SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Saída Cultural 1º Trimestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saída Cultural 1º Trimestre. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de noviembre de 2012

SAÍDA CULTURAL SANTIAGO 28/Novembro/2012

Aquí tedes algunhas fotos...


martes, 27 de noviembre de 2012

Códices no Gaiás


Códices propón unha inmersión nunha Idade Media afastada dos tópicos oscurantistas; unha Idade Media de luminosidade e desenvolvemento cultural, de miniaturas, imaxes, cores, manuscritos e imprentas... Folios e pergameos que traslucen toda unha organización social, económica e política. A viaxe levará ao visitante polas principais mostras de códices e libros medievais entre os séculos X e XV, con exemplares únicos en Europa, como o Códice Calixtino e os diversos tombos, o primeiro libro impreso en Galicia, caso do Misal Auriense, ou magníficas copias miniadas, como a Legenda Maior ou o Pasionario Tudense.

Aquí (PICA) tedes unha mostra dos códices que poderemos ver.


Gallaecia Petrea: Exposición no Gaiás

Gallaecia Petrea propón un percorrido pola presenza da pedra na cultura galega, desde as súas orixes ata a actualidade,
Dende o momento en que é elemento básico na definición da paisaxe ata as creacións culturais máis recentes.



Aquí tedes o enlace da exposición (PICA AQUÍ)


domingo, 25 de noviembre de 2012

Saída Cultural. Museo do Pobo galego

Unha das visitas que realizaremos será ao Museo do Pobo Galego. Nel atópase unha mostra de arquitectura fascinante, a sua escaleira helicoidal.

No antigo convento de San Domingos de Bonaval construído entre 1685 e 1715, encóntrase no ángulo noroeste, a tripla escaleira helicoidal, que pola súa técnica e audacia estrutural dá boa mostra do virtuosismo arquitectónico de Domingo de Andrade. 

Nun mesmo oco se desenvolven tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos; só unha delas coroa no miradoiro que domina a cidade. Os chanzos da escaleira, dunha peza enteira, están suxeitos por un nervio exterior, sen necesidade de encaixar no muro nin de unirse uns con outros. 

Esta escaleira está considerada por propios e estraños como un dos elementos máis singulares do patrimonio arquitectónico de Compostela.

Se picas na imaxe poderas acceder a unha panorámica da mesma. Moi interesante.



jueves, 22 de noviembre de 2012

Saída Cultural: 28 de Novembro

O vindeiro mércores 28 de Novembro, realizaremos a saída cultural do primeiro trimestre; unha das visitas que realizaremos será á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento: o da cultura.

Déixovos o vídeo promocional do edificio... Para ir coñecéndoo.