Ás veces este término pode aplicarse aos clones "naturais", como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 7 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 7 BX 4º ESO (2013/14). Mostrar todas las entradas
sábado, 12 de abril de 2014
Que é a clonación?
A clonación é o proceso de crear unha copia xenética idéntica doutro organismo orixinal. Nun sentido biolóxico resulta cunha molécula, unha célula e incluso un organismo multicelular idéntico ao orixinal.
Ás veces este término pode aplicarse aos clones "naturais", como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
Ás veces este término pode aplicarse aos clones "naturais", como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
miércoles, 9 de abril de 2014
lunes, 7 de abril de 2014
domingo, 6 de abril de 2014
Os Encimas. As proteinas da vida
Os enzimas transforman unha substancia, chamada substrato, noutra diferente denominada produto, e son extremadamente específicas para a reacción que catalizan. Isto quere dicir que, en xeral, un mesmo enzima cataliza un e só un tipo de reacción química (se ben poden existir varios enzimas que catalicen a mesma reacción). Consecuentemente, o tipo de enzimas atopados nunha célula determina o tipo de metabolismo que a célula efectúa.
A velocidade da reacción catalizada por un enzima aumenta debido á diminución da enerxía de activación necesaria para transformar o substrato no produto. A aceleración da reacción pode ser da orde de varios millóns de veces: por exemplo, o enzima orotidina-5'-fosfato descarboxilase diminúe o tempo da reacción que cataliza de 78 millóns de anos a 25 milisegundos.

sábado, 5 de abril de 2014
ADN Mitocondrial. A herdanza das nosas nais
O ADN mitocondrial pode considerarse como o noso "cromosoma" máis pequeno, aínda que é bastante distinto dos verdadeiros cromosomas do núcleo. Foi a primeira parte do xenoma humano que foi secuenciada. Nos humanos e na maioría das especies hérdase só da nai.
viernes, 4 de abril de 2014
ADN... quenes somos?
Reportaxe sobre a influencia do ADN e o cerebro na formación de como e quen somos, emitido no programa Tres14,
jueves, 3 de abril de 2014
Duplicación do ADN
A replicación do ADN é un mecanismo que posúen as células mediante o cal poden duplicar o seu material xenético, isto é, obter unha copia idéntica do seu ADN.
Este proceso, que se desenvolve no núcleo celular, ten unha proporción de erro moi baixa. Este proceso acontece mediado por multitude de proteínas, que mediante diferentes funcións son quen de separar a dobre cadea de ADN, e partir de cada unha delas (que funcionarán como cadea molde) sintetizar unha cadea complementaria. Cada nova dobre cadea de ADN estará constituída por unha cadea molde e unha cadea de nova síntese. É por iso que dicimos que a replicación do ADN é semiconservativa.
A molécula de ADN ábrese coma unha cremalleira por ruptura das pontes de hidróxeno entre as bases complementarias liberándose as dúas hebras e a ADN polimerasa sintetiza a metade complementaria engadindo nucleótidos que se atopan dispersos no núcleo celular. Deste xeito, cada nova molécula é idéntica á molécula de ADN inicial.

martes, 1 de abril de 2014
O ADN: a estrutura de dobre hélice
O ácido desoxirribonucleico (ADN, ou DNA, nas súas siglas en inglés) é un ácido nucleico que contén instrucións xenéticas usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus, e é responsable da súa transmisión hereditaria.
O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un código, xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das células, como asproteínas e as moléculas de ARN.
Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero as outrassecuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
lunes, 31 de marzo de 2014
Tema 7 Bioloxía 4º ESO. Xenética Molecular
Ao longo do Tema 7, estudaremos tanto a estrutura do ADN coma as implicacións de modificar o ADN de determinadas especies. Isto último é o que se coñece como BIOTECNOLOXÍA.
Como introducción ao Tema, déixovos unha reportaxe emitido polo progama REDES, onde se nos explican algúns conceptos fundamentais do estudo e manipulación do ADN; nel tamén se fala da posibilidade de crear vida artificial, algo que hoxe en dia está de actualidade coa síntese do primeiro cromosoma sintético.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)