SLIDER

jueves, 3 de abril de 2014

Duplicación do ADN

A replicación do ADN é un mecanismo que posúen as células mediante o cal poden duplicar o seu material xenético, isto é, obter unha copia idéntica do seu ADN
Este proceso, que se desenvolve no núcleo celular, ten unha proporción de erro moi baixa. Este proceso acontece mediado por multitude de proteínas, que mediante diferentes funcións son quen de separar a dobre cadea de ADN, e partir de cada unha delas (que funcionarán como cadea molde) sintetizar unha cadea complementaria. Cada nova dobre cadea de ADN estará constituída por unha cadea molde e unha cadea de nova síntese. É por iso que dicimos que a replicación do ADN é semiconservativa.

A molécula de ADN ábrese coma unha cremalleira por ruptura das pontes de hidróxeno entre as bases complementarias liberándose as dúas hebras e a ADN polimerasa sintetiza a metade complementaria engadindo nucleótidos que se atopan dispersos no núcleo celular. Deste xeito, cada nova molécula é idéntica á molécula de ADN inicial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario