SLIDER

viernes, 10 de mayo de 2019

A USC, entre as 10 primeiras de España polo seu rendemento global



De entre 48 universidades públicas e 14 privadas, a sétima edición do U-Ranking situa á Universidade de Santiago entre as 10 mellores de España en función do seu rendemento global, definido a partir da avaliación docente, da actividade investigadora e na dimensión da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. 

De xeito específico, a Universidade compostelá sitúase na décima posición atendendo ao seu rendemento global, no que se agruparían as actividades docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Neste apartado, o ránking elimina os efectos do distinto tamaño das institución para facelas comparables entre si. 

Con este criterio, a USC comparte posición coas universidades Miguel Hernández de Elche, Alcalá de Henares, Navarra, Politécnica de Madrid, Lleida e Valencia, cun índice 1,2. No seguinte escalafón sitúase a Universidade de Vigo, cun índice 1,1, entre as 25 primeiras, e máis abaixo aparece a Universidade da Coruña, cun índice 1.

A USC tamén destaca nos resultados da avaliación da actividade investigadora, na oitava posición, ao mesmo nivel que...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario