SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDA CULTURAL - Burgos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDA CULTURAL - Burgos. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de febrero de 2015

Saída Cultural - Burgos

No blog "Quen dixo medo?", atoparedes unha serie de fotografías relacionadas coa saía cultural a Burgos, celebrada o pasado 19 de Febreiro.

Pica na Imaxe para ir ao sitio.



martes, 17 de febrero de 2015

Museo da Evolución Humana (MEH) - Burgos


O Museo da evolución humana, tamén coñecido polas súas siglas MEH, está situado na cidade española de Burgos e foi deseñado polo arquitecto Juan Navarro Baldeweg. 

Forma parte da rede de museos rexionais de Castela e León, xunto cos museos da siderurxia e a minaría, de arte contemporánea e etnográfica.

Dende a súa inauguración o 13 de xullo de 2010, e ata o día 8 de xullo de 2011, o museo recibiu un total de 279 000 visitantes, converténdose así no museo máis visitado de Castela e León, e achegándose ao 10º museo máis visitado de España.

Constitúe a peza central do Complexo da Evolución Humana. Arquitectonicamente, o museo recibiu máis de 40 premios nacionais e internacionales.

Déixovos a súa ligazón: PICA AQUÍ.

Juan Luis Arsuaga. Paleontólogo

Juan Luis Arsuaga Ferreras, nado en Madrid en 1954, é un paleontólogo español, licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Paleontoloxía nesta mesma Universidade.

É membro do equipo de investigacións dos depósitos plistocenos da Serra de Atapuerca en Burgos dende 1982, baixo a dirección de Emiliano Aguirre Enríquez e dende 1991 codirector xunto con José María Bermúdez de Castro e Eudald Carbonell do equipo que foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1997. Ademais é autor e editor de numerosos artigos en revistas e libros científicos.

Juan Luis Arsuaga fálanos da evolución humana e os seus grandes fitos:



domingo, 15 de febrero de 2015

En busca do primeiro europeo. Atapuerca

O documental presenta xunto con Eudald Carbonell (descubridor do Homo antecessor), o proceso que nos levou durante a evolución a ser humanos. 
Un cambio climático empurrou os nosos antecesores dende a sabana africana ata o Cáucaso. 
Logo viría Atapuerca, pero unha nova especie o Homo Sapiens estaba a esperar.