Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 4º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 BX 4º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas
sábado, 6 de octubre de 2012
ACTIVIDADES ON LINE
Déixovos esta páxina web (Proxecto Biosfera), onde atoparedes (PICA NA FOTO) unha serie de actividades on line, coa posibilidade de correxilas, todas elas relacionadas co Tema 1 de Xeoloxía de 4º de ESO.
Un bó recurso para repasar.
jueves, 4 de octubre de 2012
POWER POINT TEMA 1 A TECTÓNICA DE PLACAS
Déixovos a presentación en Power Point do primeiro tema de Xeoloxía. Con ela podedes repasar todos os conceptos explicados durante o tema.
domingo, 30 de septiembre de 2012
O Ciclo de Wilson
O Ciclo de Wilson, proposto por Tuzo Wison, explícanos de forma ordenada, o proceso de apertura e peche dos océanos, e a fragmentación e posterior unión dos continentes, que provoca a formación de cordilleiras, e resume todo o que suecede nos bordos construtivos e destrutivos sobre a litosfera.
Video
jueves, 27 de septiembre de 2012
Animacións de Xeoloxía
Déixovos un enlace (PICA AQUÍ) no cal poderedes ver unha boa colección de ANIMACIÓNS sobre a Dinámica Interna do noso Planeta. É unha moi boa ferramenta on line que vos axudará a comprender mellor moitos dos conceptos estudados, coma as Dorsais Oceánicas, Bordes entre as Placas, Hot Spots, etc...
Espero que vos axude.
martes, 25 de septiembre de 2012
Zonas Subducción
Para que comprendades mellor o concepto de subducción dunha placa oceánica baixo unha continental, déixovos uns vídeos onde podedes ver animacións destas zonas tan importantes no modelado externo do noso Planeta.
Zonas de Subducción
A subducción de placas é un proceso de afundimento dunha placa litosférica baixo outra nun límite converxente, segundo a teoría de tectónica de placas.
A subducción acontece ao longo de amplas zonas de subducción que no presente se concentran nas costas do océano Pacífico no chamado cinto de lume do Pacífico pero tamén hai zonas de subducción en partes do Mar Mediterráneo, a Antillas, a Antillas do Sur e a costa índica de Indonesia.
No seguinte vídeo atoparedes a explicación, a partires da Fosa das Marianas.
No seguinte vídeo atoparedes a explicación, a partires da Fosa das Marianas.
Expansión do Fondo Oceánico
A expansión dos fondos oceánicos acontece
nas dorsais oceánicas, onde se forma nova codia oceánica mediante actividade
volcánica (no rift da dorsal)
e o movemento gradual do fondo afastándose da dorsal.
Na seguinte simulación podedes ver o proceso xeolóxico completo.
Placas Tectónicas
Unha placa tectónica ou placa litosférica é un fragmento de litosfera que se move como bloque ríxido sen que aconteza deformación interna sobre a astenósfera da Terra.
A Terra é o único planeta do sistema solar con placas tectónicas activas, aínda que hai evidencias de que en tempos remotos Marte, Venus e algún dos satélites galileanos, como Europa foron tectonicamente activos.
No vídeo poderedes ver unha simulación do noso Planeta no futuro, segundo se movan eses enormes fragmentos rochosos...curioso.
jueves, 20 de septiembre de 2012
Dorsais Oceánicas
Durante a Segunda Guerra Mundial, comezouse a estudar e cartografiar o fondo oceánico, e foi nese momento cando se descubriron as Dorsais Oceánicas.
As dorsais oceánicas son grandes elevacións submarinas situadas na parte central dos océanos da Terra. Teñen unha altura media de 2000 a 3000 metros e posúen un suco central, chamado rift, por onde sae magma. Avanza 2,4 cm/ano.
VÍDEO
Os Continentes...Pasado e Futuro
A Deriva Continental é unha teoría que tenta explicar o movemento dos continentes dende que estaban todos xuntos formando o supercontinente PANXEA, ata a disposición actual.
No seguinte vídeo podedes ver a evolución do movemento continental, dende fai 450 Ma (millóns de anos) ata 250 Ma...no futuro.
Curioso...
No seguinte vídeo podedes ver a evolución do movemento continental, dende fai 450 Ma (millóns de anos) ata 250 Ma...no futuro.
Curioso...
martes, 18 de septiembre de 2012
Aplicación TIC "Xeodinámica Interna"
Ao comezo do Tema 1 de Bioloxía e Xeoloxía en 4º de ESO, correspondente á Tectónica de Placas, estudamos a estructura interna do noso planeta, coas distintas capas que conforman o interior do Planeta.
Como recurso TIC, que vos pode axudar a comprender mellor os conceptos explicados, déixovos un enlace que vos dirixirà a unha páxina web, onde atoparedes animacións, textos e debuxos explicativos de fenómenos xeolóxicos internos.
Espero que vos axude... ENLACE (pica aquí).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)