICA AQUI).


jueves, 26 de abril de 2012

Dorsal Mesoatlántica



É unha cordilleira volcánica mergullada que divide o océano Atlántico ao longo do seu eixe norte-sur. 
A cadea montañosa cobre a parte media da conca oceánica ao longo de 15.000 km a través do Atlántico norte e do Atlántico sur, dende Islandia no norte ata un punto situado a 7 km ao leste do extremo meridional de Sudamérica. 

A dorsal, que forma parte dunha cordilleira volcánica mergullada que envolve a Terra (cunha lonxitude próxima aos 65.000 km), rompe a superficie oceánica en varios lugares, dando lugar á existencia de sete illas ou grupos de illas, Islandia e As Azores, son algúns exemplos.

Punto Quente (Hotspot)

Os Hotspot, son áreas de actividade volcánica alta en relación aos seus entornos. A diferenza doutras áreas de vulcanismo como as zonas de subducción ou as dorsais oceánicas o vulcanismo dos puntos quentes non está necesariamente asociado ás partes limítrofes das placas tectónicas.

O arquipélago de Hawai, está formado por un destes puntos quentes, situado na zona central da Placa Pacífica. Fixádevos na imaxe (Google Earth)como todas as illas gardan unha relación marcada por unha liña, que indica o desprazamento da Placa Pacífica no seu movemento sobre o manto terrrestre.




De varios

RECURSO TIC...Google Earth

Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información Xeográfica (SIG), creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3 D do planeta, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta.

É un recurso moi útil para poder entender mellor os conceptos estudados no Tema 9 de Xeoloxía 4º ESO. Déixovos o enlace de descarga, por si non o tedes...xá.




Repaso de conceptos da Dinámica de Placas

En 4º de ESO, estamos a estudar os aspectos máis salientables do movemento das Placas Litosféricas. Ata agora, traballamos conceptos como: Que é unha Placa?, como se moven?, que consecuencias ten ese movemento na superficie terrestre?, e outros...


Como resumo do estudado ata agora, déixovos este vídeo, onde se explican conceptos fundamentais sobre a Tectónica de Placas.


martes, 24 de abril de 2012

Correntes convectivas do Manto

A convección no manto terrestre é un proceso caótico de dinámica de fluídos que parece determinar o movemento das placas tectónicas e, por esa vía, á deriva dos continentes. 

Neste contexto convén ter presente que a deriva dos continentes é só parte do proceso de desprazamento das placas tectónicas, xa que a rixidez destas e os fenómenos de xeración de nova codia que acontecen ao longo dos rifts e de destrución ao longo das rexións de subducción, dan a este un carácter moi complexo.

Para ver unha representación do que ocorre no manto terrestre, mirade isto.


Da Deriva Continental ata a Tectónica de Placas

A Teoría da Deriva Continental, foi a primeira gran Teoría que puña de manifesto o continuo movemento dos continentes sobre un enorme depósito de magma; anos despois unha nova teoría A Tectónica de Placas, perfeccionaba á anterior, explicando o mecanismo de movemento das placas, así como o relevo externo da Terra.


Como un bó resumo, déixovos este vídeo.




domingo, 22 de abril de 2012

Tema 9 Xeoloxía 4º ESO: A Tectónica de Placas

Dentro do Tema 9, estudaremos entre outros contidos, a Teoría da Tectónica de Placas, que nos demostra, que a situación actual dos Continentes non foi sempre a mesma, e que no futuro será moi distinta a actual.


Para descubrilo, mirade este vídeo.


XEOLOXIA: A TECTÓNICA DE PLACAS

En 4º de ESO, pasamos a estudar o Bloque de Xeoloxía, comezando polo Tema 9: A Tectónica de Placas.

Esta teoria explica como e por que se moven os continentes, asentados en enormes Placas Litosféricas, sobre un manto de magma. 

Como presentación tanto do Bloque Xeolóxico do curso, asi como do Tema 9, déixovos estas dúas partes dun documental, onde explican o Movemento Continental, dun xeito un tanto espectacular.